Guanahani: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Candidatas: arranxos urlmorta
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 42: Liña 42:


* '''Cayo Samaná''' (Samana Cay). Cayo Samaná atópase no centro este de o grupo das Bahamas. Foi proposta como candidata por primeira vez en [[1882]] por Gustavus V. Fox, capitán da mariña estadounidense.<ref name="Fox: An Attempt to Solve the Problem of the First Landing">{{Cita libro|apelidos=Fox|título=An Attempt to Solve the Problem of the First Landing Place of Columbus in the New World. Report of the Superintendent of the U. S. Coast and Geodetic Survey (Appendix No. 18, June 1880).|editorial=Washington: Government Printing Office|ID=}}</ref> A teoría de Fox foi moi pouco coñecida ata que en [[1986]] Luís Marden e a súa esposa a matemática Ethel Cox Marden da [[National Geographic Society|revista]] [[National Geographic Society|''National Geographic'']] realizaron detallados cálculos e repetiron a viaxe de Colón desde as illas Canarias, para concluír que Guanahani era Cayo Samaná.<ref name="A Columbus Casework">{{Cita libro|apelidos=Marden|título=A Columbus Casework|editorial=Washington: National Geographic Books|ID=[http://www.nationalgeographic.com/ngm/0011/feature4/index.html]}}</ref><ref name="Marden: The First">{{Cita publicación periódica|apelidos=Marden, Luis|título=The First Landfall of Columbus|volume=November|número=170|ID=pp. 572-577|url=}}</ref> Actualmente esta hipótese é sostida pola [[National Geographic Society]].<ref>{{Cita novas|título=Columbus Landed Somewhere Else, Maybe|url=https://www.nytimes.com/1986/10/09/us/columbus-landed-somewhere-else-maybe.html|xornal=The New York Times|data=1986-10-09|data-acceso=2019-03-27|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=John Noble|apelidos=Wilford|nome2=Special To the New York|apelidos2=Times}}</ref>
* '''Cayo Samaná''' (Samana Cay). Cayo Samaná atópase no centro este de o grupo das Bahamas. Foi proposta como candidata por primeira vez en [[1882]] por Gustavus V. Fox, capitán da mariña estadounidense.<ref name="Fox: An Attempt to Solve the Problem of the First Landing">{{Cita libro|apelidos=Fox|título=An Attempt to Solve the Problem of the First Landing Place of Columbus in the New World. Report of the Superintendent of the U. S. Coast and Geodetic Survey (Appendix No. 18, June 1880).|editorial=Washington: Government Printing Office|ID=}}</ref> A teoría de Fox foi moi pouco coñecida ata que en [[1986]] Luís Marden e a súa esposa a matemática Ethel Cox Marden da [[National Geographic Society|revista]] [[National Geographic Society|''National Geographic'']] realizaron detallados cálculos e repetiron a viaxe de Colón desde as illas Canarias, para concluír que Guanahani era Cayo Samaná.<ref name="A Columbus Casework">{{Cita libro|apelidos=Marden|título=A Columbus Casework|editorial=Washington: National Geographic Books|ID=[http://www.nationalgeographic.com/ngm/0011/feature4/index.html]}}</ref><ref name="Marden: The First">{{Cita publicación periódica|apelidos=Marden, Luis|título=The First Landfall of Columbus|volume=November|número=170|ID=pp. 572-577|url=}}</ref> Actualmente esta hipótese é sostida pola [[National Geographic Society]].<ref>{{Cita novas|título=Columbus Landed Somewhere Else, Maybe|url=https://www.nytimes.com/1986/10/09/us/columbus-landed-somewhere-else-maybe.html|xornal=The New York Times|data=1986-10-09|data-acceso=2019-03-27|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=John Noble|apelidos=Wilford|nome2=Special To the New York|apelidos2=Times}}</ref>
* '''Cayos Franceses ou Cayos Plana''' (Plana Cays ou French Cays). Atópanse o sur de Cayo Samaná e ao oeste da illa [[Mayaguana]]. A posibilidade de que Guanahani sexa o cayo máis occidental do grupo foi proposta inicialmente polo almirante [[República Dominicana|dominicano]] Ramón Xullo Didiez Burgos<ref name="Guanahani y Mayaguain, las primeras isletas descubiertas">{{Cita libro|apelidos=Didiez Burgos|título=Guanahani y Mayaguain, las primeras isletas descubiertas en el Nuevo Mundo: análisis del diario de Colón|editorial=Santo Domingo: Editora Cultural Dominicana|ID=}}</ref> en 1974 e revisada por Keith A. Pickering en 1994.<ref name="Examining the History, Navigation, and Landfall of Christopher Columbus">{{Ligazón morta|{{cita web |título = The Columbus Landfall Homepage |autor = Pickering, Keith |editorial = The Columbus Landfall Homepage |url = http://www.columbusnavigation.com/cclandfl.shtml |dataacceso = 19 de decembro de 2011 }}|http://www.columbusnavigation.com/cclandfl.shtml}}</ref>
* '''Cayos Franceses ou Cayos Plana''' (Plana Cays ou French Cays). Atópanse o sur de Cayo Samaná e ao oeste da illa [[Mayaguana]]. A posibilidade de que Guanahani sexa o cayo máis occidental do grupo foi proposta inicialmente polo almirante [[República Dominicana|dominicano]] Ramón Julio Didiez Burgos<ref name="Guanahani y Mayaguain, las primeras isletas descubiertas"><ref>{{Cita libro|título=Guanahani y Mayaguain, las primeras isletas descubiertas en el Nuevo Mundo: análisis del diario de Colón|url=https://www.worldcat.org/title/guanahani-y-mayaguain-las-primeras-isletas-descubiertas-en-el-nuevo-mundo-analisis-del-diario-de-colon/oclc/2877244|editorial=Editora Cultural Dominicana|data=1974|lugar=Santo Domingo|OCLC=2877244|lingua=Spanish|nome=Ramón J|apelidos=Didiez Burgos|apelidos2=Sociedad Dominicana de Geografía}}</ref> en 1974 e revisada por Keith A. Pickering en 1994.<ref name="Examining the History, Navigation, and Landfall of Christopher Columbus">{{cita web |título = The best theory: The Plana Cays|autor = Pickering, Keith |páxina-web = The Columbus Landfall Homepage |url = http://columbuslandfall.com/ccnav/plana.shtml |dataacceso = 19 de marzo de 2019}}</ref>


[[Ficheiro:Colombus_Island_-Bahamas--flikr-javajoba-491148415_(CC-BY).jpg|miniatura|[[Bahamas]]. unha praia como esta puido ser o lugar do desembarco do [[Cristovo Colón|Colón]] o [[12 de outubro]] de [[1492]].]]
[[Ficheiro:Colombus_Island_-Bahamas--flikr-javajoba-491148415_(CC-BY).jpg|miniatura|[[Bahamas]]. unha praia como esta puido ser o lugar do desembarco do [[Cristovo Colón|Colón]] o [[12 de outubro]] de [[1492]].]]

Revisión como estaba o 1 de abril de 2019 ás 12:53

Illas Bahamas: marcadas cun círculo poden verse as illas que foron identificadas como Guanahani.

Guanahani (ou, segundo algunhas fontes, Guanahaní) é o nome da primeira illa na que desembarcou Cristóbal Colón o venres 12 de outubro de 1492, cando chegou por primeira vez a un territorio da chamada posteriormente América. A illa, foi bautizada co nome de San Salvador, fora descuberta a madrugada anterior e atopábase habitada polo pobo lucayo ou taíno. Guanahani é sen dúbida unha das illas do arquipélago das Antillas, máis precisamente nas Bahamas. Con todo, a identificación exacta da illa á que chegou Colón é materia de debate. O nome da illa é unha palabra grave e por tanto a pronuncia correcta en español é Guanahani, sen acento na «i» final, como ás veces adoita facerse.[1]

Datos históricos

Carta de Colón

O 29 de abril de 1493 publicouse en Barcelona unha carta de Colón ao Escribano de Ración na que se anunciaba o Descubrimento. Trátase do primeiro documento impreso que menciona o nome de Guanahani, pero sen achegar ningún dato sobre a illa:

A la primera isla que yo hallé puse nombre San Salvador a conmemoración de Su Alta Majestad, el cual maravillosamente todo esto ha dado; los Indios la llaman Guanaham; a la segunda puse nombre la isla de Santa María de Concepción; a la tercera Fernandina; a la cuarta la Isabela; a la quinta la isla Juana, y así a cada una nombre nuevo.

Mapa de Juan da Cousa

Reprodución esquemática do mapa de Juan da Cousa na que a illa de Guanahani aparece sinalada cunha frecha vermella.

No mapa de Juan da Cousa, realizado cara a 1500, figura por vez primeira o topónimo Guanahani. Aparece como unha pequena illa ao nordés de Cuba, no arquipélago que hoxe se coñece como as Bahamas. Curiosamente, o mapa non menciona ningún feito particular sobre a illa nin lle dá un tratamento gráfico particular.[2]

Pedro Mártir

O italiano Pedro Mártir de Anglería, que ocupou postos de responsabilidade nas cortes dos Reis Católicos e os seus sucesores, narrou as viaxes de Colón nunha serie de epístolas escritas en latín e compiladas na obra De Orbe Novo, cuxa primeira parte ou «década» foi imprimido en 1511. No relato da Primeira Viaxe, Mártir afirma que Colón visitou «seis illas» pero non especifica cal foi a primeira avistada e só cita os nomes de Juana e a Española.[3] Con todo, máis adiante, ao explicar a Segunda Viaxe, Mártir menciona que «durante a súa primeira viaxe, o Almirante tomara consigo a un nativo de Guanahani (unha illa preto de Cuba), ao que chamara Diego Colón e ao que criara xunto aos seus propios fillos».[4]

Juan Ponce de León

Segundo o cronista Antonio de Herrera, o conquistador Juan Ponce de León fixo escala en Guanahani o 14 de marzo de 1513, durante a súa viaxe desde Porto Rico até Florida. Herrera sitúa a illa en 25º40' de latitude norte.[5]

Fernández de Oviedo

Unha das primeiras crónicas do Descubrimento foi a que publicou Gonzalo Fernández de Oviedo en 1535. Achega máis información sobre Guanahani, situándoa no arquipélago dos Lucayos (as Bahamas):

... desde la nao capitana se vido la isla que los indios llaman Guanahani. (...) es una de las islas que dicen de los Lucayos (...). En aquella isla que he dicho de Guanahani ovo el almirante é los que con él yban vista de indios é gente desnuda, é allí le dieron noticia de la isla de Cuba. E como parescieron luego muchas isletas que están juntas y en torno de Guanahani, començaron los chripstianos á llamarlas Islas Blancas (porque assi lo son por la mucha arena), y el almirante les puso nombre las Princesas, porque fueron el prinçipio de la vista destas Indias. E arribó a ellas, en especial a la de Guanahani, y estuvo entrella y otra que se diçe Caycos; pero no tomó tierra en ninguna dellas, segund afirma Hernan Perez Matheos, piloto que hoy dia está en esta cibdad de Sancto Domingo, que diçe que se halló allí. Pero á otros muchos he oydo deçir quel almirante baxó en tierra en la isla de Guanahani é la llamó Sanct Salvador; y esto es lo mas çierto y lo que se debe creer dello. E de allí vino é Baracoa, puerto de la isla de Cuba de la vanda del norte...

Cosmógrafos da Casa de Contratación

O cosmógrafo sevillano Alonso de Santa Cruz describiu e situou Guanahani de maneira precisa no seu libro Islario Xeral, escrito na primeira metade do século XVI e que nunca foi imprimido:

... vieron una isla al septentrión de la grande isla, que después se dijo Española y casi su adyacente, llamada por los indios Guanahani (...) es de hasta ocho leguas de largo y seis de ancho y cerca de sí a la parte de levante tiene tres islotes llamado el triángulo porque hacen tal forma (...) y entre Samana y Guanahani están dos isletas pequeñas con tres isleos sin nombre y todas estas que están como en torno de las que fueron dichas islas Blancas por la gente de Colón y por el las Princesas que se ven todas desde Guanahani por hasta once leguas al sudoeste de Guanima y de Xumeto;
Islario General..., transcrito por Mariano Cuesta[6]

Pola mesma época, o piloto maior da Casa de Contratación de Sevilla, Alonso de Chaves, anotou a latitude de Guanahani (25ºN) e outros datos posicionais no seu Espello de navegantes, escrito cara a 1540:

Guanahaní ysla de los yucaios. Por la vanda del norte está en veinte e cinco grados 25 grados. Está al sudeste de Guanima, dista della catorze leguas 14 leguas. Está al nonoroeste de Maiaguana. Dista de ella veinte e siete leguas 27 leguas. Está al lesnordeste de Samaná; dista della ocho legas 8 leguas. Esta ysla tiene de luengo de norueste sueste ocho 8 leguas y de nordeste sudeste quatro 4 leguas. Tiene un puerto a la vanda del nordeste. Y delante del unos tres yslotes que se llaman el trángulo. Es limpia a la reonda. Y esta ysla se paresce con Samaná. Esta es la ysla que primero fue hallada quando se descubrieron estas Indias. Corren aquí las aguas al nornordeste.
Espejo de navegantes, transcrito por Mariano Cuesta[7]

Hernando Colón

Hernando Colón, fillo natural de Cristóbal Colón, escribiu unha biografía do seu pai na que detalla cada unha das súas viaxes. Esta obra foi escrita nos anos 1530 pero non foi imprimida até 1571, en Venecia.[8] Nela repítese a lista das illas descubertas na Primeira Viaxe:

... el viernes 19 de octubre pasaron a otra isla llamada Samoeto y a la que el Almirante dio el nombre de Isabela, para guardar un orden en sus denominaciones: a la primera, denominada por los indios Guanahani, la llamó San Salvador, para gloria de Dios que se la había manifestado y lo había salvado de muchos peligros; a la segunda, por la devoción que tenía la concepción de la Virgen, y porque su favor es el principal que tienen los cristianos, la llamó Santa María de la Concepción; a la tercera, llamada por los indios ¿?, la bautizó como Fernandina en honor del rey don Fernando; y a la cuarta como Isabela por respeto a su majestad la reina doña Isabel. A la siguiente que encontró, es decir, Cuba, la llamó Juana, en honor del príncipe don Juan, heredero de Castilla...
Hernando Colón, Historia del Almirante, cap.XXV (traducción de M. Carrera)

Hernando dá algúns datos xeográficos sobre Guanahani, mencionando unha lagoa, un gran porto e unha península:

... se trataba de una isla de quince leguas de longitud, llana y sin montañas, llena de árboles muy verdes y transparentes aguas y con una gran laguna en medio. Estaba poblada por mucha gente...
idem, cap.XXII
El domingo siguiente, 14 de octubre, el Almirante recorrió con las lanchas la costa de la isla en dirección noroeste, para ver lo que había alrededor de ella. En la zona visitada encontró una gran ensenada o puerto, suficiente para dar cabida a todos los barcos de la cristiandad.(...) Llegó por fin a una península que difícilmente se podría rodear por mar en tres días, habitable, y donde se podría construir un buen fuerte. Allí vio seis casas de los mismos indios, con unos jardines alrededor tan floridos como los que hay en Castilla en el mes de mayo.
idem, cap.XXIV

Bartolomeu das Casas

Representación do desembarco de Colón en Guanahani inspirada no relato de Bartolomeu das Casas (1893).

A Historia das Indias do frade e bispo Bartolomeu das Casas é considerada a principal fonte de información sobre a Primeira Viaxe de Colón porque inclúe, segundo o autor, transcricións literais do caderno de bitácora do Almirante. Das Casas afirma empezar a escribir a súa obra cara a 1527 pero só a afrontou con forza na segunda metade dos anos 1540, cando obtivo acceso á biblioteca privada de Hernando Colón en Sevilla.[9] A obra quedou en manuscrito e foi esquecida até o seu redescubrimento en 1791. Os seguintes son extractos dese documento.[10]

O resumo do Diario de Colón conta do seguinte modo o momento da chegada a Guanahani:

Jueves 11 de octubre:... A las dos horas después de medianoche pareçió la tierra, de la qual estarían dos leguas. Amainaron todas las velas, y quedaron con el treo, que es la vela grande, sin bonetas, y pusiéronse a la corda, temporizando hasta el día viernes que llegaron a una isleta de los Lucayos, que se llamava en lengua de indios Guanahani. Luego vieron gente desnuda y el Almirante salió a tierra en la barca armada y Martín Alonso Pinçón y Viçente Anes, su hermano, que era capitán de la Niña. Sacó el Almirante la vandera real; y los capitanes con dos vanderas de la cruz verde que llevava el Almirante en todos los navíos por seña, con una F y una Y: encima de cada letra su corona, una de un cabo de la † y otra de otro. Puestos en tierra vieron árboles muy verdes, y aguas muchas y frutas de diversas maneras. El Almirante llamó a los dos capitanes y a los demás que saltaron en tierra, y a Rodrigo d'Escobedo, escrivano de toda el armada, y a Rodrigo Sánchez de Segovia, y dixo que le diesen por fe y testimonio como él por ante todos tomava, como de hecho tomó, possessión de la dicha isla por el Rey y por la Reina sus señores, haziendo las protestaciones que se requirían, como más largo se contiene en los testimonios que allí se hizieron por escripto. Luego se ayuntó allí mucha gente de la isla.

A illa estaba habitada polo pobo lucayo ou taíno. O texto arriba citado, é o primeiro no que os europeos utilizan o termo «indios» para denominar comunmente aos poboadores de América, palabra que deriva do erro que cometeron ao pensar que a illa Guanahani atopábase na zona oriental do continente asiático, que os europeos de entón confundían con India. Os taínos organizaran unha sociedade agraria, relativamente avanzada, baseada no cultivo do millo, a mandioca e o algodón, incluíndo outros importantes cultivos como o maní (cacahuete), a pementa, a piña, a batata e o tabaco. O propio Colón relata no seu diario que cultivaban cabazas e algodón e que posuían casas e «hortas de árbores».[11]

Colón desembarca en Guanahani.

Taínos e españois intercambiaron produtos pacificamente, pero aqueles non tiñan posesións de ouro, principal produto que buscaban os españois. Ao día seguinte o Diario comentaba:

Sábado 13 de octubre:... Y yo estava atento y trabajava de saber si avía oro. Y vide que algunos d'ellos traían un pedaçuelo colgado en un agujero que tienen a la nariz. Y por señas pude entender que yendo al sur o bolviendo la isla por el sur, que estava allí un rey que tenía grandes vasos d'ello, y tenía muy mucho.

Con todo, a pesar da boa relación entre taínos e españois, Colón xa pensaba en Guanahani na posibilidade de escravizalos:

Domingo 14 de octubre:... Vuestras Altezas quando mandaren puédenlos todos llevar a Castilla o tenellos en la misma isla captivos, porque con çinqüenta hombres los terná(n) todos sojuzgados, y los hará(n) hazer todo lo que quisiere(n).

O resumo do Diario describe Guanahani do seguinte modo:

Sábado 13 de octubre:... Esta isla es bien grande y muy llana y de árboles muy verdes y muchas aguas y una laguna en medio muy grande, sin ninguna montaña, y toda ella verde, qu'es plazer de mirarla.

Tamén dá información sobre a posición da illa, afirmando que a súa latitude é a mesma que a das Canarias:

Sábado 13 de octubre:... está lestegüeste con la isla del Fierro, en Canaria, so una línea.

Colón abandonou Guanahani o domingo 14 de outubro pola tarde:

Domingo 14 de octubre:... Yo miré todo aquel puerto y después me bolví a la nao y di la vela, y vide tantas islas que yo no sabía determinarme a qcual iría primero. Y aquellos hombres que yo tenía tomado me dezían por señas que eran tantas y tantas que no avía número y anombraron por su nombre más de çiento. Por ende yo miré por la más grande, y aquella determiné andar, y así hago, y será lexos d'esta de Sant Salvador çinco leguas y las otras dellas más, dellas menos. Todas son muy llanas, sin montañas y muy fértiles y todas pobladas, y se hazen guerra la una a la otra...

López de Gómara

Na súa Historia xeral das Indias (1552), Francisco López de Gómara sitúa tamén Guanahani nas Bahamas:

La tierra que primero vieron fue Guanahani, una de las islas Lucayos, que caen entre la Florida y Cuba, en la cual se tomó luego tierra, y la posesión de las Indias y Nuevo-Mundo, que Colón descubría por los Reyes de Castilla. De Guanabaní fueron a Barucoa, puerto de Cuba, donde tomaron ciertos indios; y tornando atrás a la isla de Haití, echaron áncoras en el puerto que llamó Colón Real.
F. López de Gómara, Historia general de las Indias, cap.XVI

Candidatas

A localización exacta da illa de Guanahani é sumamente complexa debido ao feito de que o libro de bitácora de Colón perdeuse e a única evidencia dispoñible atópase no resumo realizado por Bartolomeu das Casas.[12]

Mapa de Bahamas.
  • Cayo Samaná (Samana Cay). Cayo Samaná atópase no centro este de o grupo das Bahamas. Foi proposta como candidata por primeira vez en 1882 por Gustavus V. Fox, capitán da mariña estadounidense.[13] A teoría de Fox foi moi pouco coñecida ata que en 1986 Luís Marden e a súa esposa a matemática Ethel Cox Marden da revista National Geographic realizaron detallados cálculos e repetiron a viaxe de Colón desde as illas Canarias, para concluír que Guanahani era Cayo Samaná.[14][15] Actualmente esta hipótese é sostida pola National Geographic Society.[16]
  • Cayos Franceses ou Cayos Plana (Plana Cays ou French Cays). Atópanse o sur de Cayo Samaná e ao oeste da illa Mayaguana. A posibilidade de que Guanahani sexa o cayo máis occidental do grupo foi proposta inicialmente polo almirante dominicano Ramón Julio Didiez BurgosErro no código da cita: Falta a etiqueta </ref> para a etiqueta <ref> correspondente en 1974 e revisada por Keith A. Pickering en 1994.[17]
Bahamas. unha praia como esta puido ser o lugar do desembarco do Colón o 12 de outubro de 1492.
  • San Salvador. Atópase ao nornoroeste de Cayo Samaná. Denominada illa Watling até 1925 cando tomou o seu nome actual. Juan Bautista Muñoz propúxoa en 1793 como sitio probable de Guanahani.[18] Outros defensores da súa candidatura son A. B. Becher (1856), James Murdock (1884), Richard Henry Major (1871), Antonio María Manrique (1890) e Samuel Eliot Morison (1942).[19][20][21]
  • Illa Mayaguana. Situada ao leste e moi preto do Cayo Samaná e os Cayos Franceses. Foi proposta polo brasileiro Francisco Varnhagen en 1825.
  • A Illa Gran Turca (Grand Turk Island). É a illa principal e sede do goberno local do territorio británico das Illas Turcas e Caicos. Atópase ao sueste da illa Mayaguana. Foi proposta por Martín Fernández de Navarrete en 1824 e Robert Power en 1983. En 1992, Gregory McIntosh identificou a Gran Turca non con Guanahani senón con Babueca, unha illa descuberta independentemente por Martín Alonso Pinzón entre novembro e decembro de 1492.[5]
  • Illa Concepción (Conception Island). Foi proposta por R. T. Gould en 1943.[22]
  • Caicos do Leste (East Caicos). Proposta por Pieter Verhoog en 1947.[23] Pero é a única illa (entre as propostas) que non ten unha lagoa no seu interior, o cal non concorda coas descricións de Hernando Colón e As Casas.
  • Illa Gato (Cat Island). A illa Gato atópase inmediatamente ao norte do Salvador/Watlings e era amplamente considerada como Guanahani ata que en 1791 se redescubreu o resumo da bitácora de Colón realizado por Bartolomeu das Casas, que foi publicado en 1875-1876.[24] A descrición de Guanahani no manuscrito das Casas non era compatible coa posibilidade de que se tratase da illa Gato; en primeiro lugar porque a illa Gato (Cat) non ten arrecife, que segundo As Casas circundaba a Guanahani. Os defensores desta hipótese sosteñen os seus argumentos en antigos mapas. Uno dos máis importantes partidarios foi o explorador canadense Alexander Mackenzie.
  • Illa Ovo (Egg Island). Proposta por Arne Molander en 1981.[25]
  • Cayo Lignum Vitae (Lignum Vitae Cay). Proposto por John Winslow en 1989.[26]

Pistas

A ruta transatlántica

Unha maneira de tentar localizar Guanahani é seguir as distancias e direccións que As Casas anotou no seu resumo da Primeira Viaxe de Colón. Segundo algúns investigadores, eses datos levarían a un punto situado cinco millas náuticas ao sur da illa Waitling/O Salvador. Pero de tomar en consideración as correntes mariñas e ventos, tal como fixeron Luís Marden e Ethel Cox Marden en 1986, a ruta terminaría nun punto xusto ao sueste de Cayo Samaná. E de tomar en conta a declinación magnética (desviación do compás con respecto ao norte xeográfico), a ruta podería levar a un punto no sur de Cayos Plana e ao leste da illa Acklins. Por outra banda puido existir tamén deriva errática das naves así como desamaños do compás, o que complicaría aínda máis a determinación precisa do lugar utilizando este método.

A descrición de Guanahani

Bartolomeu das Casas describe a illa no seu resumo do Diario do seguinte modo:

Sábado 13 de octubre:... Esta isla es bien grande y muy llana y de árboles muy verdes y muchas aguas y una laguna en medio muy grande, sin ninguna montaña, y toda ella verde, qu'es plazer de mirarla.

Todas as illas propostas son chairas, arboredos e posúen unha lagoa. Só a illa Caicos do Leste non ten lagoa.

Na entrada correspondente ao 14 de outubro, As Casas afirma que Colón fixo un traxecto en barco á beira este de a illa seguindo un rumbo nor-nordeste:

Domingo 14 de octubre: En amaneciendo mandó adereçar el batel de la nao y las barcas de las caravelas, y fue al luengo de la isla, en el camino del nornordeste, para ver la otra parte, que era la otra parte de leste, qué avía.

Este traxecto só é posible en Cayos Plana, Concepción, Ovo (Egg) e até certo punto en Cayo Samaná.

No mesmo parágrafo As Casas transcribe a afirmación de Colón de que un arrecife rodeaba toda a illa:

Domingo 14 de octubre:... mas yo tenía de ver una grande restinga de piedras, que cerca toda aquella isla alrededor y entremedias queda hondo, y puerto para quantas naos ay en toda la cristiandad, y la entrada d'ello muy angosta.

Todas as illas propostas excepto Gato (Cat) teñen arrecife, pero a do Salvador/Waitling non circunda completamente a illa. Por outra banda, o espazo interno na illa Ovo (Egg) é demasiado pequeno para coincidir coa descrición de Colón («caben todos os barcos da cristiandade»).

Notas

  1. Entre as fontes que optan pola forma aguda Guanahaní están o Pequeno Larousse ilustrado e o Dicionario enciclopédico hispano-americano de Montaner e Simón (1892).
  2. "Portolan World Chart". 
  3. De Orbe Novo. Década I, libro I.
  4. De Orbe Novo. Década I, libro III.
  5. 5,0 5,1 McIntosh. "Martín Alonso Pinzón's Discovery of Babueca and the Identity of Guanahani" (24). 
  6. Cuesta Domínguez, Mariano (1984). Alonso de Santa Cruz y Su Obra Cosmografica. CSIC. ISBN 978-84-00-05707-7. , tomo II, pp.288-289
  7. Cuesta Domínguez, Mariano (1992). "La cartografía en prosa durante la época de los grandes descubrimientos americanos". Congreso de Historia del Descubrimiento (1492-1556). Real Academia de la Historia. ISBN 84-600-8201-6. 
  8. Hugh Thomas no prólogo á tradución de M. Carreira Díaz da Historia do Almirante de Hernando Colón (Ed. Planeta, 2006. ISBN 84-08-06680-3)
  9. MANZANO MANZANO. Colón y su secreto - El predescubrimiento. Madrid: Cultura Hispánica (2ª ed.). ISBN 84-7232-285-8. , pág.94
  10. Varela, Jesús y José Manuel Fradejas. Diario de Cristóbal Colón (transcripción y edición facsimilar). Valladolid: Instituto Interuniversitario de Estudios de Iberoamérica y Portugal. ISBN 84-933938-3-5. 
  11. Keegan. The People Who Discovered Columbus: The Prehistory of the Bahamas. Gainesville: University Press of Florida. ISBN 978-0-8130-1137-0. 
  12. Parker, John. "The Columbus Landfall Problem: A Historical Perspective" (15, 113-149). 
  13. Fox. An Attempt to Solve the Problem of the First Landing Place of Columbus in the New World. Report of the Superintendent of the U. S. Coast and Geodetic Survey (Appendix No. 18, June 1880). Washington: Government Printing Office. 
  14. Marden. A Columbus Casework. Washington: National Geographic Books. [1]. 
  15. Marden, Luis. "The First Landfall of Columbus". November (170). pp. 572-577. 
  16. Wilford, John Noble; Times, Special To the New York (1986-10-09). "Columbus Landed Somewhere Else, Maybe". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-03-27. 
  17. Pickering, Keith. "The best theory: The Plana Cays". The Columbus Landfall Homepage. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  18. Muñoz (1793: pp. 85-86.)
  19. Becher (1856)
  20. Murdock (1884: pp. 449-86.)
  21. Manrique, Antonio María (1890). Guanahani: Investigacións histórico-xeográficas sobre o camiño de Cristóbal Colón polas Bahamas e Costa de Cuba que comprenden a situación exacta da primeira terra descuberta do Novo Mundo, Arrecife [Canarias], Imp. de Lanzarote: Galindo e Cª Publicación en liña do libro na Biblioteca Virtual Cervantes.
  22. [Ligazón morta]
  23. [Ligazón morta]
  24. A transcrición orixinal é un manuscrito achado en 1791 de 67 folios escritos en ambos os lados escrito polo mesmo Bartolomeu das Casas, que o usou para preparar a súa "Historia das Indias". Foi publicado en cinco volumes en 1875-76. "Christopher Columbus: A Bibliographic Voyage", by Jack Shreve in "Choice" (January 1991, Vol. 29, pp. 703-711.)
  25. [Ligazón morta]
  26. [Ligazón morta]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Colón. Diarios de viaje. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes; Madrid: Fundación José Antonio de Castro, 2006: Biblioteca Virtual Cervantes. 
  • Molander, Arne B. "A New Approach to the Columbus Landfall" (15, 113-149). 
  • Parker, John. "The Columbus Landfall Problem: A Historical Perspective" (15, 113-149). 

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Manrique, Antonio María (1890). Guanahani : Investigacións histórico-xeográficas sobre o camiño de Cristóbal Colón polas Bahamas e Costa de Cuba que comprenden a situación exacta da primeira terra descuberta do Novo Mundo, Arrecife [Canarias], Imp. de Lanzarote: Galindo e Cª. Defende a tese da illa Waitling. (Publicación en liña do libro na Biblioteca Virtual Cervantes)
  • Sitio de Keith Pickering, defendendo a hipótese de Cayos Plana (Plana Cays) [Ligazón morta] (  ; véxase o ).
  • Avaliación paleogeográfica sustentando a hipótese de Cayo Samaná (Samana Cay) en inglés en