Beatriz Gómez: Diferenzas entre revisións
Liña 9: | Liña 9: | ||
Participou nos [[Xogos Olímpicos de 2012|Xogos Olímpicos de Londres 2012]], onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12<ref>[https://archive.is/20121205214236/www.london2012.com/swimming/event/women-200m-individual-medley/phase=sww052200/index.html Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos.] Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 {{en}}.</ref>. |
Participou nos [[Xogos Olímpicos de 2012|Xogos Olímpicos de Londres 2012]], onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12<ref>[https://archive.is/20121205214236/www.london2012.com/swimming/event/women-200m-individual-medley/phase=sww052200/index.html Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos.] Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 {{en}}.</ref>. |
||
== |
== Notas == |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
Revisión como estaba o 25 de abril de 2019 ás 08:58
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Beatriz Gómez Cortés 29 de decembro de 1994 (29 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Altura | 169 cm |
Peso | 61 kg |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Beatriz Gómez Cortés, nada en Pontevedra o 29 de decembro de 1994, é unha nadadora galega, actualmente no Club Natación Galaico Sercoysa[1].
Traxectoria
Comezou a nadar con catro anos, compite dende os sete, e máis seriamente desde os trece, aínda que tamén practicou outros deportes antes de adicarse unicamente á natación. Malia que de pequena recoñece que lle daba medo a auga, conseguiu unha bolsa de estudos para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde adestra como externa, compaxinando a natación cos estudos de bacharelato[2]. Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza[3], o subcampionato de España dos 200 metros estilos[4], e o Campionato Mundial Júnior nesa mesma categoría logrado en Lima (Perú)[5].
Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12[6].
Notas
- ↑ Ficha de Beatriz Gómez na páxina web do COE (en castelán).
- ↑ De pequena tiña medo á auga e choraba cando ía á piscina, entrevista a Beatriz Gómez en La Voz de Galicia do 15/01/2011 (en galego).
- ↑ Beatriz Gómez logra aos seus 16 anos un histórico cuarto posto no Europeo, artigo de La Voz de Galicia do 27/11/2010 (en galego).
- ↑ Bea Gómez, subcampioa de España de 200 estilos, artigo no Diario de Pontevedra do 03/04/2011 (en galego).
- ↑ Bea, Campioa do mundo, artigo no Diario de Pontevedra do 20/08/2011 (en galego).
- ↑ Resultados oficiais da semifinal de Beatiz Gómez nos 200m estilos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).