Conversa usuario:Shastre: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:


:::Xa che comentei que isto non é inamovible, pode expoñerse o problema tal como o ves ti na taberna e comentalo co resto de usuarios para ver que se debe/pode facer. Ó mellor a xente entende que eu estou seguindo a norma de xeito demasiado estrito e que hai que entendela de forma máis ampla... Eu anímote a que fagas a proposta e vexamos como sae... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 13:26 (UTC)
:::Xa che comentei que isto non é inamovible, pode expoñerse o problema tal como o ves ti na taberna e comentalo co resto de usuarios para ver que se debe/pode facer. Ó mellor a xente entende que eu estou seguindo a norma de xeito demasiado estrito e que hai que entendela de forma máis ampla... Eu anímote a que fagas a proposta e vexamos como sae... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 13:26 (UTC)

::::Moi ben, como vexas, xa sabes onde estamos :). Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 15:18 (UTC)

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2019 ás 15:19

Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 02:28 (UTC)[responder]

Formas correctas

Boas Shastre, parabéns polo teu traballo de revisión de artigos, precisamos moitas mans como as túas :). Porén, teño que comentarche un detalliño que supoño que coñeces do funcionamento da Galipedia, para evitar guerras de edicións, non está permitido cambiar os termos correctos que haxa no artigo para respectar as escollas dos editores anteriores. Podes ver o historial do artigo economía para ver os arranxos que tiven que facer na túa edición, por iso pídoche que só modifiques erros ortográficos, de redacción ou de contido. Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2019 ás 21:44 (UTC)[responder]

Entendo a túa postura, pero como na Galipedia séguense as Normas da RAG, os termos aceptados por eles non poden cambiarse. Si poden cambiarse nos casos que estean usados de forma incorrecta, o que non se pode facer é substituír uns termos por outros sinónimos porque consideremos que son máis galegos ou chámalle x. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2019 ás 23:05 (UTC)[responder]
Shastre, eu non pretendía despachar nada, síntoo se foi esa a impresión que che dei, eu só quería comentarche a forma de traballar que hai agora mesmo no proxecto, e que está recollida no Wikipedia:Libro de estilo e foi aceptada pola comunidade. Isto non quere dicir que non se poida falar do asunto, todo o contrario, a Galipedia precisa propostas para ser cada vez mellor. Pero como comprenderás, estas cousas non as pode decidir cada usuario, temos que falalas entre todos e, se é preciso, votalas para modificar as políticas afectadas. Como se fai iso? O máis normal é abrir un novo fío na Taberna, expoñer alí o que se quere debater e falar entre todos. Podes facelo en Wikipedia:A Taberna (políticas) por exemplo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2019 ás 12:03 (UTC)[responder]
Xa che comentei que isto non é inamovible, pode expoñerse o problema tal como o ves ti na taberna e comentalo co resto de usuarios para ver que se debe/pode facer. Ó mellor a xente entende que eu estou seguindo a norma de xeito demasiado estrito e que hai que entendela de forma máis ampla... Eu anímote a que fagas a proposta e vexamos como sae... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2019 ás 13:26 (UTC)[responder]
Moi ben, como vexas, xa sabes onde estamos :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2019 ás 15:18 (UTC)[responder]