Diferenzas entre revisións de «Antropoloxía»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
Sem resumo de edição
Institucionalmente, a antropoloxía emerxeu da [[historia natural]] (exposta por autores como [[Georges-Louis Leclerc, Comte de Buffon|Buffon]]). Este era o estudo dos seres humanos, xeralmente europeos, vivindo en [[colonias|colonialismo]]. Este estudo da linguaxe, cultura, fisioloxía, e artefactos das colonias europeas, era o equivalente ao estudo da flora e a fauna deses lugares. Por iso puido, por exemplo, escribir [[Lewis Henry Morgan]] á vez monografías tanto sobre ''A Liga dos Iroqueses'' como sobre ''O castor americano e as súas construcións''. Tamén é por iso, que a cultura material de nacións 'civilizadas' como a Chinesa, foron exhibidas historicamente nos museos dedicados á arte, xunto a obras europeas, mentres que os artefactos de África ou das culturas nativas de América mostrábanse nos museos de Historia Natural, á beira dos ósos de dinosauro ou os dioramas de paisaxes. Dito isto, a práctica curatorial cambiou dramaticamente en anos recentes, e sería incorrecto ver a antropoloxía como simplemente unha extensión da regra colonial e do [[chovinismo]] europeo, posto que a súa relación ao [[imperialismo]] era e é complexa.
 
A antropoloxía foi crecendo distinguíndose da historia natural e para finais do [[século XIX]] a disciplina comezaba a cristalizarse na súa forma moderna. Para 1935, por exemplo, para [[T.K. Penniman]] lle foi posible escribir a historia da disciplina titulada ''100 anos de Antropoloxía''. Para este momento, este campo estaba dominado polo [[método comparativo]]. Asumíase que todas as sociedades pasaron por un único proceso evolutivo, do máis primitivo, ao máis avanzado. Así, as sociedades non europeas, foron vistas como [[fósil vivente|fósiles viventes]] da evolución, que puideron ser estudadas para entender o pasado europeo. Eruditos escribiron historias de migracións prehistóricas, as cales foron algunhas valiosas e outras moi fantásticas. Foi durante este período, que os europeos puideron, por primeira vez, rastrexar as migracións [[Polinesia|polinésicas]] a través do [[Océano Pacífico]], por exemplo, aínda que algúns crían que se orixinaron en [[Exipto]]. Finalmente, o concepto de [[raza]] estaba sendo discutido moi activamente como modo de clasificación de outorgar un nivel aos seres humanos baseados nas diferenzas biolóxicas herdadas.
 
No [[século XX]], as disciplinas académicas comezaron a organizarse ao redor de tres principais dominios: [[Ciencia]], [[Humanismo (filosofía)|Humanismo]] e as [[Ciencias sociais]].
205.253

edicións

Menú de navegación