Praza.gal: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
| facebook = prazapublica |
| facebook = prazapublica |
||
}} |
}} |
||
''''Praza.gal'''''<ref>[https://praza.gal/sobre-praza/fundacion-praza-publica Fundación Praza Pública]</ref> é un xornal dixital en [[lingua galega|galego]] que comezou a editarse o [[1 de febreiro]] de [[2012]]<ref name="codigo">[http://www.codigocero.com/Ponse-en-marcha-prazapublica-com Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega]</ref>. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de [[Galicia Confidencial]]<ref>{{Cita web|url=http://codigo.gal/Top-50/|páxina-web=Código Cero|título=Top 50 de webs en galego|data-acceso=08/03/2018}}</ref>. |
'''''Praza.gal'''''<ref>[https://praza.gal/sobre-praza/fundacion-praza-publica Fundación Praza Pública]</ref> é un xornal dixital en [[lingua galega|galego]] que comezou a editarse o [[1 de febreiro]] de [[2012]]<ref name="codigo">[http://www.codigocero.com/Ponse-en-marcha-prazapublica-com Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega]</ref>. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de [[Galicia Confidencial]]<ref>{{Cita web|url=http://codigo.gal/Top-50/|páxina-web=Código Cero|título=Top 50 de webs en galego|data-acceso=08/03/2018}}</ref>. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 14 de abril de 2019 ás 19:05
praza.gal O xornal da Galicia que vén | |
---|---|
Tipo | Dixital |
Fundación | 1 de febreiro de 2012 |
Empresa editora | Fundación Praza Pública |
Director | David Lombao |
Tendencia | Progresista |
Lingua | galego |
Ámbito | Galicia |
Na rede | |
http://praza.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Praza.gal[1] é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[2]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[3].
Traxectoria
É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[4] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[2].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[5]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[6]
En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital Vinte.
Redes sociais e comunidade
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.
Tamén conta coa sección Obradoiro[7], unha comunidade de blogs asociados especializados en tecnoloxía, crítica literaria, ecoloxismo, política, lingua, cociña ou opinión.
Notas
- ↑ Fundación Praza Pública
- ↑ 2,0 2,1 Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega
- ↑ "Top 50 de webs en galego". Código Cero. Consultado o 08/03/2018.
- ↑ "Achegas - Que sustenta Praza?". Consultado o 08/03/2018.
É unha fundación sen ánimo de lucro [...]. Constituíuse en maio de 2012 está rexistrada como fundación de interese galego.
- ↑ "O código fonte de Praza, liberado". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2012.
- ↑ Informes de transparencia en Praza Pública
- ↑ Sección Obradoiro de Praza Pública
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza.gal |