Diferenzas entre revisións de «Zona húmida»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
O carácter distintivo das zonas húmidas está na escasa profundidade do [[nivel freático]], coa consecuente alteración do réxime do solo. A vexetación especificamente adaptada a estas condicións denomínase [[planta acuática|hidrófita]], cando se sitúa sobre zonas inundadas de auga; e [[freatófita]] cando estas zonas están sobre zonas de auga oculta (cripto-húmidas); nestes casos substitúe as especies terrestres ''normais''. As peculiaridades do contorno fan que a [[fauna]] presente sexa polo xeral [[endemismo|endémica]] e netamente diferenciada da das zonas adxacentes; grandes familias de [[aves]] e [[réptil]]es están adaptadas unicamente a ambientes deste tipo.
 
A función principal da zona húmida, á parte de ser un grande [[ecosistema]] e un importante [[hábitat]] para moits [[ser vivo|seres vivos]], é que actúan como filtradores naturais da auga; isto débese a que as súas [[planta acuática|plantas hidrófitas]], grazas aos seus [[Tecido (bioloxía)|tecidos]], almacenan e liberan auga, e desta forma comenzan co proceso de filtración. Antigamente as zonas húmidas eran [[drenaxe|drenadas]] por seren consideradas unha simple (e perxudicialprexudicial) inundación dos terreos, pero hoxe en día sábese que representan un grande ecosistema e valóranse máis.
 
Nótese que certos papeis das terras húmidas posúen grande importancia institucional. Por exemplo, os [[peixes]] son capaces de [[migración animal|migrar]] longas distancias, traspasando fronteiras nacionais. Consecuentemente, a destrución ou degradación das terras húmidas nun país pode ter impactos directos sobre os recursos biolóxicos doutros. A este respecto cómpre recordar, por exemplo, o conflito [[Palestina|palestino]]-[[israel]]í polas augas do [[río Xordán]].<ref>[http://www.unitedexplanations.org/2016/05/10/el-rio-jordan-a-disputa/ El río Jordán en disputa], en UnitedExplanations. {{es}}. Consultada o 1 de novembro de 2016.</ref><ref>[http://www.rebelion.org/noticia.php?id=104996 Edmundo Fayanás Escuer: El agua en el conflicto palestino-israelí] en Rebelion. {{es}}. Consultada o 1 de novembro de 2016.</ref>
299.486

edicións

Menú de navegación