Banco Nacional de Polonia: Diferenzas entre revisións
*acuñación > cuñaxe (consonte o DRAG). / Ligazón interna. |
m elimino a Categoría:Polonia; engado a Categoría:Economía de Polonia mediante HotCat |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Polonia]] |
[[Categoría:Economía de Polonia]] |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2019 ás 16:36
O Banco Nacional de Polonia (en polaco: Narodowy Bank Polski) é o banco central da República de Polonia. Encárgase de controlar a cuñaxe e a circulación da moeda polaca, o złoty. A sede central do Banco atópase en Varsovia, pero ten sucursais na maioría das cidades de Polonia.
O BNP representa a Polonia no Sistema Europeo de Bancos Centrais, unha organización dentro da UE.
Historia
A pesar de que o banco baixo o seu actual nome existe desde 1945, esta entidade é continuadora de bancos centrais previos que houbo por Polonia, chamados simplemente Banco de Polonia (Bank Polski). O primeiro foi fundado en Varsovia en 1828 polo Duque Franciszek Ksawery Drucki-Lubecki. Era unha institución do goberno do Reino de Polonia designada para a cuñaxe da moeda polaca así como para o control dos tipos de xuro. Foi tamén designada coa concesión de operar con divisa estranxeira e para a compra de títulos de compañías e bancos estranxeiros.