Esther Pita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
referencia
Liña 20: Liña 20:


{{ORDENAR:Pita, Esther}}
{{ORDENAR:Pita, Esther}}

[[Categoría:Alcaldes de Oleiros]]

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2019 ás 09:48

Esther Pita Pita, nada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de maio de 1943[1] e finada o 24 de febreiro de 2019, foi unha política galega que chegou a ser alcaldesa de Oleiros durante dúas lexislaturas.

Traxectoria

De pai emigrado en Venezuela e nai titular dun estanco en Santa Cruz, estudou na Escola de Comercio da Coruña, e despois traballou na Telefónica[1].

Fundou con Ángel García Seoane a Alternativa dos Veciños de Oleiros en 1976 e con ela concorreu ás primeiras elecións municipais, e foi elixida concelleira xa de xeito ininterrompido. En 1985 a Alternativa dos Veciños chegou ao poder grazas a unha moción de censura, e Pita tivo desde aquela responsabilidades de goberno nas áreas de servizos sociais e de cultura[2]. En xuño de 1996 García Seoane foi inhabilitado por seis anos e Pita pasou a ser alcaldesa. Ao remate da inhabilitación de Seoane, nas eleccións municipais de 2003, Pita deixou a alcaldía, que volveu a García Seoane, e abandonou a política.


Predecesor:
Ángel García Seoane
 
Alcaldesa de Oleiros
 
1996 - 2003
Sucesor:
Ángel García Seoane

Honras

Ten unha praza dedicada en Santa Cruz.

Vida persoal

Estivo casada e enviuvou.

Notas

  1. 1,0 1,1 "«A miña achega é mínima en relación coa xenerosidade dos veciños»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-14. Consultado o 2019-02-25. 
  2. Coruña, La Opinión de A. "Fallece Esther Pita, ex alcaldesa de Oleiros". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-02-25.