Filosofía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Filosofía}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
|label2 = Orixe
|label2 = Orixe
|data2 = [[Grecia antiga]], séc. VII a.C., [[Tales de Mileto]]
|data2 = [[Grecia antiga]], séc. VII a.C., [[Tales de Mileto]]
|label3 = Influências
|label3 = Influencias
|data3 = [[Mitoloxía grega|mitoloxía]]
|data3 = [[Mitoloxía grega|mitoloxía]]
|label4 = Influenciados
|label4 = Influenciados
Liña 18: Liña 18:
|label6 = Definición
|label6 = Definición
|data6 = é o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa [[existencia]], o [[coñecemento]], a [[verdade]], [[Valor (filosofía)|valores]] [[Ética|morais]] e [[Estética|estéticos]], para [[mente]] e para [[lingua]].
|data6 = é o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa [[existencia]], o [[coñecemento]], a [[verdade]], [[Valor (filosofía)|valores]] [[Ética|morais]] e [[Estética|estéticos]], para [[mente]] e para [[lingua]].
|label7 = Conñecida por
|label7 = Coñecida por
|data7 = estimular o pensamento lóxico e crítico
|data7 = estimular o pensamento lóxico e crítico
|label8 = Pretende
|label8 = Pretende
|data8 = construír [[Cosmovisión|concepcións globais do mundo]]
|data8 = construír [[Cosmovisión|concepcións globais do mundo]]
|label9 = Dividese en
|label9 = Divídese en
|data9 = [[Filosofía occidental]], [[Filosofía oriental]]
|data9 = [[Filosofía occidental]], [[Filosofía oriental]]
|label10 = Ramificacións
|label10 = Ramificacións
Liña 263: Liña 263:
* [[1716]] - Morte de [[Leibniz]].
* [[1716]] - Morte de [[Leibniz]].
* 1739-40 - [[David Hume]] publica o ''Tratado sobre a natureza humana'', levando o empirismo aos seus limites lóxicos.
* 1739-40 - [[David Hume]] publica o ''Tratado sobre a natureza humana'', levando o empirismo aos seus limites lóxicos.
* [[1781]] - [[Kant]], despertado do seu "soño dogmático" por Hume, publica a ''Crítica da razón pura''. Inicio da grande era da [[metafísica alemá]].
* [[1781]] - [[Kant]], espertado do seu "soño dogmático" por Hume, publica a ''Crítica da razón pura''. Inicio da grande era da [[metafísica alemá]].
* [[1807]] - [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] publica ''A fenomenoloxía do espírito'': apoxeo da metafísica alemá.
* [[1807]] - [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] publica ''A fenomenoloxía do espírito'': apoxeo da metafísica alemá.
* [[1818]] - [[Arthur Schopenhauer|Schopenhauer]] publica ''O mundo como vontade e representación''.
* [[1818]] - [[Arthur Schopenhauer|Schopenhauer]] publica ''O mundo como vontade e representación''.

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2019 ás 12:14

Filosofía
O pensador, de Auguste Rodin, representación clásica dun home inmerso nos seus pensamentos.
Orixe do nomeΦιλοσοφία, grego
OrixeGrecia antiga, séc. VII a.C., Tales de Mileto
Influenciasmitoloxía
Influenciadosarte, ciencia, política, dereito, ética, teoloxía, relixión
Persoeiros principaisHeráclito · Confucio · Demócrito · Sócrates · Platón · Aristóteles · Epicuro · Séneca · Plotino · Agostiño · Avicena · Averroes · Aquino · Escoto · Ockham · Machiavelli · Bacon · Descartes · Vico · Leibniz · Espinoza · Hobbes · Berkeley · Locke · Montesquieu · Hume · Rousseau · Voltaire · Burke · Kant · Hegel · Kierkegaard · Schopenhauer · Mill · Marx · Nietzsche · Peirce · Husserl ·
Definicióné o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa existencia, o coñecemento, a verdade, valores morais e estéticos, para mente e para lingua.
Coñecida porestimular o pensamento lóxico e crítico
Pretendeconstruír concepcións globais do mundo
Divídese enFilosofía occidental, Filosofía oriental
Ramificaciónsepistemoloxía, ontoloxía, ética, metafísica, filosofía social, filosofía política, estética, lóxica

A filosofía[1] (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría"[2][3]) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto[4] en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

A filosofía' busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Historia

Artigo principal: Historia da filosofía.

A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.

Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.

Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca do propio pensamento.

Orixes históricas

A Filosofía e profesións liberais

A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.

Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do ocio, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.

Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.

Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.

Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.

Os seus obxectos propios son:

  • Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía.
  • Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento.
  • Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
  • Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte.
  • Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.

Correntes e tópicos

Materialistas vs Idealistas

Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, e existe obxectiva e independentemente da existencia de seres cognoscentes capaces de percibilo. Os idealistas son aqueles que sosteñen que o mundo non ten existencia independente dos seres cognoscentes.

Filósofos

da Antigüidade

Presocráticos

Sofistas

do Clasicismo grego

Helénicos

Romanos

Medievais

Renacentistas

Modernos

Contemporáneos

Cronoloxía

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para filosofía.
  2. [en Infopédia [en liña]. Porto: Porto Editora, 2003-2014. [consultado 30 de xuño dp 2018]. Dispoñible en Internet: http://www.infopedia.pt/$filosofia]
  3. Priberam
  4. Teichman, J.; Evans, K. C. Philosophy: a beginner's guide. 3rd ed. Oxford: Blackwell.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Perez Carrasco, Francisco Javier e Rodríguez Álvarez, Manuel (1999). A filosofía, outra historia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-314-4. 

Outros artigos