Recurvirróstridos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro (2)
Liña 17: Liña 17:
}}
}}


Os '''recurvirróstridos''' ('''Recurvirostridae''') constitúen unha familia de aves [[limícola]]s da suborde [[Charadrii]]. Comprenden dous grupos distintos de aves, as avocetas (un xénero) e as pernalongas ou patudas (dous xéneros). En Galicia viven as especies ''[[Recurvirostra avosetta]]'' e ''[[Himantopus himantopus]]''.
Os '''recurvirróstridos''' ('''Recurvirostridae''') constitúen unha familia de aves [[limícola]]s da suborde [[Charadrii]]. Comprenden dous grupos distintos de aves, as avocetas (un xénero) e as pernalongas ou patudas (dous xéneros). En Galicia viven as especies ''[[Recurvirostra avosetta]]'' e ''[[Himantopus himantopus]]''.


== Descrición ==
== Descrición ==


Os recurvirróstridos miden de 30 a 46&nbsp;cm de lonxitude e pesan de 140 a 435&nbsp;g; os machos son xeralmente algo menores que as femias.<ref name=B&T>{{cite book | last = Baker | first = Allan J. |author2=Thomas, Gareth | year = 2003 | chapter = Avocets and Stilts | editor = [[Chris Perrins|Perrins, Christopher]] | title = The Firefly Encyclopedia of Birds | publisher = Firefly Books | pages = 242&ndash;243 | isbn = 1-55297-777-3}}</ref> Todos posúen peteiros, pescozos e patas longos e delgados. O peteiro das avocetas está curvado cara arriba, e o animal móveo a esquerda e dereita cando busca alimento nas augas salobres ou salinas pouco profundas. O peteiro das pernalongas é, ao contrario, recto. As dedas anteriores están palmadas na maioría das pernalongas, e totalmente palmadas nas avocetas e na pernalonga da especie ''[[Cladorhynchus leucocephalus]]'', que é máis nadadora.<ref name=B&T/> A maioría das especies ten unha [[plumaxe]] con áreas facendo contraste en branco e negro, e algunhas especies teñen manchas de cor beixe ou marrón na cabeza ou peito.<ref name=EoB>{{cite book |editor=Forshaw, Joseph|author= Harrison, Colin J.O.|year=1991|title=Encyclopaedia of Animals: Birds|publisher= Merehurst Press|location=London|pages= 107|isbn= 1-85391-186-0}}</ref> Os dosu sexos son similares.<ref name=B&T/>
Os recurvirróstridos miden de 30 a 46&nbsp;cm de lonxitude e pesan de 140 a 435&nbsp;g; os machos son xeralmente algo menores que as femias.<ref name=B&T>{{Cita libro | last = Baker | first = Allan J. |author2=Thomas, Gareth | year = 2003 | chapter = Avocets and Stilts | editor = [[Chris Perrins|Perrins, Christopher]] | title = The Firefly Encyclopedia of Birds | publisher = Firefly Books | pages = 242&ndash;243 | isbn = 1-55297-777-3}}</ref> Todos posúen peteiros, pescozos e patas longos e delgados. O peteiro das avocetas está curvado cara arriba, e o animal móveo a esquerda e dereita cando busca alimento nas augas salobres ou salinas pouco profundas. O peteiro das pernalongas é, ao contrario, recto. As dedas anteriores están palmadas na maioría das pernalongas, e totalmente palmadas nas avocetas e na pernalonga da especie ''[[Cladorhynchus leucocephalus]]'', que é máis nadadora.<ref name=B&T/> A maioría das especies ten unha [[plumaxe]] con áreas facendo contraste en branco e negro, e algunhas especies teñen manchas de cor beixe ou marrón na cabeza ou peito.<ref name=EoB>{{Cita libro |editor=Forshaw, Joseph|author= Harrison, Colin J.O.|year=1991|title=Encyclopaedia of Animals: Birds|publisher= Merehurst Press|location=London|pages= 107|isbn= 1-85391-186-0}}</ref> Os dosu sexos son similares.<ref name=B&T/>


As súas [[vocalización das aves|vocalizacións]] son xeralmente ouveos dunha ou dúas sílabas.<ref name=B&T/>
As súas [[vocalización das aves|vocalizacións]] son xeralmente ouveos dunha ou dúas sílabas.<ref name=B&T/>

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2019 ás 13:15

Recurvirróstridos

Himantopus mexicanus knudseni de Hawai
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Charadrii
Familia: Recurvirostridae
Bonaparte, 1854
Xéneros

Os recurvirróstridos (Recurvirostridae) constitúen unha familia de aves limícolas da suborde Charadrii. Comprenden dous grupos distintos de aves, as avocetas (un xénero) e as pernalongas ou patudas (dous xéneros). En Galicia viven as especies Recurvirostra avosetta e Himantopus himantopus.

Descrición

Os recurvirróstridos miden de 30 a 46 cm de lonxitude e pesan de 140 a 435 g; os machos son xeralmente algo menores que as femias.[1] Todos posúen peteiros, pescozos e patas longos e delgados. O peteiro das avocetas está curvado cara arriba, e o animal móveo a esquerda e dereita cando busca alimento nas augas salobres ou salinas pouco profundas. O peteiro das pernalongas é, ao contrario, recto. As dedas anteriores están palmadas na maioría das pernalongas, e totalmente palmadas nas avocetas e na pernalonga da especie Cladorhynchus leucocephalus, que é máis nadadora.[1] A maioría das especies ten unha plumaxe con áreas facendo contraste en branco e negro, e algunhas especies teñen manchas de cor beixe ou marrón na cabeza ou peito.[2] Os dosu sexos son similares.[1]

As súas vocalizacións son xeralmente ouveos dunha ou dúas sílabas.[1]

Distribución e hábitat

As aves desta familia son cosmopolitas, con distribución por todos os continentes agás a Antártida, e están presentes en moitas illas oceánicas. Varias especies teñen unha área de distribución ampla e unhas poucas están máis localizadas.

Unha especie, Himantopus novaezelandiae de Nova Zelandia stá en perigo crítico debido á perda de hábitat, predadores introducidos e hibridación coa Himantopus leucocephalus.

Alimentación

Estas especies aliméntanse de pequenos animais acuáticos como moluscos, camaróns e outros crustáceos, larvas de insectos, anélidos, cágados e pequenos peixes.

Reprodución

Os recurvirróstridos reprodúcense en campo aberto preto da auga, a miúdo en colonias pouco densas. Defenden os seus territorios de nidificación vigorosamente con exhibicións agresivas, e espantan os intrusos e posibles predadores facendo moito ruído.[1] Son monógamos, aínda que os lazos de parella non se manteñen dunha estación reprodutora a outra. Os seus ovos son de cores claras con marcas escuras, e pesan de 22 a 44 g.[1] Poñen tres ou catro en niños moi simples, e ambos os proxenitores comparten as tarefas de incubación, que se prolongan por 22 a 28 días.[1] O Cladorhynchus leucocephalus pode reproducirse só unha vez cada poucos anos, xa que se reproduce en lagos temporais orixinados polas chuvias nos desertos de Australia, que non se forman todos os anos. Os polos teñen penuxe e son precoces, polo que abandonan o niño un día despois de eclosionar;[1] empluman en de 28 a 35 días.[1] En todas as especies menos o Cladorhynchus leucocephalus, os polos que deixan o niño son coidados polos pais durante varios meses e poden desprazarse a novas áreas e defender o territorio alí.[1] Os Cladorhynchus leucocephalus desvíanse deste comportamento ao xuntar os seus polos en masivas "garderías" ou crèches, que poden contar con varios centos de crías.

Taxonomía

A taxonomía dos recurvirróstridos é moi debatida, e o xénero Himantopus considerouse que tiña dous ou seis especies.

Especies da familia Recurvirostridae
Nomes científicos Imaxe
Cladorhynchus leucocephalus
Himantopus himantopus
Himantopus knudseni
(ou Himantopus himantopus knudseni
ou Himantopus mexicanus knudseni)
Himantopus (himantopus) leucocephalus
Himantopus (himantopus/mexicanus) melanurus
Himantopus mexicanus
Himantopus novaezelandiae
Recurvirostra americana
Recurvirostra andina
Recurvirostra avosetta
Recurvirostra novaehollandiae

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Baker, Allan J.; Thomas, Gareth (2003). "Avocets and Stilts". En Perrins, Christopher. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. pp. 242–243. ISBN 1-55297-777-3. 
  2. Harrison, Colin J.O. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. p. 107. ISBN 1-85391-186-0. 

Véxase tamén

Bibliografía