Lois Caeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado referencias
Liña 24: Liña 24:
[[Categoría:Nados en Sobrado]]
[[Categoría:Nados en Sobrado]]
[[Categoría:Nados en 1951]]
[[Categoría:Nados en 1951]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid]]

Revisión como estaba o 3 de marzo de 2019 ás 02:39

Infotaula de personaLois Caeiro
Biografía
Nacemento10 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
As Cruces, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Rodríguez García, coñecido como Lois Caeiro, nado en Sobrado o 10 de abril de 1951[1], é un xornalista e escritor galego. Foi director de El Progreso de Lugo, dende 2000 até 2019, ano no que se xubilou.[2]

Traxectoria

Naceu no lugar das Cruces da parroquia de San Xiao de Cumbraos no concello de Sobrado, estudou na cidade da Coruña, no seminario de Santiago, na Universidade de Comillas e fixo xornalismo na Complutense en Madrid.[3]

Foi coordinador da colección Testemuños da Editorial SEPT, colaborador de Galicia confidencial, Encrucillada, comentarista político de El Ideal Gallego, xefe de prensa da Delegación do Goberno en Galicia. Xefe dos servizos informativos da Televisión de Galicia (1985-1986), director de Atlántico Diario e corresponsal en Galicia do xornal ABC,[4] director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia entre 1986 e 1987, dimitindo en xaneiro de 1987.[5] Colaborador habitual de El Correo Gallego, publicou O xantar da memoria (2004).

Recoñecementos

Obras

  • Aquel mundo, 1996.
  • O xantar da memoria, 2004. Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.

Notas

  1. "1951. Lois Caeiro, escritor e xornalista, nace en Sobrado". fervenzasliterarias.gal. Consultado o 03-03-2019. 
  2. López, Ruth (01-03-2019). "Alfonso Riveiro toma el relevo de Lois Caeiro en la dirección de El Progreso". elprogreso.es. Consultado o 03-03-2019. 
  3. "Els periodistes gallecs rendeixen tribut a Lois Caeiro i al mort José Luis Alvite". catalunyapress.cat (en catalán). 23-01-2015. Consultado o 03-03-2019. 
  4. "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". teinteresa.es. 26-11-2014. Consultado o 03-03-2019. 
  5. Vázquez, Elisardo (13-01-1987). "Dimite el director de la televisión autonómica gallega". elpais.com. Consultado o 03-03-2019. 
  6. "Enrique Arias gana el Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro al mejor artículo de difusión nacional". galiciadigital.com. 2-01-2004. Consultado o 03-03-2019. 
  7. "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". europapress.es. 04-12-2014.