Avalon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 22: Liña 22:
*{{cita libro|apelido= Carey |nome= John |editor1-first= John |editor1-last= Carey |editor2-first= John T. |editor2-last= Koch |editor3-last= Lambert |editor3-first= Pierre-Yves |título= Ildánach Ildírech. A Festschrift for Proinsias Mac Cana |localización= Andover |editorial= Celtic Studies Publications |ano= 1999 |páxinas= 1–14 |isbn= 978-1-891271-01-4}}.
*{{cita libro|apelido= Carey |nome= John |editor1-first= John |editor1-last= Carey |editor2-first= John T. |editor2-last= Koch |editor3-last= Lambert |editor3-first= Pierre-Yves |título= Ildánach Ildírech. A Festschrift for Proinsias Mac Cana |localización= Andover |editorial= Celtic Studies Publications |ano= 1999 |páxinas= 1–14 |isbn= 978-1-891271-01-4}}.
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://mitologiacelta.idoneos.com/index.php/297445 Artigo sobre as lendas artúricas en español]
* [https://web.archive.org/web/20110710132328/http://mitologiacelta.idoneos.com/index.php/297445 Artigo sobre as lendas artúricas en español]
* [http://www.isleofavalon.co.uk/ Sitio web oficial de Glastonbury-Avalón, en español e outros idiomas]
* [http://www.isleofavalon.co.uk/ Sitio web oficial de Glastonbury-Avalón, en español e outros idiomas]
* [http://www.isleofavalon.co.uk/avalon-brief-es.html Artigo sobre o vínculo de Avalón e Glastonbury, en español]
* [http://www.isleofavalon.co.uk/avalon-brief-es.html Artigo sobre o vínculo de Avalón e Glastonbury, en español]

Revisión como estaba o 12 de abril de 2019 ás 20:19

"O último soño de Artur en Avalon". Edward Burne-Jones.

Avalon (en latín: Insula Avallonis, en francés antigo: Avalon, en galés: Ynys Afallon, Ynys Afallach; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas[1] onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").

Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.

Localización

A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do século XI algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en Glastonbury, onde antes de que a zona da chaira de Somerset fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval Giraldus de Cambrai, durante o reinado de Henrique II, o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia. ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei Eduardo I e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.

En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.

Algúns estudosos das lendas artúricas situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en Cumberland, xunto á muralla de Hadriano, onde se levantou o forte romano de Aballava, e outros máis cerca de Camboglanna, no que agora se chama Castlesteads.

Notas

  1. Kevan Manwaring (maio de 2008). Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden. Heart of Albion. ISBN 978-1-905646-07-4. Consultado o 5 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rahtz, Philip (1993). English Heritage Book of Glastonbury. Londres: Batsford. ISBN 978-0-7134-6865-6. .
  • Carey, John (1999). Carey, John; Koch, John T.; Lambert, Pierre-Yves, eds. Ildánach Ildírech. A Festschrift for Proinsias Mac Cana. Andover: Celtic Studies Publications. pp. 1–14. ISBN 978-1-891271-01-4. .

Ligazóns externas