Valentín Arias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 70: Liña 70:
* ''Os galeóns de Rande'', de [[Robert Sténuit]], 1989, Xerais.
* ''Os galeóns de Rande'', de [[Robert Sténuit]], 1989, Xerais.
* ''As 7 bolas de cristal'', de Hergé, 1989, Juventud.
* ''As 7 bolas de cristal'', de Hergé, 1989, Juventud.
* ''Voo de noite'', de [[Antoine de Saint-Exupéry]], 1989, Xerais.
* ''[[Voo de noite]]'', de [[Antoine de Saint-Exupéry]], 1989, Xerais.
* ''O xardín'', de [[Marguerite Duras]], 1989, Xerais.
* ''O xardín'', de [[Marguerite Duras]], 1989, Xerais.
* ''Chamábase Jan'', de [[Irina Korschunow]], 1990, Alfaguara.
* ''Chamábase Jan'', de [[Irina Korschunow]], 1990, Alfaguara.

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2019 ás 11:26

Infotaula de personaValentín Arias
Biografía
Nacemento22 de abril de 1934
Vilerma, Maside, Sarria, Galicia Galicia
Morte25 de marzo de 2011 (76 anos)
Sarria, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMaxisterio
Actividade
OcupaciónEscritor, tradutor, ensaísta
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXela Arias, Juan Carlos Arias, Marcos Arias, Sabela Arias e Lois Arias

AELG: 50

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 22 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011[1], foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Moledo (Sárdoma, Vigo.) Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.

Obra

Placa conmemorativa na casa na que viviu en A Vilerma.

Ensaio

  • A lingua galega na escola, 1969, Galaxia.
  • Lecturas galegas, 1972.
  • A escola rural en Galicia, 1975.
  • Lois e Sabela, 1983.
  • Catro nenos, 1984.
  • En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia.
  • Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia.
  • Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio.
  • Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.

Traducións

Valentín Arias

Edicións

Obras colectivas

  • Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo.
  • Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos.
  • Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.

Traducións colectivas

Notas

  1. "Falece o escritor e tradutor Valentín Arias" Arquivado 05 de maio de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 25 de marzo de 2011.
  2. Ficha do libro na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas