Bastavales, Brión: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
→Persoeiros de San Xulián de Bastavales: elimino sección persoeiros, sección non admitida por subxectiva |
||
Liña 49: | Liña 49: | ||
</poem> |
</poem> |
||
* [[Castro de Bemil]]. |
* [[Castro de Bemil]]. |
||
== Persoeiros de San Xulián de Bastavales == |
|||
Da parroquia é a pandereteira [[Josefa de Bastavales]]. |
|||
== Galería de imaxes == |
== Galería de imaxes == |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2019 ás 19:10
Coordenadas: 42°52′0″N 8°40′42″O / 42.86667, -8.67833
San Xulián de Bastavales | |
---|---|
Concello | Brión |
Coordenadas | 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639Coordenadas: 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 14,4 km² |
Poboación | 1.338 hab. (2014) |
Densidade | 92,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 24 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.
Historia
Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
En San Xulián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior, mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares Gallegos.
Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Galería de imaxes
-
Ponte dos Mouros ou de Paradela.
-
Castro Lupario.
-
Efectos da treboada Gordon.
Lugares e parroquias
Lugares de San Xulián de Bastavales
Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo |
Parroquias de Brión
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bastavales, Brión |