José Ignacio Sáenz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 59: Liña 59:
No verán de [[2002]] ficha polo [[Celta de Vigo]] tras rematar contrato co Zaragoza. En [[Vigo]] xogou ás ordes de [[Miguel Ángel Lotina]] que xa o dirixira na súa época no [[CD Logroñés]]. Na súa primeira tempada en [[Vigo]] foi unha peza importante da clasificación do equipo para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], na segunda a pesar do descenso do equipo a [[Segunda División Española|Segunda División]] quedou para a memoria o gol de Jose Ignacio en [[San Siro]] ante o [[AC Milan]] na vitoria 1-2, o que supuxo a clasificación do equipo para os oitavos de final.
No verán de [[2002]] ficha polo [[Celta de Vigo]] tras rematar contrato co Zaragoza. En [[Vigo]] xogou ás ordes de [[Miguel Ángel Lotina]] que xa o dirixira na súa época no [[CD Logroñés]]. Na súa primeira tempada en [[Vigo]] foi unha peza importante da clasificación do equipo para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], na segunda a pesar do descenso do equipo a [[Segunda División Española|Segunda División]] quedou para a memoria o gol de Jose Ignacio en [[San Siro]] ante o [[AC Milan]] na vitoria 1-2, o que supuxo a clasificación do equipo para os oitavos de final.


A destitución de Miguel Ángel Lotina, o seu gran valedor, e unha serie de lesións relegarono á suplencia. O Celta remataría por non facerlle ficha co primeiro equipo na tempada [[Primeira división española 2005/06|2005/06]], xa comezada a tempada desligase do club e ficha polo [[Logroñés CF]], equipo no que se retirou e do que foi posteriormente Director Deportivo.
A destitución de Miguel Ángel Lotina, o seu gran valedor, e unha serie de lesións relegarono á suplencia. O Celta remataría por non facerlle ficha co primeiro equipo na tempada [[Primeira división española 2005/06|2005/06]], xa comezada a tempada desligase do club e ficha polo [[Logroñés CF]], equipo no que se retirou e do que foi posteriormente [[Director Deportivo]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2019 ás 12:23

José Ignacio
Información persoal
Nome José Ignacio Sáenz Marín
Nacemento 29 de maio de 1973
Lugar de nacemento Logroño
Altura 178 centímetros
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993-1994 CD Logroñés
1994-1996 Valencia CF
1997-2002 Real Zaragoza
2002-2005 Celta de Vigo
2005 Logroñés CF
Selección nacional
1994-1996 España Sub-21 14 (0)
2001 España 2 (0)
Na rede
FIFA: 185978 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Ignacio Sáenz Marín, máis coñecido como José Ignacio, nado o 29 de maio de 1973 en Logroño, é un ex-futbolista profesional español que xogaba na demarcación de centrocampista defensivo.

Traxectoria

Comezou a xogar no CD Logroñés, debutou co primeiro equipo en Primeira División o 4 de decembro de 1993 ante o FC Barcelona.

Tras o descenso do Logroñes a Segunda División fichou polo Valencia CF en 1995, onde permanecería dúas tempadas durante as cales é seleccionado polo técnico da Selección de fútbol sub-21 de España, Javier Clemente, para disputar os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996.

En 1997 é traspasado ao Real Zaragoza, onde permanecería a maior parte da súa carreira. Nas cinco tempadas que militou en Zaragoza gañou a Copa do Rei e debuta coa Selección de España absoluta, da man de Jose Antonio Camacho.

No verán de 2002 ficha polo Celta de Vigo tras rematar contrato co Zaragoza. En Vigo xogou ás ordes de Miguel Ángel Lotina que xa o dirixira na súa época no CD Logroñés. Na súa primeira tempada en Vigo foi unha peza importante da clasificación do equipo para a Liga de Campións, na segunda a pesar do descenso do equipo a Segunda División quedou para a memoria o gol de Jose Ignacio en San Siro ante o AC Milan na vitoria 1-2, o que supuxo a clasificación do equipo para os oitavos de final.

A destitución de Miguel Ángel Lotina, o seu gran valedor, e unha serie de lesións relegarono á suplencia. O Celta remataría por non facerlle ficha co primeiro equipo na tempada 2005/06, xa comezada a tempada desligase do club e ficha polo Logroñés CF, equipo no que se retirou e do que foi posteriormente Director Deportivo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha do xogador en Bdfutbol (en catalán)