Riós: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 121: Liña 121:
Fernando Cabeza Quiles deixa constancia da posible procedencia do diminutivo latino “riviolos” (ríos pequenos) e outros autores tamén constatan a mesma opinión. Pola contra tampouco se desbota a posible procedencia do topónimo dunha raíz prerromana Orr- que significa “alturas, cumes” ou “vales entre montes”; en base ás formas antigas que se documentan sobre o topónimo: Urriola, Orriolos, Urriós, Orriós, en semellanza ou parecido a outros localizados en Ourense, en Galicia, en [[Sanabria]] ou no veciño Portugal, como Orras (Val de Orras), Urros, Urrós, Urroa, Orra, Orro, Orros, Órrea, Trasorras (Castroverde, Lugo), Valdorros (Burgos), Urrieta (Sanabria)…ou con Orreta que na veciña zona portuguesa de Trás-os-Montes é palabra con significado de “val entre montañas” e con Urreta (Vimioso), que tamén se refier a “val ou monte con moitos vales” Arrieta, Urieta, Ourreta, Orreta, son nomes duns trinta pequenos vales entre Portugal e Zamora, e a palabra debe querer significar o mesmo en Valdurro ([[Asturias]]) ou Valdorria ([[León]]). Despois do visto, semella caerlle mellor a vinculación do nome coa orografía local que amosa terra, val e monte.
Fernando Cabeza Quiles deixa constancia da posible procedencia do diminutivo latino “riviolos” (ríos pequenos) e outros autores tamén constatan a mesma opinión. Pola contra tampouco se desbota a posible procedencia do topónimo dunha raíz prerromana Orr- que significa “alturas, cumes” ou “vales entre montes”; en base ás formas antigas que se documentan sobre o topónimo: Urriola, Orriolos, Urriós, Orriós, en semellanza ou parecido a outros localizados en Ourense, en Galicia, en [[Sanabria]] ou no veciño Portugal, como Orras (Val de Orras), Urros, Urrós, Urroa, Orra, Orro, Orros, Órrea, Trasorras (Castroverde, Lugo), Valdorros (Burgos), Urrieta (Sanabria)…ou con Orreta que na veciña zona portuguesa de Trás-os-Montes é palabra con significado de “val entre montañas” e con Urreta (Vimioso), que tamén se refier a “val ou monte con moitos vales” Arrieta, Urieta, Ourreta, Orreta, son nomes duns trinta pequenos vales entre Portugal e Zamora, e a palabra debe querer significar o mesmo en Valdurro ([[Asturias]]) ou Valdorria ([[León]]). Despois do visto, semella caerlle mellor a vinculación do nome coa orografía local que amosa terra, val e monte.


O [[9 de xuño]] do ano [[2006]] Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos do proxecto Toponimia de Galicia recolleu máis de 4.200 nomes propios de aldeas, lugares, terras de cultivo, montes, vagoadas, fontes, camiños, pedras, regatos e muíñas, coa axuda dos veciños do municipio.
O [[9 de xuño]] do ano [[2006]] Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos do proxecto Toponimia de Galicia, recolleu máis de 4.200 nomes propios de aldeas, lugares, terras de cultivo, montes, vagoadas, fontes, camiños, pedras, regatos e muíñas, coa axuda dos veciños do municipio.


== Heráldica ==
== Heráldica ==

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2007 ás 20:23

Modelo:Eleccións en progreso-concellos

Riós
Situación
Xentilicio[1]Riense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación2.088 hab.[2][3]
Área114.44Riós km²[3]
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ri". hab./km²
Entidades de poboación-[4]
Política (2007)
AlcaldeFrancisco Armando Veiga Romero (PP)
ConcelleirosBNG: 0 escanos
PPdeG: 8 escanos
PSdeG-PSOE: 3 escanos
Outros: -
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes%
Na rede
-
editar datos en Wikidata ]

Riós é un concello da provincia de Ourense. Está situado no sureste desta provincia. Aínda que o seu territorio é bastante extenso (uns 112 quilómetros cadrados), conta cunha poboación moi baixa: apenas 2.032 personas segundo o censo do ano 2006 (2.132 en 2002). Sen embargo, esta poboación está moi avellentada por mor dunha intensa emigración cara a Alemaña Francia,Suiza, Brasil e Arxentina e cara a Madrid, Bilbao, Barcelona e Vigo en España. A densidade da poboación é moi baixa (de feito, linda cos territorios máis despoboados de Galicia) e a poboación está en retroceso. A poboación atópase dispersa ó longo do seu vasto territorio en pequenas aldeas e lugares, que oscilan entre os trinta e os cinco veciños. Só a aldea de Riós é un pouco máis grande.

Xeografía Humana

Son trinta e cinco os núcleos habitados repartidos nas oito parroquias que ten o concello de Riós, entre aldeas, casaríos ou pequenos barrios vinculados a lugares de máis relevancia. A maioría son aldeas de estrutura compacta, dominando terras de cultivo e pradarías, de rúas estreitas e con construción tradicionais, con adegas e acbuillos para os animais na parte baixa e as estancias da vivenda na superior. Pola contra, non fallan tamén os núcleos que naceron e medraron a varón de vías de comunicación e que de primeiras comezaron sendo simples mesóns, pousadas ou vendas. Lugares como As Vendas da Barreira, O Mente (mesón), Trasverea, Trasestrada, San Pedro de Pousada…e topónimos como O Mesón dos Caracos (A Trepa), A Venda da Mar e A Parada (Fumaces) son reveladores en canto á súa vinculación con camiños de antiga traza.

Neste contexto, de núcleos situados en zonas máis ou menos illadas e montañosas, e a carón das modernas estradas, moran o conxunto dos habitantes con que conta o concello, que actualmente (2006) apenas supera os 2000 habitantes. Compre dicir que o padrón municipal vén decrecendo nos derraderios anos e conta cunha poboación moi avellentada e con taxas de ntalidades que rozan o 0. No ano 1900 Riós tiña 4664 habitantes; 4979 h. en 1920; 5504 h. en 1940; 5169 h. en 1950; 5143 h. en 1960; 4669 h. en 1970; 4056 h. en 1981; 2520 h. en 1991 e 2132 h. en 2001. A tendencia xeral experimenta un crecemento progresivo a comezos do século XX ata a década de 1940, momento en que comeza un período de perda ininterrumpida de poboación, debido ás consecuencias da emigración cara o resto de España e outros países.

Historia

Os primeiros poboadores do territorio do actual concello de Riós (tamén coñecido nas fontes como O Riós, Orriós ou País de o Riós), foron os interamnios, que pertencían ó conxunto dos pobos interamnenses, termo que alude á presenza de ríos que "intermedian", con abundantes troitas e anguías. Este pobo é un dos que figuran na inscrición da ponte romana de Chaves, coñecido como Padrón dos pobos, xunto cos tamaganos, bibalos e límicos, todos eles extendidos pola zona meridional de Galicia. Desde o medievo a vila foi lugar de paso dunha vía de peregrinación xacobea importante, a Ruta da Prata, que penetraba desde o reino de Castela ata Santiago de Compostela. Durante o Antigo Réxime as parroquias que integran o actual concello do Riós integráronse na xurisdición de Souto Bermudo, señorío do conde de Monterrei. Ó ser un territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países. En 1569, os exércitos portugueses atravesaron o territorio seguindo a Ruta da Prata e chegaron ata A Gudiña antes de ser expulsados. A proclamación da Constitución española de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela produciuse a creación dos concellos de Riós e Castrelo. En 1823 Fernando VII derogou a Constitución, o que supuxo a supresión destes concellos e a restauración do réxime señorial. A definitiva recuperación da municipalidade produciuse en 1835 cando xurdiu o concello de Riós, que abarca Riós e Castrelo.

Xeografía

O termo municipal está nun espazo de transición entre as terras altas situadas ao leste e as do val do río Támega, nas que sobresaen polo sur as alturas da Serra de Penas Libres (Vilardevós) e polo Norte as da Serra Seca (A Gudiña). O seu terreo caracterízase por ter unha superficie ondulada na que se mesturan ou combinan unha sucesión de vales fluviais e lombeiros, cunha altitud medida duns 600-800 m. Lousas e pelitas, con algunha banda de cuarcítica, son os materiais que compoñen o substrato litolóxico. Nos seus lindeiros destacan as maiores alturas que están localizadas na Urdiñeira (1148 m.) cara ó N, Castelo da Pena (941 m.) e Alto das Ferrerías (924 m.) no Suroeste, marxeando con Vilardevós…e dentro do territorio varias aliñacións de lombas de O a L con alturas que non pasan dos 1000 metros, As Touzas (943 m.), Porto dos Bois (868 m.), Xermil (930 m.), As Canelas (731 m.).

Dise que en Galicia hai uns dez mil ríos, seguramente contando tamén os pequenos regueiros, e que a súa terra foi modelada por estas correntes de auga. En Riós tamén son innumerables os fíos cristalinos que baixan lixeiros, por corgas e cañadas, que desembocan noutras correntes de maior caudal. Polo seu volumen de auga destacan aquí o río Mente, Arzoá e Marcelín. Os tres forman parte da conca fluvial do Douro, despois de traspasar a Raia con Portugal. Un contexto singular, orográfico e hidrográfico, outrora ben definido por Ramón Otero Pedrayo: “O río Mente sinala unhas mainas encostas e un comén de chaira de soutos e bos labramios que a estrada xeral cruza polas Vendas da Barreira, no imperio de formas descidas da Pena Cofre e aínda valentes na indefrenza e vaguedá da montaña que se fai serra. O lombos de Santa Baia e Progos determinan ó Riós pola banda de Verín. Fumaces, xa na encosta desde Verín, enxerga os releves do Riós que polo rumbo das augas devalan n aterra portuguesa de Vilariño, e teñen relación cas terras de Vilardebós e a serra de Penas Libres, ista xa unha “leboreirida” ben crara. Os pobos principás do Riós –Castrelo da Cima, Castrelo de Baixo, Flor do Rei Novo, acaroado da parroquia centrosa do val, Maialde, Berrande, Soutochán- envólvense en soutelos e algunhas viñas e disfroitan de larganza pastoral. Son illós ou costelaciós xeórxicas no mundo do pastor…”

O seu clima é oceánico de montaña, aínda que con algún matiz mediterráneo. As temperaturas medias que se rexistran aquí sitúanse ó redor dos 10º C. Os invernos adoitan a ser fríos e os veráns suaves. Na estación invernal son frecuentes as xeadas e as precipitacións roldan os 1200 mm, con nevadas nas zonas de maior altura.

Na súa flora destaca a nobre árbore do castiñeiro, que abunda e medra vizoso nesta terra, na que é doado atoparse con exemplares centenarios. Semella que é unha árbore que vive aquí desde tempos inmemoriais, xa que a toponimia constátaa nomeando lugares como A Pena do Souto; O Souto na Chaira; O Souto, barrio de Marcelín; ou paraxes como O Souto Tameirón en Riós, Os Soutos da Arzá, con castiñeiros centenarios (Riós/Marcelín), O Souto Grande onde se facía antigamente a festa de Riós (15-16 de agosto), O Souto (Castrelo de Cima), O Souto Barato (Pena do Souto), O Souto (Navallo) O Souto e O Souto de Miñambres (Progo), O Souto do Concello (Vilariño das Touzas), O Souto das Chairas (Florderrei), o Souto do Civil (Romariz)…Non en van, no escudo herálido municipal loce un frondoso castiñeiro.

As touzas e devesas de carballos proliferan e tamén medran aquí outras especies de matogueira como a uz, xesta, piorno, carqueixa…e outras variedades propias de ribeira.

Hai variedades de fauna que ten aquí un hábitat propicio para o seu desenvolvemento. Mamíferos, aves, réptiles, e outros animais de menor tamaño teñen quedado, como exemplo da súa presenza aquí, estereotipados na toponimia local, así, entre outros, hai a A Aguieira, O Val de Quiebros, O Pozo do Lobo, A Cigoña, A Pala de Osa ou Val de Corzas en Castrelo de Abaixo; A Fraga da Raposa, o Val da Culebra, As Raposeiras, O Foxo (trampa para cazar lobos), o Val da Abelleira ou O Raposo en Castrelo de Cima; Os Miotos en San Pedro de Trasverea, O Palomar e A Fraga Bicheira en San Paio; o Val da Culebra e As Raposeiras en Covelas; A Lavandeira en Mourisco; Val de Porquerías e O Niño do Gaio na Trepa; Penacorveira e A Azureira no Navallo; o Foxo Vello en Pedroso; o Val das Lebres en Progo, Os Campos da Zorra en Vilariño das Touzas, Os Ichós e A Viña da Bicha en Marcelín, As Corvaceiras en Riós, A Abelleira e O Palomar nas Vendas da Barreira, o Val do Cuco e Os Bubales na Chaira…

Hai un couto de caza que, ademais de todo o concello, tamén se estende a monte de Sanguñedo e Veiga de Nostre, nel hai presenza de pezas de caza maior e menor, corzo, xabarín, coello, lebre, perdiz…, e o número de socios rolda os douscentos. O asociacionismo na pesca está representado pola Asociación de Pescadores Río Mente.

Aparte das especies propias da zona meridional de Galicia no concello existen varias especies de flora e fauna particularmente escasas:

flora: Aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), Escornacabras (Pistacia terebinthus), Arce de Montpelier (Acer monspessulanum) Fauna: Abelleiro (Merops apiaster), Andoriña dáurica (Hirundo daurica), Carraca (Coracias garrulus), Salmantesa común (Tarentola mauritanica).

Organización territorial

Malia ser lugar de paso obrigado dende tempos históricos, o interior do Concello está mal comunicado a través de pistas, unhas veces asfaltadas, outras simplemente abertas no monte. Dise que preto da aldea de Trasestrada pasaba unha calzada romana. Seguramente facíao pola próxima aldea de As Vendas da Barreira, lugar polo que trascorren actualmente a N-525 e a autovía A-52, vías de entrada a Galicia sur. O nome de As Vendas alude probablemente á parada de postas que existía cando polo lugar pasaba o camiño real.

Economicamente e administrativamente, O Riós sempre dependeu do Concello de Verín (dista apenas uns 20 quilómetros) e, en menor medida, de A Gudiña (tamén a uns 20 quilómetros), onde para o tren (non o fai en Verín). Xa dende a Idade Media, Riós formaba parte da xurisdición de Souto Bermudo no señorío de Monterrei (Verín).

Malia limitar con Portugal, apenas existe constancia de intercambio cos territorios portugueses próximos, seguramente debido a que a fronteira, nestes lugares, é bastante abrupta e chea de cavorcos. Deberon existir tales intercambios e mesmo trasegos de poboación, mais o único que pervive na memoria dos paisanos é o abondoso contrabando que se facía polos carrouchos raianos de acabalo de burros e asnos. Tradicionalmente consistía, segundo os relatos orais, en alixos de café, sucre, teas, gando (vacún, ovino e cabalar), etc. Logo da Guerra Civil, ampliouse a materias tan escasas daquela como o pan, a fariña, o cemento ou o plástico en obleas.

Base económica

Tradicionalmente foi un territorio agrícola e gandeiro, dependente do Val de Verín (ó que os lugareños se refiren aínda hoxe coma o "Valle").

As súas principais producións eran a pataca, o millo, a castaña (son abondosos os castiñeiros e a castaña da zona é merecidamente famosa), a forraxe para pastos e, en menor medida, o trigo e a cebada. Nas beiras dos ríos Lamas e Mente, cultivábase o liño, cuxa produción decaeu ata desaparecer na década dos anos 1950. Modernamente, introduciuse a recolleita de cogumelos.

A gandaría tradicional tamén era practicada, destacando o vacún, o porcina e aviar e, en menor medida, a cabalar, e a caprina. As vacas e bois eran, como en toda Galicia, aproveitados como forza de traballo, para a produción de carne e secundariamente de leite e manteiga. O porco era e segue sendo a base da alimentación humana. As ovellas tiveron unha forte presenza nos montes do Riós, principalmente coma explotación cárnica e, en menor contía, lanar. Entre os anos 1950 e os primeiros anos 1960, esta armentía foi eliminada e desapareceu. Si continou a crianza de cabuxas especialmente polo seu leite (o leite de vaca só foi abondoso e barato a partir dos anos 1970) e pola carne dos cabuxiños. Habitualmente, una familia de labregos no Riós posuía, a partir da redención dos foros en 1929, de tres ou catro vacas, unha ou dúas cabuxas, galiñas e polos, un ou dous porcos e media ducia de coellos.

Nos últimos anos, polo despoboamento e polo avenllentamento, a agricultura e a gandaría atópanse en notable retroceso. As explotacións, coma en moitos outros lugares, tecnificáronse aínda que debido ó seu tamaño (por debaixo da media galega) dificulta a súa rendabilidade a longo prazo.

Existen algunhas explotacións leiteiras pero o seu pequeno tamaño non lles agoira demasiado futuro de continuar as condicións actuais. Deste modo, unha gran parte da actividade económica de O Riós recae actualmente na recolleita da castaña. De feito, na aldea da Trasestrada, no lugar de A Igrexa, existe un Centro de Interpretación da Castaña, financiado pola Unión Europea. Sen embargo, o cultivo da castaña viuse nos últimos anos afectado por diversas pragas que dezmaron a poboación de castiñeiros. Ademais, moitas destas árbores son verdadeiramente centenarias (algunhas delas seguramente milenarias) e só na época recente se realizaron plantacións de castiñeiros que poidan suplantar as árbores que previsiblemente irán morrendo a medio prazo.

Tamén se observa un lixeiro aumento das actividades apícolas e da recolección de cogomelos mentres as leiras tradicionais de millo (acosadas polo xabarín), de patacas (só sementadas para o autoconsumo) e de trigo (cuxa explotación non puido ser mecanizada polo abrupto do terreo) están sendo deixadas a poula. Algunhas plantacións de eucaliptos e sobre todo de amieiros, nos lameiros ó pé dos ríos, apareceron nos últimos anos. Asemade, o prezo medio das terras caeu en picado e moitos dos seus donos téñenas abandonadas ou arrendadas ós poucos que aínda continúan os antigos xeitos de labranza.

Aínda que o concello foi repoboado con piñeiros polo ICONA durante a década dos anos 1950, non parece que o sector forestal vai acadar un importante desenvolvemento nos vindeiros anos. É preocupante a introdución de eucaliptos cuxos rendementos forestais son menores ós do piñeiro por mor da altitude e das xeadas invernais. Tamén se introduciu o amieiro. Non obstante, a caída no prezo desta madeira non agoira beneficios para quen os sementou.

As principais vías de comunicación son a autovía A-52 (Vigo-Benavente), a estrada N-525 (Zamora-Santiago de Compostela) e outras de menor entidade que descorren enlazando distintos núcleos de poboación espallados polo interior do concello. Hai que salientar que ó redor das primerias vías de comunicación foron xurdindo un importante número de establecementos hostaleiros, empresas de transportes, talleres de automóbiles, de aluguer de maquinaria para o agro e para a construción, de embutidos artesanais…e que na capitalidade municipal é onde están concentrados a maioría dos equipamentos e servizos básicos: Casa do Concello, Cuartel da Garda Civil, oficinas bancarias, Centro de Saúde, unha residencia da terceira idade…

Tamén cómpre destacar a extraordinaría gastronomía, condimentada a base de produtos naturais, da terra, que se pode de gustar en diferentes restaurantes, hostais e tamén na Festa da Castaña e do Cogumelo que anualmente se celebra a comezos do mes de novembro. Un evento que xira ó redor destes manxares da terra, con xornadas técnicas, concurso fotográfico, concurso de cociña, visitas a postos de venda, xantar popular…

Etimoloxía da súa toponimia

O curioso nome do Concello non ten unha explicación clara. En principio, a maioría dos autores pensa que se trata dunha alteración do nome orixinal (Ríos) por influencia do plural das palabras rematadas en -ón, que nesta zona faise en -ós: camión, *camiós; pantalón, pantalós. Sen embargo isto remitiríanos a unha hipotética denominación *Rión (ou *Rióm) desaparecida e que ninguén sabe explicar. Outros, en cambio, consideran que a orixe do nome, remite á toponimia latina. Os latinos denominaron a esta zona "Entre-Os-Ríos" (interanerenses ou interámnicos son denominación utilizadas en distintas épocas históricas), debido á abundancia de regatos e fontes. O cambio na acentuación produciríase máis tarde por motivos non aclarados aínda. Porén, a delimitación da zona chamada polos textos latinos Entre-Os-Riós resulta dificultosa. Cerca da parroquia de Castrelo de Abaixo aínda se atopa un lugar chamado Trambolosríos, no que se xuntan o río Mente e o río Arzoá, aínda que non está claro que sexa o mesmo lugar da época romana.

Unha toponimia semellante podemos atopala, dentro do mesmo Concello de O Riós, na parroquia de Rubiós. Seguramente serán necesarias posteriores investigacións para elucidar a peculiar toponimia de Riós.

Actualmente o Nomenclátor de Galicia trae rexistrado Riós como nome do concello de da súa capitalidade, pero temos que decir que en épocas atrás, en documentos medievais e eclesiásticos antiguos, este nome aparece documentado de outras formas. Na primeira metade do século X, nun documento do mosteiro de Celanova, aparece registrado como Orriolos; Villaurriola (capitalidade) no 1031; Urriós en 1466; Orriós no Catastro do Marqués de la Ensenada (a mediados do século XVIII); Orriós por 1763. Por 1777 Pedro González de Ulloa cita “Jurisdicción del Riós” e tamén “Montañas del Riós”, aínda que se ve Orriós no ano 1845 na cartografía de Fonatán, e tamén por 1851 en documentos eclesiásticos. Logo O Riós, Riós (a forma oficial actual) e incluso termos erróneos como “Ríos” ou “Os Ríos”.

Fernando Cabeza Quiles deixa constancia da posible procedencia do diminutivo latino “riviolos” (ríos pequenos) e outros autores tamén constatan a mesma opinión. Pola contra tampouco se desbota a posible procedencia do topónimo dunha raíz prerromana Orr- que significa “alturas, cumes” ou “vales entre montes”; en base ás formas antigas que se documentan sobre o topónimo: Urriola, Orriolos, Urriós, Orriós, en semellanza ou parecido a outros localizados en Ourense, en Galicia, en Sanabria ou no veciño Portugal, como Orras (Val de Orras), Urros, Urrós, Urroa, Orra, Orro, Orros, Órrea, Trasorras (Castroverde, Lugo), Valdorros (Burgos), Urrieta (Sanabria)…ou con Orreta que na veciña zona portuguesa de Trás-os-Montes é palabra con significado de “val entre montañas” e con Urreta (Vimioso), que tamén se refier a “val ou monte con moitos vales” Arrieta, Urieta, Ourreta, Orreta, son nomes duns trinta pequenos vales entre Portugal e Zamora, e a palabra debe querer significar o mesmo en Valdurro (Asturias) ou Valdorria (León). Despois do visto, semella caerlle mellor a vinculación do nome coa orografía local que amosa terra, val e monte.

O 9 de xuño do ano 2006 Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos do proxecto Toponimia de Galicia, recolleu máis de 4.200 nomes propios de aldeas, lugares, terras de cultivo, montes, vagoadas, fontes, camiños, pedras, regatos e muíñas, coa axuda dos veciños do municipio.

Heráldica

O escudo actual do concello data do 14 de xullo de 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia a proposta do propio concello, segundo o que se recollen tres alusións representativas da realidade -ou peculiaridade- física e do propio pasado histórico das terras que hoxe o conforman. Sobre fondo dourado dúas ondas de azur (azuis), que evocan o topónimo de Riós, e o castiñeiro ó natural, que é a especie arbórea predominante dentro do termo municipal, no que a riqueza forestal é por outra banda moi importante. A inclusión da consabida cadea dos Zúñiga en color dourado e bordeada de sable (negro), disposta en orla, permite perpetua-lo recordo -como xa o fixeron outros concellos da contorna- da súa vinculación histórica á gran Casa de Monterrei, circunstancia que, neste caso, adquire unha significación máis especial, posto que aquí poden localizarse os núcleos orixinarios dos seus extensos patrimonios galegos. Ó timbre, coroa real pechada.

Festividades e monumentos

A festividade máis importante do Concello de Riós é o 15 de agosto. Celébrase na igrexa de Santa María de Riós, barroca do século XVIII, terminouse de construir en 1718. Esta igrexa ergueuse sendo abade don Antonio Ramos Moscoso. Tamén cómpre mencionar as igrexas parroquiais de Santa María de Castrelo de Abaixo, a de Santa María de Castrelo de Cima, a de San Miguel na parroquia de Progo e a igrexa de Santo Estevo en Trasestrada. Outra construción que pode resultar interesante, tamén de carácter relixioso, é o cruceiro de Santa María con peto de ánimas.

As festas que máis sobresaen son as de san Cristovo celebradas o 25 de xullo e o san Roque na capital municipal o 16 de agosto. Pero, sen dúbida, a celebración máis importante é a romaría da Nosa Señora das Dores, que se fai o 15 de setembro no lugar de Fumaces e A Trepa, declarado día non laborable no termo municipal. Hai feira o día 2 e 26 de cada mes en Riós.

Algúns castros están repartidos polo territorio aínda que case ningún está en condicións de ser visitado con facilidade, como "A cavanca dos mouros" en Castrelo de Abaixo.

No pobo de A Silva consérvase un antigo muíño de agua, recentemente restaurado e habilitado para o turismo.

Na aldea de Castrelo de Cima celébrase a festa da Queimada en setembro, en honra da Virxe dos Remedios. Existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos ("vellarróns") en Castrelo de Cima e na Veiga do Seixo, aínda que desapareceron hai varias décadas. Actualmente o concello do Riós patrocina a recuperación destes traxes no marco do entroido da comarca de Verín.

Estes traxes de entroido levan unha careta de cartón duro, onde resalta unha afiada nariz con bigote e barba feito de lana de ovella de cor negra; cellas mestas; dentadura branca e unhas grandes orellas de papel. O traxe leva unha camisa de algodón con lazos de once cores e un calzón con frecos das mesmas cores. Os complementos son un pano branco, faixa, botas, pololos e un pao.

A diferencia principal entre o traxe de Castrelo de Cima e o da Veiga consiste en que no primeiro caso o traxe levaba tiras de tela mentras que no segundo as tiras eran de papel

Non obstante, o máis interesante da zona é o seu inmenso bosque de frondosas, carballos, castiñeiros e piñeiros que ocupa a meirande parte da superficie do concello, así como os seus vales e paisaxes naturais que na zona lindante de Portugal teñen a categoría de Parque Natural.

Datos

Superficie: 112 quilómetros cadrados

Poboación: 2.088 persoas (2006)

Densidade de poboación: 19 habitantes por quilómetros cadrados (aprox., 2002)

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Riense

Parroquias: O Riós, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Cima, O Navallo, Progo, Rubiós, Trasestrada, Fumaces e A Trepa.

Entidades de poboación: 35


Distancia á cidade de Ourense:

dende As Vendas da Barreira: 85 quilómetros
dende O Riós: 87 quilómetros
Evolución da poboación de Riós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.664 4.966 5.169 5.008 2.097 {{{6}}} {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Bibliografía

  • Xosé Lois Foxo. Cancioneiro das Terras do Riós, Vol. I. Diputación Provincial de Ourense, 2007.
  • R. Otero Pedrayo, Historia de Galiza, Ed. Nos, 1962
  • Xerardo Dasairas Valsa. Crónicas rexiomontanas, Mancomunidade de Concellos da Comarca de Monterrei, 1999
  • Xerardo Dasairas Valsa. O Entroido en Terras de Monterrrei. Edicións do Cumio, 1990.
  • Pedro González de Ulloa. Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia (1777). CEG, anexo IV 1950
  • Fernando Cabeza Quiles. Os Nomes de Lugar. Ed. Xerais, 1992

Véxase tamén

Ligazóns Externas


Modelo:VéxaseGalicia

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Riós".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google