Musala: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nome: Iosif Stalin
 
Liña 5: Liña 5:


==Nome==
==Nome==
O seu nome deriva de ''Mus Allah'', « a montaña de [[Alá]] », como consecuencia do longo dominio [[Imperio Otomán|turco]] sobre as terras de [[Bulgaria]]. O antigo nome da montaña, « Tangra » (en escrita búlgara : <span lang="bg">Тангра</span>), remite ao deus supremo dos búlgaros antes da súa evanxelización en [[865]] polo tsar [[Boris I]] (composto de ''tan'' : paraíso, ''nak'' : home e ''ra'' : deus). Entre [[1949]] e [[1962]], foi denominado oficialmente "[[Stalin]]".
O seu nome deriva de ''Mus Allah'', « a montaña de [[Alá]] », como consecuencia do longo dominio [[Imperio Otomán|turco]] sobre as terras de [[Bulgaria]]. O antigo nome da montaña, « Tangra » (en escrita búlgara : <span lang="bg">Тангра</span>), remite ao deus supremo dos búlgaros antes da súa evanxelización en [[865]] polo tsar [[Boris I]] (composto de ''tan'' : paraíso, ''nak'' : home e ''ra'' : deus). Entre [[1949]] e [[1962]], foi denominado oficialmente "[[Iosif Stalin|Stalin]]".


==Características bioxeográficas==
==Características bioxeográficas==

Revisión actual feita o 20 de marzo de 2019 ás 05:45

O Musala visto desde a chaira de Samokov
Localización do Musala no suroeste de Bulgaria

O monte Musala (en búlgaro : Мусала, transcrito internacionalmente Musala) é un complexo de cimas dos Balcáns, no suroeste de Bulgaria, que culmina a 2.925 metros. Non só é o cume máis elevado de Bulgaria, senón tamén de toda a Península balcánica.

Nome[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva de Mus Allah, « a montaña de Alá », como consecuencia do longo dominio turco sobre as terras de Bulgaria. O antigo nome da montaña, « Tangra » (en escrita búlgara : Тангра), remite ao deus supremo dos búlgaros antes da súa evanxelización en 865 polo tsar Boris I (composto de tan : paraíso, nak : home e ra : deus). Entre 1949 e 1962, foi denominado oficialmente "Stalin".

Características bioxeográficas[editar | editar a fonte]

O monte Musala está situado no parque nacional de Rila. Posúe unha flora e unha fauna moi variada: é un dos poucos lugares de Europa onde se pode ver a Tichodrome échelette. Os seus picos máis importants son : o Musala (2.925 m), o Musala Pequeno (2.902 m) e máis o Ireček (2.852 m); este último recibe o seu nome en honra de Konstantin Josef Jireček, historiador checo que foi un dos primeiros ministros de Educación de Bulgaria.

O 45 % das precipitacións que caen sobre o macizo son de neve, que se mantén sobre as cimas máis elevadas durante máis de 200 días ao ano, é dicir máis de medio ano.

Tres dos principais ríos de Bulgaria, o Iskăr, o Maritsa e o Mesta, teñen as súas fontes nas proximidades da montaña.

Ascenso[editar | editar a fonte]

A subida máis fácil ao Musala realízase a partir da estación de esquí de Borovec, camiñando desde aí 10 para o norte. Unha cabina teleférica pode transportar os visitantes desde Borovec até o pico Jastrebec, a 2.369 metros, onde hai numerosos refuxios. Desde Jastrebec, precísase dunha hora de marcha para chegar ao refuxio de Musala (2.430 metros), logo hai que caqmiñar aínda dúas horas para subir até o abrigo Everest, o refuxio a maior altura en Bulgaria, sito ao pé do cume. Na cima está instalada unha estación meteorolóxica.