Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Ligazóns externas: Arranxar ligazón morta
Liña 19: Liña 19:
* ''[[Dos anxos e dos mortos]]'', [[1977]], [[Edicións Castrelos|Castrelos]] (reeditada en [[1991]] en [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).<ref>Despois incluída na [[Biblioteca Galega 120]] co número 55.</ref>
* ''[[Dos anxos e dos mortos]]'', [[1977]], [[Edicións Castrelos|Castrelos]] (reeditada en [[1991]] en [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).<ref>Despois incluída na [[Biblioteca Galega 120]] co número 55.</ref>
* ''Querido Brais'', [[1977]].
* ''Querido Brais'', [[1977]].
* ''Loaira'', [[1992]], Galaxia.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Castelao|nome=Manuel|data=2018|título=Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada|PMC=|revista=Barbantia|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=133-153|número=14}}</ref>
* ''Loaira'', [[1992]], Galaxia.
* ''A sombra dos teus soños'', [[1998]], Galaxia.
* ''A sombra dos teus soños'', [[1998]], Galaxia.
* ''Non sei cando nos veremos'', [[2005]], Galaxia.
* ''Non sei cando nos veremos'', [[2005]], Galaxia.

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2019 ás 15:25

Infotaula de personaAnxo Rei Ballesteros
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Ardesende, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Jesús Armada
IrmánsPaulo Rei Ballesteros Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 541520

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.

Traxectoria

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[2] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[3] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[4].

Obras

Narrativa

Teatro

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Recoñecemento

En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[9] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[9]

Notas

  1. Suso de Toro. "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego", El País, 3/11/2008 (en castelán).
  2. "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
  3. "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018. 
  4. "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018. 
  5. "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros"
  6. Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
  7. Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153. 
  8. Grial n.º 104 pp. 494-505
  9. 9,0 9,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas