Esther Pita: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en 1943 mediante HotCat |
m engado a Categoría:Nados en Oleiros mediante HotCat |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]] |
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]] |
||
[[Categoría:Nados en 1943]] |
[[Categoría:Nados en 1943]] |
||
[[Categoría:Nados en Oleiros]] |
Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2019 ás 09:49
Esther Pita Pita, nada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de maio de 1943[1] e finada o 24 de febreiro de 2019, foi unha política galega que chegou a ser alcaldesa de Oleiros durante dúas lexislaturas.
Traxectoria
De pai emigrado en Venezuela e nai titular dun estanco en Santa Cruz, estudou na Escola de Comercio da Coruña, e despois traballou na Telefónica[1].
Fundou con Ángel García Seoane a Alternativa dos Veciños de Oleiros en 1976 e con ela concorreu ás primeiras elecións municipais, e foi elixida concelleira xa de xeito ininterrompido. En 1985 a Alternativa dos Veciños chegou ao poder grazas a unha moción de censura, e Pita tivo desde aquela responsabilidades de goberno nas áreas de servizos sociais e de cultura[2]. En xuño de 1996 García Seoane foi inhabilitado por seis anos e Pita pasou a ser alcaldesa. Ao remate da inhabilitación de Seoane, nas eleccións municipais de 2003, Pita deixou a alcaldía, que volveu a García Seoane, e abandonou a política.
Predecesor: Ángel García Seoane |
Alcaldesa de Oleiros 1996 - 2003 |
Sucesor: Ángel García Seoane |
Honras
Ten unha praza dedicada en Santa Cruz.
Vida persoal
Estivo casada e enviuvou.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "«A miña achega é mínima en relación coa xenerosidade dos veciños»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-14. Consultado o 2019-02-25.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "Fallece Esther Pita, ex alcaldesa de Oleiros". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-02-25.