Isabel Ríos: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) m lig int |
Sen resumo de edición |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro |título= Testimonio de la Guerra Civil|nome= Isabel|apelidos= Ríos|ligazónautor= |coautores= |ano= 1998|editorial= [[Ediciós do Castro]]|localización= Sada|isbn= 84-7492-294-1}} |
* {{Cita libro |título= Testimonio de la Guerra Civil|nome= Isabel|apelidos= Ríos|ligazónautor= |coautores= |ano= 1998|editorial= [[Ediciós do Castro]]|localización= Sada|isbn= 84-7492-294-1}} |
||
* {{Cita libro |ligazón-autor=Lois Pérez Leira |apelidos={{Versaleta|Pérez Leira}} |nome=Lois |título=Mulleres da emigración |ano=2009 |editorial=Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo |localización=[[Vigo]] |páxinas= |url=https://docplayer.es/68639778-Mulleres-da-emigracion-mujeres-de-la-emigracion.html |formato=bilingüe: galego-castelán |isbn=978-84-936759-9-8 }} |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 3 de marzo de 2019 ás 12:43
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1907 Curtis, España |
Morte | 17 de xuño de 1997 (89 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Isabel Ríos Lazcano, nada en Curtis o 12 de xullo de 1907 e finada en Madrid o 17 de xuño de 1997, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.
Traxectoria
Comezou os seus estudos primarios cunha mestra da aldea de Pedrouzos. Fixo varios intentos de exame por libre de Perito Mercantil, até que se presentou a unhas oposicións para Facenda, nas que conseguiu praza na Subdelegación de Xixón.
Antes de partir ao seu destino laboral coñeceu a Manuel Calvelo López, que se atopaba veraneando en Curtis, con quen casou o 7 de xullo de 1929. Marcharon a Los Llanos de Aridane (na illa de La Palma) onde Manuel exerceu a súa profesión de médico.
En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese ano a familia mudouse a Madrid co obxectivo de marchar a Alemaña para que Manuel fixese o doutoramento. Coa chegada de Hitler ao poder deciden quedar en Madrid, onde Manuel traballou como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor Roberto Nóvoa Santos.
En 1934 afiliouse ao Partido Comunista e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a Lugo, a onde ía todos os días dende Curtis.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detida co seu home o 5 de agosto e trasladados a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. O 19 de decembro celébrase o Consello de guerra que condena ao matrimonio á pena de morte.
A execución da sentenza estaba prevista para o día 24, pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 comunicáronlle que lle conmutaran a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo foi fusilado ese mesmo día.
Isabel percorreu durante sete anos as cadeas de Santiago, Saturrarán e Betanzos, e foi posta en liberdade condicional en 1943.
En 1946 trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a Buenos Aires, onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas, onde participou na comisión feminina e na de cultura.
A principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co PCE e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En 1966 debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a Chile e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de Chile e en 1971 pasou a ser consultor da FAO. En 1973 o golpe de Pinochet volveu levala outra vez ao exilio trasladándose a Perú. En 1975 o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións en España; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e estableceuse en Madrid.
Véxase tamén
Bibliografía
- Ríos, Isabel (1998). Testimonio de la Guerra Civil. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-294-1.
- Pérez Leira, Lois (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.
Ligazóns externas
- "Isabel Ríos". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Isabel Ríos na páxina web da CIG.
- Isabel Ríos na páxina web Nomes e Voces.