Cartografía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 27: Liña 27:
* [[Toponimia]]
* [[Toponimia]]
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://sitga.xunta.es Acceso ó SITGA da Xunta de Galicia] (Sistema de Información Territorial de Galicia), en concreto á [http://sitga.xunta.es/pdf_preview/follas.htm cartografía 1:5000 de Galicia]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} (en PDF) e [https://web.archive.org/web/20071027132803/http://sitga.xunta.es/index.asp cartografía básica e temática de Galicia]
* [http://sitga.xunta.es Acceso ó SITGA da Xunta de Galicia] (Sistema de Información Territorial de Galicia), en concreto á [https://web.archive.org/web/20080413143622/http://sitga.xunta.es/pdf_preview/follas.htm cartografía 1:5000 de Galicia] (en PDF) e [https://web.archive.org/web/20071027132803/http://sitga.xunta.es/index.asp cartografía básica e temática de Galicia]
* [http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/ Sixpac] [[Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas]] (Galicia)
* [http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/ Sixpac] [[Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas]] (Galicia)
* [http://sigpac.mapa.es/fega/visor Cartografía e fotogrametría da España peninsular e Illas Baleares para o Ministerio de Agricultura]
* [http://sigpac.mapa.es/fega/visor Cartografía e fotogrametría da España peninsular e Illas Baleares para o Ministerio de Agricultura]

Revisión como estaba o 6 de abril de 2019 ás 08:45

Mapa de 1627.

A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre unha superficie, o que se denomina mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxección para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo.

Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos ocúpase, tamén de representar outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere que é relevante ou non. Isto, normalmente, depende do que se queira representar no mapa e da escala deste.

O método da cartografía baséase na fotogrametría: as fotos aéreas (en Galicia antes realizadas polos servizos militares e agora transferidos aos centros correspondentes da Xunta de Galicia) son combinadas, axuntadas, interpretadas e convencionalizadas antes de obter un resultado final.

Para unha correcta interpretación da cartografía (feita a escala rexional ou nacional-estatal), debe recorrerse aos fundamentos da xeografía matemática. O tipo de proxección xeodésica utilizada debe considerarse no reprantexamento cartográfico.

CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Historia

Artigo principal: Historia da cartografía.

A cartografía ven xa do imperio exipcio e do coñecemento dos gregos, cando Tolomeo realizou unhas primeiras medidas aproximadas da curvatura terrestre dependendo da lonxitude da sombra de dous esteos situados en ambos os dous lados do Mar Mediterráneo.

Moito máis tarde buscouse unha referencia xeográfica universal: froito disto foron os meridianos de Barcelona, de París e o definitivamente aceptado de Greenwich. A importancia da cartografía foi tal que influíu nos fundamentos do sistema internacional de pesos e medidas, de xeito que a primeira definición do metro foi "a dezmillonésima parte do cuadrante superior do meridiano que pasa por París".

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas