Comités Abertos de Estudantes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lansbricae (conversa | contribucións)
{{Lixoporque|Non respeta o punto de vista parcial e non trata a organización dsde un punto de vista enciclopédico senón coma mensaxe}}
Liña 1: Liña 1:
{{Lixoporque|Non respeta o punto de vista parcial e non trata a organización dsde un punto de vista enciclopédico senón coma mensaxe}}
Os '''Comités Abertos de Estudantes''' son unha organización estudantil [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, [[bacharelato]] e [[formación profesional]].
Os '''Comités Abertos de Estudantes''' son unha organización estudantil [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, [[bacharelato]] e [[formación profesional]].



Revisión como estaba o 12 de outubro de 2007 ás 21:56

Os Comités Abertos de Estudantes son unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional.

Ademais de cuestións relacionadas co ensino, os CAE centran a súa actividade en cuestións moi diversas. Como nacionalistas, defendemos unha Galiza libre, á que se lle recoñezan os seus direitos como nación e que poda gobernarse a si mesma, falar a súa lingua, promover a súa cultura e decidir sobre a súa economía. Defendemos un mundo máis xusto e solidario, no que os pobos se relacionen entre si en pé de igualdade, no que se conte coas nacións e as persoas e non cos intereses dos grandes estados e das multinacionais. Opoñémonos á globalización que ignora os pobos, acentúa as desigualdades sociais e impón o pensamento único. Solidarizámonos cos pobos do mundo que loitan pola súa liberdade e pola xustiza, desde Palestina até Cuba e desde Venezuela até o Irak. Defenden unhas condicións de vida dignas para a xente nova, onde se garanta o dereito a un emprego estábel e ben pagado ao rematar os estudos, o acceso á vivenda, alternativas para o tempo de lecer...

En definitiva, os CAEson parte dunha sociedade que compre cambiar, e dunha nación negada, Galiza, da que queren axudar a transformar desde as aulas.

Desde o primeiro momento os Comités Abertos de Estudantes opuxéronse á L.O.E, e esta organización propiciou as mobilizacións máis importantes estudantís na Galiza durante os pasados anos


Demandas dos CAE para o ensino galego

- Pola catalogación do ensino non universitario como ciclo único educativo público, gratuito e obrigatorio ate 18 anos, cuxos obxectivos básicos sexan:

a) Dotar ao estudantado duns coñecementos e capacidades básicas que o formen a partir do contexto e contorno máis próximo até, gradualmente, outro máis universal.

b) Permitir, a partir dun determinado momento, unha especialización relativa en áreas de coñecemento teórico/prácticas que posibiliten a entrada do estudantado na universidade ou no mundo laboral.

- Pola integración dos centros privados e de carácter especial na rede única de ensino público.

- Pola galeguización do ensino, en canto ao idioma e aos contidos.

- Pola supresión da selectividade e as trabas de acceso ao ensino superior

- Pola gratuidade dos libros de texto.

- Pola renovación dos actuais sistemas de avaliación e verificación do desenvolvemento formativo do estudante, que suprima os actuais exames.

- Por un ensino laico, sen adoutrinamento relixioso.

- Pola reciclaxe do profesorado e o control da docencia.

- Por unha especialización profesional que posibilite a entrada dos estudantes no mundo laboral ou a súa libre incorporación á educación universitaria.

- Por unha ampla oferta educativa (secundaria, bacharelatos e ciclos formativos) en base á realidade das comarcas galegas, e que dea cobertura á demanda social.

- Polo estabelecemento de axudas aos estudantes de servizos complementarios que posibiliten o acceso maioritario ao ensino.

- Pola democratización dos órganos de goberno e xestión escolar, asegurando a representación estudantil paritária cos demais sectores en todos os niveis.

- Polo recoñecemento dos direitos democráticos dos estudantes, en concreto a realización de asambleas e folgas.


A súa última asemblea nacional, sendo a novena, realizouse o pasado 17 de Marzo, en Vigo. Marcando os seguintes obxectivos:

== Nesta nova era de asociacionismo estudantil, pularemos por fortalecer a organización a nível nacional pero sobre todo nas cidades e comarcas, xa que o noso obxectivo para este novo período será traballar arreo nas localidades(eixo fundamental para o bo desenrolo e achegamento do estudantado aos CAE), constituírnos tamén en todas as cidades e comarcas onde actualmente non temos presenza, recuperar os comités de centro (básicos e importantísimos á hora do contacto con o estudantado), recuperar todo tipo de publicacións como o CAE-Informa e nova editación de panfletos e demais trípticos que nos axuden a darnos a coñecer sumando así a máxima xente posíbel para loitar por un ensino adecuado ás nosas demandas, galego, democrático, plural e libre de entes españolizadores que oprimen o noso desenrolo como Nación.

Comezamos esta nova era con moita forza e ilusión e con esperanzas de non repetir vellos patróns grazas a unha total renovación da organización e experiencia adquirida de erros anteriores. ==


Ligazóns externas


-Comités Abertos de Escola e Facultade: [1]