Beatriz Domínguez-Gil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Plantexar > propor
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:


{{Biografía
{{Biografía
|imaxe = (Beatriz Domínguez-Gil) Madrid homenajea a todas las personas donantes de órganos con un monolito.jpg
|nome_completo = Beatriz Domínguez-Gil González
|nome_completo = Beatriz Domínguez-Gil González
|ocupación = Directora da [[Organización Nacional de Transplantes]]
|ocupación = Directora da [[Organización Nacional de Transplantes]]

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2019 ás 23:53


Infotaula de personaBeatriz Domínguez-Gil
Nome orixinalBeatriz Domínguez-Gil González
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciada e doutora en Medicina
EducaciónUniversidade de Salamanca - Licenciatura
Universidade Complutense de Madrid - Doutoramento Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDirectora da Organización Nacional de Transplantes
EmpregadorMinisterio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 906934


Beatriz Domínguez-Gil, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha doutora en Medicina galega, especialista en nefroloxía. Desde 2017 dirixe a Organización Nacional de Transplantes de España.

Traxectoria

É licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca, e doutora en Medicina pola Universidad Complutense. Traballou como nefróloga no Hospital 12 de Octubre de Madrid desde o ano 2000 até 2007.[1]

En novembro de 2006 entrou a traballar no equipo médico da Organización Nacional de Transplantes, onde foi xefa de servizo en funcións da Área Médica. Foi presidenta da Organización Europea de Doazón e Coordinación de Transplantes, conselleira por Europa da Sociedade Internacional de Transplantes e médico do seu Comité de Ética, e vogal electa da Xunta Directiva da Sociedade Española de Transplantes. Ten unha gran proxección internacional, como copresidenta do "Grupo Custodio" da Declaración de Estambul, unha rede mundial de profesionais sanitarios, da xustiza e dos corpos e forzas de seguridade que, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde, o Consello de Europa e a Unión Europea, intentan acabar co tráfico de órganos e o chamado «turismo de trasplantes».[2]

E autora de máis de cen publicacións en revistas científicas.[1]

O 12 de maio de 2017, o goberno de España nomeouna directora da Organización Nacional de Trasplantes (ONT), organismo dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. O obxectivo da doutora Domínguez-Gil a medio prazo é alcanzar o número de 50 doantes por millón (de poboación) e, a curto prazo, superar os 5 000 transplantes. E proponse sermos líderes mundiais 25 anos máis como mínimo.[3]

«Vemos factíbel que a igual actividade de doazón haxa máis actividade transplantadora grazas ás vías de mellora dos últimos anos, coa colaboración cos Servizos de Urxencias e a atención en asistolia. Marcáramos en 2008 o obxectivo de 40 doantes por millón, e daquela todo o mundo criticábanos. Era imposíbel de alcanzar, dicían. Nós fixemos unha avaliación, a pesar de que as condicións epidemiolóxicas non eran óptimas, porque afortunadamente en España as mortes por accidentes de tráfico e cerebrovasculares diminúen. Pero coa asistolia (doazón xusto despois dunha morte non encefálica tras unha parada cardiorrespiratoria) conseguimos os 40. Os 50 son moi optimistas, pero pódense alcanzar en determinadas comunidades. Por iso, talvez hai que establecer tres niveis: un mínimo de 40, un óptimo de 45 e outro de excelencia de 50».[3]

Algunhas publicacións

  • 2004 - "Efecto antiproteinúrico del bloqueo del sistema renina-angiotensina (SRA) en pacientes con presión arterial sistólica inferior o igual a 115 mmHg". (Con M. J. Manzanera, Juan Carlos Herrero Berrón, Manuel Praga Terente, J. A. García, E. González, E. Morales, E. Hernández s E. Gutiérrez Martínez). Nefrología: publicación oficial de la Sociedad Española de Nefrología. 24 (6): 546-552.
  • 2006 - "Impacto de la inmunosupresión en le perfil de riesgo cardiovascular después del trasplante renal". (Con José María Morales Cerdán e Mª. J. Gutiérrez). Nefrología: publicación oficial de la Sociedad Española de Nefrología, 26 (2): 181-194.
  • 2007 - "Strategies to optimize deceased organ donation". (Con Rafaeel Matesanz). Transplant Rev '21: 177-188.
  • 2008 - "El trasplante renal de donante vivo en España: una gran oportunidad". (Con Julio Pascual Santos). Nefrología: publicación oficial de la Sociedad Española de Nefrología 28 (2): 143-147.
  • 2008 - "Donantes de órganos en España: evolución de las tasas de donación por comunidades autónomas y factores determinantes". (Con Elisabeth Coll Torres, Blanca Miranda Serrano, Eduardo Martín Escobar, María Oliva Valentín Muñoz, Gregorio Garrido Cantarero, Beatriz Mahillo Durán, Gloria de la Rosa Rodríguez e Rafael Matesanz Acedos). Medicina clínica.131 (2): 52-59. (Resume).
  • 2009 - "The 40 donors per million population plan: An action plan for improvement of organ donation and transplantation in Spain". (Con R. Matesanz, R. Marazuela, E. Coll, B. Mahillo e G. de la Rosa). Transplant Proc. 41: 3453-3456.
  • 2009 - "No indicar el trasplante de vivo es una mala práctica". (Con María Oliva Valentín Muñoz, Eduardo Martín Escobar e Rafael Matesanz Acedos). Nefrología: publicación oficial de la Sociedad Española de Nefrología. 29 (5): 379-381.
  • 2010 - "Situación actual del trasplante renal de donante vivo en España y otros países: pasado, presente y futuro de una excelente opción terapéutica", (Con María Oliva Valentín Muñoz, Eduardo Martín Escobar, Marta García Martínez, Josep Maria Cruzado Garrit, Julio Pascual Santos, Gema Fernández Fresnedo e Rafael Matesanz Acedos). Nefrología: publicación oficial de la Sociedad Española de Nefrología. Vol. 30, nº Extra 2 (Ejemplar dedicado a: Recomendaciones de la Sociedad Española de Nefrología (S.E.N.) y de la Organización Nacional de Trasplantes (ONT) sobre trasplante renal de donante vivo), páxs. 3-13. (Ler texto completo).
  • 2013 - "Donación en asistolia no controlada: necesidad, oportunidad y reto". (Con Rafael Matesanz Acedos e Elisabeth Coll Torres). Medicina intensiva, vol. 37, nº 4, páxs. 221-223.
  • 2011 - "Spanish experience as a leading country: What kind of measures were taken?". (Con R. Matesanz, E. Coll, G. de la Rosa e R. Marazuela). Transpl Int, 24: 333-343.
  • 2012 - "Continuously evaluating performance in deceased donation: The Spanish quality assurance program". (Con G. de la Rosa, R. Matesanz, S. Ramón, J. Alonso-Álvarez e J. Araiz). Am. J. Transplant, 12: 2507-2513.
  • 2015 - "Aspectos organizativos contemporáneos del trasplante cardiaco: visión del procurador de órganos". (Con Eduardo Miñambres García e Rafael Matesanz Acedos). Revista española de cardiología, vol. 15, nº Extra 2 (Ejemplar dedicado a: Treinta años de trasplante cardiaco en España), páxs. 13-20. (Ler texto completo).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas