Diferenzas entre revisións de «Airbus A318»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1) (GreenC)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1) (GreenC))
O primeiro membro da familia A320 foi o [[Airbus A320]], que voou por vez primeira o [[22 de febreiro]] de [[1987]] despois de que o programa se lanzase en marzo de [[1984]]. Ao pouco tempo a familia ampliouse para incluír ao alongado [[Airbus A321|A321]], ao acurtado [[A319]], e ao aínda máis curto A318. A familia A320 foi pioneira no uso de controis dixitais [[fly-by-wire]], ademais de joysticks de control laterais.
 
O proxecto do Airbus A318 ten a súa orixe na colaboración entre fabricantes chineses, sungapurianos e europeos. En maio de [[1997]], durante a visita do presidente francés [[Jacques Chirac]] a [[China]], [[Aviation Industries of China]] (AVIC), [[Singapore Technologies Aerospace]] (STAe), [[Airbus]] e [[Alenia]] asinaron un acordo marco que describía o desenvolvemento dun avión no rango dos 100 asentos.<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|data=1997-06-01|título=New family members mean Airbus means business. (Airbus Industrie contracts)|url=https://www.highbeam.com/doc/1G1-19778327.html|apelidos=|revista=|data-acceso=30 de november de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160702024922/https://www.highbeam.com/doc/1G1-19778327.html|dataarquivo=02 de july de 2016|urlmorta=si}}</ref> O programa AE31X, como se chamou inicialmente, ademais de ser un programa industrial global servía para profundizar significativamente nas relacións comerciais sino-europeas. Cuns custos de desenvolvemento estimados en máis de 2 000 millóns de dólares, AVIC tería unha participación no proxecto do 46%, STAe un 15%, e Airbus Industrie Asia un 39%, este último composto por Airbus e Alenia. A montaxe final realizaríase en China.<ref name=":1">Norris & Wagner 1999, p. 87</ref>
 
O proxecto nunca pasou da fase exploratoria. Comprendeu dous deseños novos, o AE316 e o AE317. O AE316 tería unha lonxitude de 31,3 metros e o AE317 de 34,5.<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1997/1997%20-%203026.html|páxina-web=Flight International|título=Time out in Asia|data-acceso=2018-11-30}}</ref> As versións stándar das dúas variantes tiñan un peso máximo na engalaxe de 49,9 toneladas para o máis pequeno e de 54,2 para o AE317, e estarían impulsados por motores [[Turbofan|turbofán]] BMW Rolls-Royce, [[CFM International]] ou [[Pratt & Whitney]].<ref name=":1" /><ref name=":2" /> O alcance estableceuse nos 3 700 para as dúas variantes, aínda que había unha versión con máis peso que tiña máis alcance e potencia de motor.<ref name=":2" /> Os AE316 e AE317 levarían a un máximo de 105 e 125 pasaxeiros en filas de cinco asentos, respectivamente. Ámbolos dous compartirían cabina de mando e un sistema de control [[fly-by-wire]] semellante ao da familia A320.<ref name=":0" />
195.808

edicións

Menú de navegación