Progressive Field: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Coordenadas|39|17|2|N|76|37|18|W|display=title}} {{Estadio |nome = Progressive Field |antigos = Jacobs Field (1994–2008) |alcume = The Jake<br>The Pro |imaxe = Ficheiro:2016..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2019 ás 14:22

Coordenadas: 39°17′2″N 76°37′18″O / 39.28389, -76.62167

Progressive Field
Datos
LocalizaciónCleveland, Estados Unidos
AlcumeThe Jake
The Pro
Nomes antigosJacobs Field (1994–2008)
Construción
Construción13 de xaneiro de 1992
Inauguración2 de abril de 1994
ArquitectoHOK Sport
Whitley & Whitley Architects
Triad Design
EnxeñeiroOsborn Engineering
Polytech Engineering
Custo$175 millóns (1994)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (herba natural)
DimensiónsLeft field – 325 ft (99 m)
Left-center – 370 ft (113 m)
Center field – 405 ft (123 m)
Deep center field – 410 ft (125 m)
Right-center – 375 ft (114 m)
Right field – 325 ft (99 m)
Backstop – 60 ft (18 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade34.788 espectadores
Asist. máxima45.274 (4 de outubro de 1997)
Yankees 6−1 Indians (MLB)
PropietarioMaryland Stadium Authority
OperaradoraMaryland Stadium Authority
LocalíaCleveland Indians (1992–presente)

O Progressive Field é un parque de béisbol das Ligas Maiores (MLB) situado no centro da cidade de Cleveland, Maryland (Estados Unidos). Lar dos Cleveland Indians, é xunto co Quicken Loans Arena parte do Complexo Deportivo e de Entretemento Gateway.[1] No ano 2008 foi considerado por unha enquisa entre seareiros realizada por Sports Illustrated como o mellor estadio da MLB.[2]

O estadio foi inaugurado co nome de Jacobs Field en 1994 para substituír ao Cleveland Stadium, recinto que compartían cos Cleveland Browns da National Football League (NFL). No 2008, a Progressive Corporation, compañía de seguros con sede no suburbio de Mayfield, adquiriu os dereitos de nome do estadio durante 16 anos por 58 millóns de dólares. O anterior nome proviña dos propietarios da franquía, Richard e David Jacobs, que adquiriran os dereitos após a inauguración do recinto. Actualmente, o estadio é coñecido ás veces de forma informal como "The Jake" en referencia o primeiro nome.[3]

No momento de inauguración do estadio, tiña capacidade para albergar 42.865 espectadores. Entre 1995 e 2001 conseguiron encher o estadio durante 455 xogos consecutivos. Debido a diferentes reformas ao longo dos anos, a capacidade do estadio foise modificando, chegando aos 45.569 espectadores en 2010. Após as reformas das feitas nos anos 2014 e 2015, onde se reconfiguraron múltiples áreas do estadio, a capacidade viuse reducida até os 34.788 espectadores. Con todo, a capacidade é ampliábel por medio de localidades supletorias.

Notas

  1. "Gateway Property". Gateway Economic Development Corporation. 
  2. "MLB Ballpark Rankings: Cleveland Indians". Sports Illustrated. 2008. 
  3. Hoynes, Paul (2 de abril de 2011). "Few Fans and Less Pitching Haunt Cleveland Indians in 8-3 Loss to Chicago White Sox". The Plain Dealer (Cleveland). 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas