Estatua da Liberdade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 118: Liña 118:
O 18 de febreiro de [[1879]], [[Frédéric Auguste Bartholdi|Bartholdi]] obtivo en Estados Unidos a [[patente]] para o monumento, co número D11.023.<ref>{{Cita web |url=http://www.s9.com/Biography/Bartholdi-Frederic-Auguste |título=Bartholdi, Frederic Auguste |dataacceso=24 de decembro de 2008 |autor=s9.com Biography |lingua=inglés}}</ref>
O 18 de febreiro de [[1879]], [[Frédéric Auguste Bartholdi|Bartholdi]] obtivo en Estados Unidos a [[patente]] para o monumento, co número D11.023.<ref>{{Cita web |url=http://www.s9.com/Biography/Bartholdi-Frederic-Auguste |título=Bartholdi, Frederic Auguste |dataacceso=24 de decembro de 2008 |autor=s9.com Biography |lingua=inglés}}</ref>


Esta patente describíaa nos seguintes termos:{{cita|a statue representing Liberty enlightening the world, the same consisting, essentially, of the draped female figure, with one arm upraised, bearing a torch, and while the other holds an inscribed tablet, and having upon the head a diadem, ...|col2=unha estatua que representa Liberdade que ilumina o mundo, que consiste, esencialmente, nunha figura feminina cuberta, cun brazo alzado, aguantando un facho, e mentres o outro sostén unha placa inscrita, e ten sobre a cabeza unha diadema, ...|U.S. Patent D11,023<ref>{{Cita web| url=http://patft.uspto.gov/netacgi/nph-Parser?patentnumber=D11023 |título=U.S. Patent D11,023 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | editor=United States Patent and Trademark Office |lingua=inglés}}</ref>}}
Esta patente describíaa nos seguintes termos:{{cita|a statue representing Liberty enlightening the world, the same consisting, essentially, of the draped female figure, with one arm upraised, bearing a torch, and while the other holds an inscribed tablet, and having upon the head a diadem, ...|col2=unha estatua que representa Liberdade que ilumina o mundo, que consiste, esencialmente, nunha figura feminina cuberta, cun brazo alzado, aguantando un facho, e mentres o outro sostén unha placa inscrita, e ten sobre a cabeza un diadema, ...|U.S. Patent D11,023<ref>{{Cita web| url=http://patft.uspto.gov/netacgi/nph-Parser?patentnumber=D11023 |título=U.S. Patent D11,023 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | editor=United States Patent and Trademark Office |lingua=inglés}}</ref>}}
A patente tamén especificaba que o rostro da estatua tiña "trazos clásicos, pero ao mesmo tempo atópase seria e tranquila" …,<ref>Texto orixinal da patente: «Classical, yet severe and calm, features».</ref> e que estaba "lixeiramente inclinada cara á esquerda para descansar sobre a perna esquerda, con toda a figura permanecendo en equilibrio".<ref>Texto orixinal da patente: «Thrown slightly over to the left so as to gravitate upon the left leg, the whole figure thus being in equilibrium.»</ref>
A patente tamén especificaba que o rostro da estatua tiña "trazos clásicos, pero ao mesmo tempo atópase seria e tranquila" …,<ref>Texto orixinal da patente: «Classical, yet severe and calm, features».</ref> e que estaba "lixeiramente inclinada cara á esquerda para descansar sobre a perna esquerda, con toda a figura permanecendo en equilibrio".<ref>Texto orixinal da patente: «Thrown slightly over to the left so as to gravitate upon the left leg, the whole figure thus being in equilibrium.»</ref>


=== Adquisición da illa ===
=== Adquisición da illa ===
A estatua atópase situada na [[illa da Liberdade]] no [[porto de Nova York]]. Orixinalmente a illa era coñecida como illa de Bedloe, e serviu como unha [[base militar]]. Nela aloxouse o forte Wood, un antigo bastión de [[artillería]] construído en [[granito]] e cuxos [[cimento]]s en forma de estrela de once puntas, serviron de base para a construción do zócolo da estatua.<ref>{{Cita web |título=Liberty's Statue |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=9805E6D81E3EEF33A25753C1A9669D94679FD7CF |editor=[[The New York Times]] |data=10/10/1886 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref> A elección do terreo e a súa obtención requiriron de varios pasos. En [[1887]], o [[Congreso dos Estados Unidos]] deu a súa aprobación para a construción da estatua e o xeneral [[William Tecumseh Sherman|W. T. Sherman]] foi nomeado para designar o terreo onde se construiría o monumento. Este escolleu como emprazamento a illa de Bedloe.<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/history/history/online_books/hh/11/hh11g.htm |título=Statue of Liberty |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |publicación=Historical Handbook Series No. 11 - Construction of the Pedestal |ano=1954 |autor=Benjamin Levine e Isabelle F. Story | dataacceso=24 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Quince anos antes da inauguración, Bartholdi xa previra a construción do monumento na illa de Bedloe, fascinado pola xuventude e promesas de liberdade desa nación e imaxinouna orientada cara ao seu continente de orixe, a [[Europa]] que acollía e ía continuar acollendo aos [[Inmigración|inmigrantes]].<ref>{{Cita web | editor=Histoire et Patrimoine | título=BARTHOLDI - un livre de Robert Belot et Daniel Bermond | ano=2007 | url=http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataacceso=10 de outubro de 2008 | lingua=francés | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090418060752/http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataarquivo=18 de abril de 2009 | urlmorta=si }}</ref> Non foi senón ata [[1956]], que o Congreso de Estados Unidos decidiu un cambio de nome da illa Bedloe polo de ''Liberty Island'', «Illa da liberdade».
A estatua atópase situada na [[illa da Liberdade]] no [[porto de Nova York]]. Orixinalmente a illa era coñecida como illa de Bedloe, e serviu como unha [[base militar]]. Nela aloxouse o forte Wood, un antigo bastión de [[artillería]] construído en [[granito]] e cuxos [[cimento]]s en forma de estrela de once puntas, serviron de base para a construción do zócolo da estatua.<ref>{{Cita web |título=Liberty's Statue |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=9805E6D81E3EEF33A25753C1A9669D94679FD7CF |editor=[[The New York Times]] |data=10/10/1886 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref> A elección do terreo e a súa obtención requiriron de varios pasos. En [[1887]], o [[Congreso dos Estados Unidos]] deu a súa aprobación para a construción da estatua e o xeneral [[William Tecumseh Sherman|W. T. Sherman]] foi nomeado para designar o terreo onde se construiría o monumento. Este escolleu como localización a illa de Bedloe.<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/history/history/online_books/hh/11/hh11g.htm |título=Statue of Liberty |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |publicación=Historical Handbook Series No. 11 - Construction of the Pedestal |ano=1954 |autor=Benjamin Levine e Isabelle F. Story | dataacceso=24 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Quince anos antes da inauguración, Bartholdi xa previra a construción do monumento na illa de Bedloe, fascinado pola xuventude e promesas de liberdade desa nación e imaxinouna orientada cara ao seu continente de orixe, a [[Europa]] que acollía e ía continuar acollendo aos [[Inmigración|inmigrantes]].<ref>{{Cita web | editor=Histoire et Patrimoine | título=BARTHOLDI - un livre de Robert Belot et Daniel Bermond | ano=2007 | url=http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataacceso=10 de outubro de 2008 | lingua=francés | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090418060752/http://www.histoire-et-patrimoine.com/bartholdi.html | dataarquivo=18 de abril de 2009 | urlmorta=si }}</ref> Non foi senón ata [[1956]], que o Congreso de Estados Unidos decidiu un cambio de nome da illa Bedloe polo de ''Liberty Island'', «Illa da liberdade».


O embaixador dos Estados Unidos en Francia, [[Levi P. Morton]], colocou o primeiro remache da construción da estatua en [[París]] o 24 de outubro de [[1881]].<ref>{{Cita web |título=Bartholdi's Statue of Liberty |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=980CEFDF113CEE3ABC4D51DFB667838A699FDE |editor=[[The New York Times]] |data=25/10/1881 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref>
O embaixador dos Estados Unidos en Francia, [[Levi P. Morton]], colocou o primeiro remache da construción da estatua en [[París]] o 24 de outubro de [[1881]].<ref>{{Cita web |título=Bartholdi's Statue of Liberty |url=http://query.nytimes.com/gst/abstract.html?res=980CEFDF113CEE3ABC4D51DFB667838A699FDE |editor=[[The New York Times]] |data=25/10/1881 |dataacceso=24 de decembro de 2010 | lingua=inglés}}</ref>
Liña 132: Liña 132:
A realización da inmensa base da estatua fora confiada por Bartholdi aos estadounidenses, mentres que os franceses asumiron a construción da estatua e a súa correspondente montaxe.
A realización da inmensa base da estatua fora confiada por Bartholdi aos estadounidenses, mentres que os franceses asumiron a construción da estatua e a súa correspondente montaxe.


A recadación de fondos para levar a cabo a construción da base en Estados Unidos, atopábase baixo a responsabilidade do [[Fiscal Xeral dos Estados Unidos|Fiscal Xeral]], William M. Evarts. Dado que a construción avanzaba moi lentamente, [[Joseph Pulitzer]] (famoso polo [[Premio Pulitzer|premio]] que leva o seu nome) aceptou pór a disposición dos responsables da construción as primeiras páxinas do ''[[New York World]]'', e levou a cabo unha gran campaña de publicidade para recadar fondos. O [[Prensa escrita|diario]] tamén foi utilizado para criticar as clases altas, mostrando a súa incapacidade para recadar os fondos necesarios, así como as clases medias, que contaban cos máis ricos para facelo.<ref name="historyculture">{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/historyculture/index.htm |título=History Culture |dataacceso=24 de decembro de 2010 |editor=National Park Service|lingua={{en}}}}</ref> As duras críticas do xornal tiveron un impacto positivo, fomentando aos doantes privados a incrementar as súas achegas e proporcionando ao mesmo tempo publicidade ao xornal, xa que se rexistraron uns 50.000 novos abonados durante este período.
A recadación de fondos para levar a cabo a construción da base en Estados Unidos, atopábase baixo a responsabilidade do [[Fiscal Xeral dos Estados Unidos|Fiscal Xeral]], William M. Evarts. Dado que a construción avanzaba moi lentamente, [[Joseph Pulitzer]] (famoso polo [[Premio Pulitzer|premio]] que leva o seu nome) aceptou pór á disposición dos responsables da construción as primeiras páxinas do ''[[New York World]]'', e levou a cabo unha gran campaña de publicidade para recadar fondos. O [[Prensa escrita|diario]] tamén foi utilizado para criticar as clases altas, mostrando a súa incapacidade para recadar os fondos necesarios, así como as clases medias, que contaban cos máis ricos para facelo.<ref name="historyculture">{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/historyculture/index.htm |título=History Culture |dataacceso=24 de decembro de 2010 |editor=National Park Service|lingua={{en}}}}</ref> As duras críticas do xornal tiveron un impacto positivo, fomentando aos doantes privados a incrementar as súas achegas e proporcionando ao mesmo tempo publicidade ao xornal, xa que se rexistraron uns 50.000 novos abonados durante este período.


Os fondos necesarios para a construción do soto deseñado polo [[arquitecto]] estadounidense [[Richard Morris Hunt]] e realizado polo [[enxeñeiro]] [[Charles Pomeroy Stone]], reuníronse en agosto de 1884. A primeira pedra do [[pedestal]] foi colocada o 5 de agosto de [[1884]], mentres que a base, na súa maioría composta por pedra de Kersanton, foi construída entre o 9 de outubro de 1883 e o 22 de agosto de 1886.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 348</ref>
Os fondos necesarios para a construción do soto deseñado polo [[arquitecto]] estadounidense [[Richard Morris Hunt]] e realizado polo [[enxeñeiro]] [[Charles Pomeroy Stone]], reuníronse en agosto de 1884. A primeira pedra do [[pedestal]] foi colocada o 5 de agosto de [[1884]], mentres que a base, na súa maioría composta por pedra de Kersanton, foi construída entre o 9 de outubro de 1883 e o 22 de agosto de 1886.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 348</ref>
Liña 138: Liña 138:
Cando se colocou a última pedra do monumento, os albaneis colleron varias moedas dos seus petos, e botáronas no [[Morteiro (construción)|morteiro]]. Os participantes na cerimonia deixaron as súas tarxetas de visita, medallas e xornais nun pequeno cofre de bronce, e depositárono no zócolo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 350</ref>
Cando se colocou a última pedra do monumento, os albaneis colleron varias moedas dos seus petos, e botáronas no [[Morteiro (construción)|morteiro]]. Os participantes na cerimonia deixaron as súas tarxetas de visita, medallas e xornais nun pequeno cofre de bronce, e depositárono no zócolo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Belot|Bermond|2004}} páx. 350</ref>


No corazón do bloque que compón a base, dúas series de vigas únena directamente coa estrutura interna deseñada por [[Alexandre Gustave Eiffel|Gustave Eiffel]] de maneira que a estatua forme un todo co seu pedestal. A pedra que compón a base da Estatua da Liberdade provén das [[:wikt:canteira|canteiras]] dunha aldea de [[Francia]], [[Euville]] no [[Mosa|departamento de Mosa]], famosa pola brancura da súa pedra e polas súas calidades de resistencia á [[erosión]] e á auga de mar.
No corazón do bloque que compón a base, dúas series de vigas únena directamente coa estrutura interna deseñada por [[Alexandre Gustave Eiffel|Gustave Eiffel]] de maneira que a estatua forme un todo co seu pedestal. A pedra que compón a base da Estatua da Liberdade provén das [[:wikt:canteira|canteiras]] dunha aldea de [[Francia]], [[Euville]] no [[Mosa|departamento de Mosa]], famosa pola brancura da súa pedra e polas súas calidades de resistencia á [[erosión]] e á auga do mar.


==== Travesía do Atlántico, ensamblaxe e inauguración ====
==== Travesía do Atlántico, ensamblaxe e inauguración ====
Liña 157: Liña 157:


;Sistema de iluminación
;Sistema de iluminación
O sistema de [[iluminación física|iluminación]] orixinal foi substituído varias veces por equipamentos máis modernos. En [[1916]] o presidente [[Woodrow Wilson]] inaugurou o primeiro sistema que cumpría coas expectativas iniciais de iluminación da estatua, consistente en douscentos corenta e seis proxectores, utilizando lámpadas incandescentes de 250 [[vatio|W]], situados nas puntas da estrela da base do monumento e outros puntos da illa, e quince de 500 W no facho. Posteriormente, en [[1931]] e [[1945]] intensificouse a iluminación anterior, engadíronse efectos máis vistosos e elimináronse sombras.
O sistema de [[iluminación física|iluminación]] orixinal foi substituído varias veces por equipamentos máis modernos. En [[1916]] o presidente [[Woodrow Wilson]] inaugurou o primeiro sistema que cumpría coas expectativas iniciais de iluminación da estatua, que consiste en douscentos corenta e seis proxectores, utilizando lámpadas incandescentes de 250 [[vatio|W]], situados nas puntas da estrela da base do monumento e outros puntos da illa, e quince de 500 W no facho. Posteriormente, en [[1931]] e [[1945]] intensificouse a iluminación anterior, engadíronse efectos máis vistosos e elimináronse sombras.


;Redeseño do facho
;Redeseño do facho
Liña 213: Liña 213:
Nun principio era posible visitar o interior da estatua. Os visitantes chegaban por [[transbordador]] á [[illa da Liberdade]], xeralmente desde [[Battery Park]], e tiñan a oportunidade de ascender a través da única escaleira de caracol no interior da estrutura metálica. Unhas trinta persoas podían ascender os 354 chanzos que conducen á cabeza da estatua e á súa coroa. Desde alí era posible apreciar unhas vistas do porto de Nova York, aínda que non o ''[[skyline]]'' de [[Manhattan]],<ref>Termo común que designa a liña do horizonte de [[Manhattan]], caracterizado particularmente polos seus numerosos [[rañaceos]].</ref> contrariamente á crenza popular. Isto explícase polo feito de que a cara da estatua está orientada cara ao [[océano Atlántico]] e [[Europa]], non cara ao leste. Ademais, a vista foi restrinxida parcialmente dado que as 25 fiestras da coroa son máis ben pequenas e a maior delas só ten 46 centímetros de altura. Cando a estatua estaba exposta ao sol, era frecuente que a temperatura dentro do monumento fose moi elevada. No entanto, isto non desanimaba os turistas, que debían esperar tres horas máis ou menos para acceder ao recinto da estatua, sen contar a espera no transbordador e no portelo de venda de billetes.
Nun principio era posible visitar o interior da estatua. Os visitantes chegaban por [[transbordador]] á [[illa da Liberdade]], xeralmente desde [[Battery Park]], e tiñan a oportunidade de ascender a través da única escaleira de caracol no interior da estrutura metálica. Unhas trinta persoas podían ascender os 354 chanzos que conducen á cabeza da estatua e á súa coroa. Desde alí era posible apreciar unhas vistas do porto de Nova York, aínda que non o ''[[skyline]]'' de [[Manhattan]],<ref>Termo común que designa a liña do horizonte de [[Manhattan]], caracterizado particularmente polos seus numerosos [[rañaceos]].</ref> contrariamente á crenza popular. Isto explícase polo feito de que a cara da estatua está orientada cara ao [[océano Atlántico]] e [[Europa]], non cara ao leste. Ademais, a vista foi restrinxida parcialmente dado que as 25 fiestras da coroa son máis ben pequenas e a maior delas só ten 46 centímetros de altura. Cando a estatua estaba exposta ao sol, era frecuente que a temperatura dentro do monumento fose moi elevada. No entanto, isto non desanimaba os turistas, que debían esperar tres horas máis ou menos para acceder ao recinto da estatua, sen contar a espera no transbordador e no portelo de venda de billetes.


Logo dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]], prohibiuse o acceso á [[illa da Liberdade]] ata decembro do mesmo ano e o acceso do público ao monumento non se permitiu ata o 3 de agosto de [[2004]].<ref name="reapertura">{{Cita web |url=http://www.elmundo.es/elmundo/2004/08/03/internacional/1091555163.html |título=La Estatua de la Libertad se reabre con nuevas medidas de seguridad |editor=[[El Mundo]] | data=3/8/2004 |dataacceso=25 de decmbro de 2010|lingua=castelán}}</ref> O acceso á coroa estivo pechado ata 2009. Durante oito anos, só a base da estatua e os 10 primeiros pisos estaban accesibles para os visitantes, a condición de que estes estean en posesión do ''Monument Access Pass'' (pase de acceso ao monumento). Xeralmente é posible obtelo tras unha reserva con, polo menos, dous días de antelación antes da visita, e mostralo antes de acceder ao transbordador. Con todo, aínda que o interior da estatua sexa inaccesible, unha nova plataforma con teito de vidro permite ver, alzando a vista, a estrutura interna realizada por [[Gustave Eiffel]]. Todos os visitantes que desexen acceder á illa da Liberdade son controlados antes de subir ao transbordador e novamente ao acceder á base do monumento, de forma similar a como se fai nos [[Aeroporto#Seguridade|aeroportos]].<ref name="reapertura" />
Logo dos [[atentados do 11 de setembro de 2001]], prohibiuse o acceso á [[illa da Liberdade]] ata decembro do mesmo ano e o acceso do público ao monumento non se permitiu ata o 3 de agosto de [[2004]].<ref name="reapertura">{{Cita web |url=http://www.elmundo.es/elmundo/2004/08/03/internacional/1091555163.html |título=La Estatua de la Libertad se reabre con nuevas medidas de seguridad |editor=[[El Mundo]] | data=3/8/2004 |dataacceso=25 de decmbro de 2010|lingua=castelán}}</ref> O acceso á coroa estivo pechado ata 2009. Durante oito anos, só a base da estatua e os 10 primeiros pisos estaban accesibles para os visitantes, baixo a condición de que estes estean en posesión do ''Monument Access Pass'' (pase de acceso ao monumento). Xeralmente é posible obtelo tras unha reserva con, polo menos, dous días de antelación antes da visita, e mostralo antes de acceder ao transbordador. Con todo, aínda que o interior da estatua sexa inaccesible, unha nova plataforma con teito de vidro permite ver, alzando a vista, a estrutura interna realizada por [[Gustave Eiffel]]. Todos os visitantes que desexen acceder á illa da Liberdade son controlados antes de subir ao transbordador e novamente ao acceder á base do monumento, de forma similar a como se fai nos [[Aeroporto#Seguridade|aeroportos]].<ref name="reapertura" />


O 4 de agosto de [[2006]], Fran P. Mainella, directora do [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]], nunha carta ao [[Congreso dos Estados Unidos|congresista]] por Nova York Anthony D. Weiner, declarou que a coroa e o interior da estatua permanecerían pechados indefinidamente. A carta indicaba que «a actual regulamentación dos accesos reflicte unha estratexia de dirección responsable cos mellores intereses de todos os nosos visitantes».<ref>{{Cita web | url=http://www.usatoday.com/news/nation/2006-08-09-statue-liberty-crown_x.htm |título=Statue of Liberty's crown to stay closed |editor=USA Today (publicando unha noticia da ''Associated Press'') | data=10/8/2006 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Con todo, nos últimos anos estanse producindo múltiples iniciativas para reabrir a estatua ao público e permitir o acceso á coroa. Así, no mesmo ano 2006, un proxecto de lei (S. 3597) tramitouse no [[Senado dos Estados Unidos|Senado]] propondo o seu acceso ao público,<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/cgi-bin/query/r?r109:@OR+(+@1(S.+3597)++) | título=Introduction of Bills and Joint Resolutions—(Senate—June 29, 2006) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=29/6/2006 | editor=Library of Congress Congressional Record | páxinas=p. S6786|lingua=inglés}}</ref> en xullo de 2007 propúxose unha medida similar na [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|Cámara de Representantes]],<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/home/gpoxmlc110/h2982_ih.xml | título=Save the Statue of Liberty Act (H.R.2982 — July 10, 2007) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=10/7/2007 | editor=Library of Congress Congressional Record|lingua=inglés}}</ref> e en xullo de 2008 xurdiron noticias sobre estudos do Servizo Nacional de Parques para reformar os accesos á estatua que permitan a entrada ao público.<ref>{{Cita web| url=http://www.nytimes.com/2008/07/05/nyregion/05statue.html |título=U.S. to Study Access to Liberty’s Crown |editor=[[The New York Times]] | data=5/7/2008 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> O 23 de xaneiro de 2009, [[Ken Salazar]], Secretario do Interior baixo a presidencia de [[Barack Obama]], declarou que estaba considerando a reapertura do acceso á coroa da Estatua aos turistas,<ref>{{Cita web | url=http://www.bloomberg.com/apps/news?pid=20601103&sid=axx38fOEUykM&refer=us | título=Salazar Visits Statue of Liberty, May Reopen Crown | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=23/1/2009 | editor=Bloomberg.com |lingua=inglés}}</ref> e o 8 de maio Salazar anunciou nunha entrevista nun programa televisivo que a coroa volveríase a abrir ao público o [[Día da Independencia dos Estados Unidos|4 de xullo]] de 2009.<ref>{{Cita web | url=http://today.msnbc.msn.com/id/30638151/ | título=Statue of Liberty will reopen on Fourth of July | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=8/5/2009 |lingua=inglés |editor=TODAY NBC News}}</ref> Finalmente o interior da estatua e o acceso á coroa reabríronse ao público o día anunciado, aínda que por motivos de seguridade o acceso quedou restrinxido a un máximo de 240 turistas ao día en grupos dun máximo de 10 persoas de cada vez.<ref>{{Cita web |autor=Matthew Price |título=Statue of Liberty crown reopens |data=4/7/2009 |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/8129338.stm |editor=BBC News |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=castelán}}</ref>
O 4 de agosto de [[2006]], Fran P. Mainella, directora do [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]], nunha carta ao [[Congreso dos Estados Unidos|congresista]] por Nova York Anthony D. Weiner, declarou que a coroa e o interior da estatua permanecerían pechados indefinidamente. A carta indicaba que «a actual regulamentación dos accesos reflicte unha estratexia de dirección responsable cos mellores intereses de todos os nosos visitantes».<ref>{{Cita web | url=http://www.usatoday.com/news/nation/2006-08-09-statue-liberty-crown_x.htm |título=Statue of Liberty's crown to stay closed |editor=USA Today (publicando unha noticia da ''Associated Press'') | data=10/8/2006 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> Con todo, nos últimos anos estanse producindo múltiples iniciativas para reabrir a estatua ao público e permitir o acceso á coroa. Así, no mesmo ano 2006, un proxecto de lei (S. 3597) tramitouse no [[Senado dos Estados Unidos|Senado]] propondo o seu acceso ao público,<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/cgi-bin/query/r?r109:@OR+(+@1(S.+3597)++) | título=Introduction of Bills and Joint Resolutions—(Senate—June 29, 2006) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=29/6/2006 | editor=Library of Congress Congressional Record | páxinas=p. S6786|lingua=inglés}}</ref> en xullo de 2007 propúxose unha medida similar na [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|Cámara de Representantes]],<ref>{{Cita web | url=http://thomas.loc.gov/home/gpoxmlc110/h2982_ih.xml | título=Save the Statue of Liberty Act (H.R.2982 — July 10, 2007) | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=10/7/2007 | editor=Library of Congress Congressional Record|lingua=inglés}}</ref> e en xullo de 2008 xurdiron noticias sobre estudos do Servizo Nacional de Parques para reformar os accesos á estatua que permitan a entrada ao público.<ref>{{Cita web| url=http://www.nytimes.com/2008/07/05/nyregion/05statue.html |título=U.S. to Study Access to Liberty’s Crown |editor=[[The New York Times]] | data=5/7/2008 |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=inglés}}</ref> O 23 de xaneiro de 2009, [[Ken Salazar]], Secretario do Interior baixo a presidencia de [[Barack Obama]], declarou que estaba considerando a reapertura do acceso á coroa da Estatua aos turistas,<ref>{{Cita web | url=http://www.bloomberg.com/apps/news?pid=20601103&sid=axx38fOEUykM&refer=us | título=Salazar Visits Statue of Liberty, May Reopen Crown | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=23/1/2009 | editor=Bloomberg.com |lingua=inglés}}</ref> e o 8 de maio Salazar anunciou nunha entrevista nun programa televisivo que a coroa volveríase a abrir ao público o [[Día da Independencia dos Estados Unidos|4 de xullo]] de 2009.<ref>{{Cita web | url=http://today.msnbc.msn.com/id/30638151/ | título=Statue of Liberty will reopen on Fourth of July | dataacceso=25 de decembro de 2010 |data=8/5/2009 |lingua=inglés |editor=TODAY NBC News}}</ref> Finalmente o interior da estatua e o acceso á coroa reabríronse ao público o día anunciado, aínda que por motivos de seguridade o acceso quedou restrinxido a un máximo de 240 turistas ao día en grupos dun máximo de 10 persoas de cada vez.<ref>{{Cita web |autor=Matthew Price |título=Statue of Liberty crown reopens |data=4/7/2009 |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/8129338.stm |editor=BBC News |dataacceso=25 de decembro de 2010|lingua=castelán}}</ref>
Liña 288: Liña 288:
''Brilla a benvida para todo o mundo; os seus tépedos ollos dominan<br />''
''Brilla a benvida para todo o mundo; os seus tépedos ollos dominan<br />''
''As cidades xemelgas que enmarcan o porto de aéreas pontes.<br />''
''As cidades xemelgas que enmarcan o porto de aéreas pontes.<br />''
''"¡Gardádevos, terras antigas, a vosa pompa lendaria!" grita ela.<br />''
''"Gardádevos, terras antigas, a vosa pompa lendaria!" grita ela.<br />''
''"¡Dádeme aos vosos rendidos, aos vosos pobres<br />''
''"Dádeme aos vosos rendidos, aos vosos pobres<br />''
''As vosas masas hacinadas anhelando respirar en liberdade<br />''
''As vosas masas amoreadas anhelando respirar en liberdade<br />''
''O desamparado refugallo das vosas rebosantes praias<br />''
''O desamparado refugallo das vosas rebordantes praias<br />''
''Enviádeme a estes, os desamparados, sacudidos polas tempestades a min<br />''
''Enviádeme a estes, os desamparados, sacudidos polas tempestades a min<br />''
''¡Eu elevo o meu faro detrás da porta dourada!"''
''Eu elevo o meu faro detrás da porta dourada!"''
|Emma Lazarus, 1883}}
|Emma Lazarus, 1883}}


Liña 300: Liña 300:
Debido á situación da [[illa da Liberdade]] na porción correspondente a [[Nova Jersey]] do [[río Hudson]], a titularidade da estatua non estivo exenta de controversia.
Debido á situación da [[illa da Liberdade]] na porción correspondente a [[Nova Jersey]] do [[río Hudson]], a titularidade da estatua non estivo exenta de controversia.


En [[1987]] o [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|representante]] [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|demócrata]] por Nova Jersey, Frank J. Guarini e Gerald McCann, que fora alcalde de [[Jersey City, Nova Jersey|Jersey City]], interpuxeron unha demanda contra a cidade de [[Nova York]], afirmando que Nova Jersey debería exercer dominio sobre a illa da Liberdade dada a súa situación na parte de Nova Jersey do río de Hudson. A illa, baixo xurisdición [[Goberno Federal dos Estados Unidos|federal]], atópase aproximadamente a 600 [[metro]]s de distancia da cidade de Jersey e a máis de tres [[quilómetro]]s da cidade de Nova York.<ref>{{Cita libro |nome= |apelido= |ligazónautor= |coautores= |título=New Jerseyans' Claim To Liberty Island Rejected |url=http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9B0DE3DE1E3FF935A35753C1A961948260 |cita=''The Supreme Court today refused to strip the Statue of Liberty of its status as a New Yorker. The Court, without comment, turned away a move by a two New Jerseyans to claim jurisdiction over the landmark for their state''. |publicación=[[Associated Press]] |editor=[[The New York Times]] |data=6/10/1987 |dataacceso=1 de novembro de 2008|lingua={{en}}}}</ref> A [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos|Corte Suprema]] decidiu non oír o caso, polo que o status legal existente das partes da illa que están sobre a auga non se alterou. Con todo, os dereitos ribeireños sobre toda a terra mergullada que rodea a estatua pertencen a Nova Jersey. As illas do porto de Nova York foron parte da cidade de Nova York desde a emisión en [[1664]] dos atípicos estatutos coloniais que crearon Nova Jersey,<ref>{{Cita web| url=http://avalon.law.yale.edu/subject_menus/statech.asp#nj |título=Colonial Charters, Grants and Related Documents |editor=Lillian Goldman Law Library - Yale Law School| publicación=The Avalon Proyect| dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref> que non fixaron, como é habitual, un límite no medio do río Hudson -aínda que a fronteira para os dereitos acuáticos foi fixada máis tarde ao medio da canle-.
En [[1987]] o [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|representante]] [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|demócrata]] por Nova Jersey, Frank J. Guarini e Gerald McCann, que fora alcalde de [[Jersey City, Nova Jersey|Jersey City]], interpuxeron unha demanda contra a cidade de [[Nova York]], afirmando que Nova Jersey debería exercer dominio sobre a illa da Liberdade dada a súa situación na parte de Nova Jersey do río de Hudson. A illa, baixo xurisdición [[Goberno Federal dos Estados Unidos|federal]], atópase aproximadamente a 600 [[metro]]s de distancia da cidade de Jersey e a máis de tres [[quilómetro]]s da cidade de Nova York.<ref>{{Cita libro |nome= |apelido= |ligazónautor= |coautores= |título=New Jerseyans' Claim To Liberty Island Rejected |url=http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9B0DE3DE1E3FF935A35753C1A961948260 |cita=''The Supreme Court today refused to strip the Statue of Liberty of its status as a New Yorker. The Court, without comment, turned away a move by a two New Jerseyans to claim jurisdiction over the landmark for their state''. |publicación=[[Associated Press]] |editor=[[The New York Times]] |data=6/10/1987 |dataacceso=1 de novembro de 2008|lingua={{en}}}}</ref> A [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos|Corte Suprema]] decidiu non oír o caso, polo que o status legal existente das partes da illa que están sobre a auga non se alterou. Con todo, os dereitos ribeiráns sobre toda a terra mergullada que rodea a estatua pertencen a Nova Jersey. As illas do porto de Nova York foron parte da cidade de Nova York desde a emisión en [[1664]] dos atípicos estatutos coloniais que crearon Nova Jersey,<ref>{{Cita web| url=http://avalon.law.yale.edu/subject_menus/statech.asp#nj |título=Colonial Charters, Grants and Related Documents |editor=Lillian Goldman Law Library - Yale Law School| publicación=The Avalon Proyect| dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref> que non fixaron, como é habitual, un límite no medio do río Hudson -aínda que a fronteira para os dereitos acuáticos foi fixada máis tarde ao medio da canle-.


O servizo federal de parques establece que a Estatua de Liberdade está na Illa da Liberdade, que é unha propiedade federal administrada polo [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]] e que, oficialmente, a illa está localizada dentro da xurisdición territorial do [[estado de Nova York]] debido a un pacto entre os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey que emitiu unha resolución sobre esta cuestión e que foi ratificada polo Congreso en [[1834]].<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/faqs.htm |título=Statue of Liberty FAQ |publicación=Is the Statue in New York or New Jersey? |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |data=16/6/2008 |dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref>
O servizo federal de parques establece que a Estatua de Liberdade está na Illa da Liberdade, que é unha propiedade federal administrada polo [[Servizo Nacional de Parques|Servizo de Parques Nacionais]] e que, oficialmente, a illa está localizada dentro da xurisdición territorial do [[estado de Nova York]] debido a un pacto entre os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey que emitiu unha resolución sobre esta cuestión e que foi ratificada polo Congreso en [[1834]].<ref>{{Cita web |url=http://www.nps.gov/stli/faqs.htm |título=Statue of Liberty FAQ |publicación=Is the Statue in New York or New Jersey? |editor=[[Servizo Nacional de Parques|National Park Service]] |data=16/6/2008 |dataacceso=26 de decembro de 2010|lingua={{en}}}}</ref>

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2019 ás 13:57

Estatua da Liberdade
A liberdade iluminando o mundo
Statue of Liberty
Liberty Enlightening the World
Estatua da Liberdade
Presentación
Nome localLiberty Enlightening the World
LocalizaciónIlla da Liberdade, Manhattan, río Hudson[1]
DirecciónNova York
Coordenadas40°41′21″N 74°2′40″O / 40.68917, -74.04444
Estruturapedra e ferro
Tipoestatua
ArrendatarioU.S. National Park Service
Uso(s)faro ata 1902,
cultural
DeclaraciónMonumento nacional dos Estados Unidos (1924)
Patrimonio da Humanidade (1984)
Construción
Inicio5 de agosto de 1884
Remate28 de outubro de 1886
Remodelación1938, 1984–1986, 2011–2012
Visitantes3.2 million (no 2009)[2]
Dimensións
Altura46 m
Altura máxima93 m.
Equipo
EscultorFrédéric Auguste Bartholdi
Enxeñeiro civilGustave Eiffel
Nova York
Estatua da Liberdade
Estatua da Liberdade
Localización da Estatua da Liberdade no estado de Nova York

«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultor[3] alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo. Para a construción da estrutura metálica interna da estatua, Bartholdi contou coa asistencia do enxeñeiro francés Gustave Eiffel[4], coñecido como autor da Torre Eiffel de París.

A estatua é dunha figura feminina vestida que representa a deusa romana Libertas que leva un facho na man dereita e unha tabula ansata (unha tableta que evoca a lei) na man esquerda sobre a cal está inscrita a data da Declaración Americana de Independencia, o 4 de xullo de 1776. A os seus pés atópase unha cadea rota.

A Estatua da Liberdade, ademais de ser un monumento importante na cidade de Nova York, converteuse nun símbolo en Estados Unidos e representa, nun plano máis xeral, a liberdade e emancipación con respecto á opresión. Desde a súa inauguración en 1886, a estatua foi a primeira visión que tiñan os inmigrantes europeos ao chegar a Estados Unidos tras a súa travesía polo océano Atlántico. En termos arquitectónicos, a estatua recorda o famoso Coloso de Rodas, unha das «sete marabillas do mundo». Foi nomeada para as «novas sete marabillas do mundo», onde resultou finalista. O nome asignado pola Unesco é «Monumento Nacional Estatua da Liberdade». Desde o 10 de xuño de 1933 encárgase da súa administración o National Park Service dos Estados Unidos.

O 15 de outubro de 1924, a estatua foi declarada como monumento nacional dos Estados Unidos e o 15 de outubro de 1965 engadiuse a illa Ellis. Desde 1984 está considerada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[4]

Historia

Agasallo para Estados Unidos

Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), deseñador da Estatua da Liberdade.

De acordo co Servizo Nacional de Parques, a idea da Estatua da Liberdade foi proposta por primeira vez polo xurista e político francés, autor de Paris en Amérique, Édouard René Lefebvre de Laboulaye (1811-1883) quen tivo a idea de que Francia ofrecese un agasallo aos Estados Unidos como un obsequio para a conmemoración do centenario da independencia estadounidense, como recordo da longa amizade entre ambos os países e para garantir a alianza franco-estadounidense. Nunha conversación con Laboulaye, o seu amigo o novo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi díxolle:

(en francés) (en galego)

je lutterai pour la liberté, j'en
appellerai aux peuples libres. Je tâcherai
de glorifier la République là-bas, en attendant
que je la retrouve un jour chez nous

Loitarei pola liberdade,
pedireillo aos pobos libres. Tratarei
de glorificar a República alí, ata que
a reencontre un día entre nós

Frédéric Auguste Bartholdi.[5]


Nesa época, Estados Unidos acababa de saír da guerra civil que durou desde 1861 ata 1865 e o país estaba no medio da reconstrución. Bartholdi foi contratado para deseñar unha estatua, que debería acabarse en 1876, data do centenario da independencia estadounidense. En 1870, Bartholdi tallou o primeiro esbozo en terracota e un modelo que non serviu,[6] que hoxe en día se atopa no Musée des Beaux-Arts de Lión. Ese mesmo ano, Francia entrou en guerra con Prusia e tivo que parar o proxecto. O 10 de maio de 1871, Francia tivo que ceder o territorio de Alsacia-Lorena ao Imperio Alemán. A opinión pública e o goberno francés sentíronse decepcionados pola simpatía dos Estados Unidos cara aos alemáns, que contaban cun número importante de residentes en chan estadounidense. O proxecto volveu ser parcialmente paralizado por mor dos problemas políticos da Terceira República, que aínda era considerada por moitos como un arranxo «temporal» e que tiñan a esperanza dun retorno da monarquía. A idea de ofrecer unha representación de liberdade nunha república irmá para Francia, alén do Atlántico, desempeñou un papel importante na loita polo mantemento da república francesa.

En xuño de 1871, Bartholdi viaxou aos Estados Unidos. Durante a viaxe, escolleu a illa de Bedloe, (chamada posteriormente a «illa da Liberdade») como localización da estatua e tamén tratou de conseguir seguidores alén do Atlántico. O 18 de xullo de 1871, reuniuse co presidente daquel entón Ulysses S. Grant, en Nova York.[7]

Modelos para a estatua

Elección da cara

Isabella Eugenie Boyer, posible inspiración do rostro da estatua. Foi a esposa de Isaac Singer.

Existen diversas hipóteses dos historiadores sobre o modelo que puido ser utilizado para determinar a cara da estatua, aínda que ningunha delas é realmente definitiva ata o momento.[8] Entre as posibles inspiracións para a cara da estatua atópase Isabella Eugenie Boyer, viúva do inventor millonario Isaac Singer. (1811-1875)[9]

Segundo outras fontes, Bartholdi inspirouse no rostro da súa nai, Charlotte Bartholdi (1801-1891), e é a hipótese máis considerada ata o presente.[10] A revista National Geographic apoiou esta posibilidade, indicando que o escultor nunca explicou nin desmentiu esta semellanza coa súa nai.[11] Outras versións sosteñen que Bartholdi querería reproducir o rostro dunha nena empolicada nunha barricada sostendo un facho, ao día seguinte do golpe de estado de Napoleón III.[12] Talvez simplemente realizou unha síntese de varias caras femininas, co fin de dar unha imaxe neutra e impersoal da Liberdade.

Inspiración no estranxeiro

Durante unha visita ao Exipto, Bartholdi tivo que facer un traballo na Canle de Suez. Este proxecto iniciouse baixo a dirección do empresario e diplomático francés Ferdinand de Lesseps, que posteriormente se converteu nun dos seus mellores amigos. Bartholdi imaxinou un gran faro, que se atoparía na entrada da canle, o cal sinalaría as rutas. O faro foi ideado como a imaxe con aparencia clásica (estola, sandalias, expresión facial) da deusa Libertas da mitoloxía romana, divindade da liberdade. Pretendíase que a luz do faro brillase a través dunha venda colocada ao redor da parte superior do faro, e xurdiu a idea dun facho mantido no aire, cara ao ceo. Barthold presentou o proxecto ao quediva Ismail Pasha en 1867 e novamente en 1869, pero o proxecto nunca foi aprobado[13] Os debuxos do proxecto titulado «Exipto leva a luz a Asia», aseméllanse en gran medida á Estatua da Liberdade, aínda que Bartholdi asegurou que o monumento de Nova York non era unha reutilización, senón unha obra orixinal.[6]

Detalles da estrutura

Planos da estatua, realizados en 1885.

Por mutuo acordo entre Francia e Estados Unidos, este último levaría a cabo a construción da base do monumento, mentres que Francia se encargaría da construción da estatua e da súa posterior ensamblaxe unha vez que as pezas se transportasen a chan estadounidense. Con todo, xurdiron problemas financeiros a ambos os dous lados do Atlántico.[14]

En Francia, a campaña para a promoción da estatua comezou no outono de 1875.[15] Foi a fundación en 1874 da chamada Unión Franco-Estadounidense, a que se fixo cargo de organizar a recadación de fondos para a construción do monumento. Todos os medios da época utilizáronse para ese propósito: artigos na prensa, espectáculos, banquetes, impostos, loterías etc. Varias cidades francesas,[16] o Consello Xeral, a cámara de comercio, o Gran Oriente de Francia e miles de particulares fixeron doazóns para a construción da estatua. Houbo un número total de 100.000 doadores.[17] Antes de que finalizase o ano 1875, os fondos ascendían a un total de 400.000 francos, pero o orzamento incrementouse posteriormente ata 1 000 000 de francos da época.[18] Non foi ata 1880 que se recolleron o total dos fondos en Francia. Mentres tanto, nos Estados Unidos, fixéronse presentacións teatrais, exposicións de arte, poxas, así como combates de boxeo profesional para recadar fondos para a construción.

Mentres tanto, en Francia, Bartholdi buscou un enxeñeiro para que se encargase do deseño da estrutura interna da estatua, en cobre. Gustave Eiffel foi contratado para levar a cabo devandita labor, ademais de crear unha torre interna que soportase a estatua e deseñar un esqueleto secundario interno que permitise que a «pel» de cobre se mantivese en posición vertical. As pezas de cobre foron construídas nos talleres da empresa Gaget-Gauthier, en 1878. Os ferros de cobre foron unha doazón de Pierre-Eugene Secrétan. Os traballos de precisión encargáronse ao enxeñeiro Maurice Koechlin, home de confianza de Eiffel, co que tamén traballara na construción da Torre Eiffel.[19]

Bartholdi tiña a esperanza de que a estatua estaría completada e montada para o 4 de xullo de 1876, data do centenario da independencia de Estados Unidos. Houbo unha demora no inicio da construción e, a continuación, algúns problemas durante o período de construción atrasaron a obra: o xeso da man rompeu en marzo de 1876.[20] Esta última, con parte do brazo, expúxose en setembro de 1876 na Exposición do Centenario de Filadelfia.[21] Os visitantes puideron subir unha escaleira que conducía ao balcón situado ao redor do facho pagando só 50 centavos. Fotografías, carteis e modelos da estatua foron vendidos durante a exposición. O diñeiro recadado usouse para completar os traballos. Dous anos máis tarde, en xuño de 1878, a cabeza da estatua foi mostrada ao público nos xardíns do Campo de Marte con ocasión da Exposición Universal de París,[22] onde os visitantes podían entrar na cabeza e subir ata a coroa usando unha escaleira de 43 metros.[23]

Patente da estatua

A patente da estatua, obtida por Bartholdi en 1879.

O 18 de febreiro de 1879, Bartholdi obtivo en Estados Unidos a patente para o monumento, co número D11.023.[24]

Esta patente describíaa nos seguintes termos:

a statue representing Liberty enlightening the world, the same consisting, essentially, of the draped female figure, with one arm upraised, bearing a torch, and while the other holds an inscribed tablet, and having upon the head a diadem, ...
unha estatua que representa Liberdade que ilumina o mundo, que consiste, esencialmente, nunha figura feminina cuberta, cun brazo alzado, aguantando un facho, e mentres o outro sostén unha placa inscrita, e ten sobre a cabeza un diadema, ...
U.S. Patent D11,023[25]

A patente tamén especificaba que o rostro da estatua tiña "trazos clásicos, pero ao mesmo tempo atópase seria e tranquila" …,[26] e que estaba "lixeiramente inclinada cara á esquerda para descansar sobre a perna esquerda, con toda a figura permanecendo en equilibrio".[27]

Adquisición da illa

A estatua atópase situada na illa da Liberdade no porto de Nova York. Orixinalmente a illa era coñecida como illa de Bedloe, e serviu como unha base militar. Nela aloxouse o forte Wood, un antigo bastión de artillería construído en granito e cuxos cimentos en forma de estrela de once puntas, serviron de base para a construción do zócolo da estatua.[28] A elección do terreo e a súa obtención requiriron de varios pasos. En 1887, o Congreso dos Estados Unidos deu a súa aprobación para a construción da estatua e o xeneral W. T. Sherman foi nomeado para designar o terreo onde se construiría o monumento. Este escolleu como localización a illa de Bedloe.[29] Quince anos antes da inauguración, Bartholdi xa previra a construción do monumento na illa de Bedloe, fascinado pola xuventude e promesas de liberdade desa nación e imaxinouna orientada cara ao seu continente de orixe, a Europa que acollía e ía continuar acollendo aos inmigrantes.[30] Non foi senón ata 1956, que o Congreso de Estados Unidos decidiu un cambio de nome da illa Bedloe polo de Liberty Island, «Illa da liberdade».

O embaixador dos Estados Unidos en Francia, Levi P. Morton, colocou o primeiro remache da construción da estatua en París o 24 de outubro de 1881.[31]

Etapa final de construción e montaxe

Base

Proceso de construción da base.

A realización da inmensa base da estatua fora confiada por Bartholdi aos estadounidenses, mentres que os franceses asumiron a construción da estatua e a súa correspondente montaxe.

A recadación de fondos para levar a cabo a construción da base en Estados Unidos, atopábase baixo a responsabilidade do Fiscal Xeral, William M. Evarts. Dado que a construción avanzaba moi lentamente, Joseph Pulitzer (famoso polo premio que leva o seu nome) aceptou pór á disposición dos responsables da construción as primeiras páxinas do New York World, e levou a cabo unha gran campaña de publicidade para recadar fondos. O diario tamén foi utilizado para criticar as clases altas, mostrando a súa incapacidade para recadar os fondos necesarios, así como as clases medias, que contaban cos máis ricos para facelo.[32] As duras críticas do xornal tiveron un impacto positivo, fomentando aos doantes privados a incrementar as súas achegas e proporcionando ao mesmo tempo publicidade ao xornal, xa que se rexistraron uns 50.000 novos abonados durante este período.

Os fondos necesarios para a construción do soto deseñado polo arquitecto estadounidense Richard Morris Hunt e realizado polo enxeñeiro Charles Pomeroy Stone, reuníronse en agosto de 1884. A primeira pedra do pedestal foi colocada o 5 de agosto de 1884, mentres que a base, na súa maioría composta por pedra de Kersanton, foi construída entre o 9 de outubro de 1883 e o 22 de agosto de 1886.[33]

Cando se colocou a última pedra do monumento, os albaneis colleron varias moedas dos seus petos, e botáronas no morteiro. Os participantes na cerimonia deixaron as súas tarxetas de visita, medallas e xornais nun pequeno cofre de bronce, e depositárono no zócolo.[34]

No corazón do bloque que compón a base, dúas series de vigas únena directamente coa estrutura interna deseñada por Gustave Eiffel de maneira que a estatua forme un todo co seu pedestal. A pedra que compón a base da Estatua da Liberdade provén das canteiras dunha aldea de Francia, Euville no departamento de Mosa, famosa pola brancura da súa pedra e polas súas calidades de resistencia á erosión e á auga do mar.

Travesía do Atlántico, ensamblaxe e inauguración

Parte superior da estatua no taller.

As distintas partes da estatua foron terminadas en Francia en xullo de 1884. A estatua recibiu ata entón múltiples visitas, como a do presidente da república francesa Jules Grévy e o escritor Victor Hugo.[35] O desmantelamento comezou en xaneiro de 1885.

A estatua foi enviada a Ruán en tren, logo baixou o río Sena en barco, antes de chegar ao porto de Le Havre. O monumento chegou a Nova York o 17 de xuño de 1886, a bordo da fragata francesa Isère, e recibiu unha acollida triunfal por parte dos neoiorquinos.[36] Para facer posible a travesía polo Atlántico, a estatua foi desmantelada en 350 pezas, divididas en 214 caixas, tendo en conta que o brazo dereito e a súa chama estaban xa presentes en chan estadounidense, onde foran expostos na Exposición do Centenario de Filadelfia e logo en Nova York. 36 caixas foron reservadas para as porcas, os remaches e os parafusos necesarios para a ensambladura.[37] Unha vez chegada ao seu destino, a estatua foi ensamblada en catro meses, sobre o seu novo pedestal. As diferentes pezas foron unidas por remaches de cobre e o vestido permitiu resolver os problemas de dilatación.[38]

O 28 de outubro de 1886, a Estatua da Liberdade foi inaugurada en presenza do presidente estadounidense da época, Grover Cleveland, antigo gobernador do estado de Nova York, diante de 600 invitados e milleiros de espectadores.[39] Frédéric Desmons, por entón vicepresidente do Senado, representou a Francia durante a inauguración.[40] e numerosos francmasóns estaban tamén presentes. O monumento representaba así un agasallo que celebraba o centenario da independencia estadounidense, aínda que entregado con dez anos de atraso. O éxito do monumento creceu rapidamente: nas dúas semanas que seguiron á inauguración, preto de 20.000 persoas presentáronse para admiralo.[41] A asistencia ao sitio pasou de 88.000 visitantes ao ano, a un millón en 1964 e a tres millóns en 1987.[42] Hoxe en día recibe ao redor de 3,2 millóns de persoas ao ano.[43]

Período como faro en Nova York

A estatua funcionou como faro entre a data da súa montaxe e o ano 1902.[44] Naquela época, a «U.S. Lighthouse board» estaba encargada de asegurar o seu funcionamento. Asignouse un gardián do faro á estatua e o poder do seu feixe luminoso era tal, que era visible a unha distancia de 39 quilómetros.[44] Instalouse un xerador eléctrico na illa co fin de fornecer potencia á estrutura.

Evolución da estatua

Renovacións e reformas

Desde a súa inauguración en 1886, o monumento experimentou múltiples renovacións e reformas:[45]

Sistema de iluminación

O sistema de iluminación orixinal foi substituído varias veces por equipamentos máis modernos. En 1916 o presidente Woodrow Wilson inaugurou o primeiro sistema que cumpría coas expectativas iniciais de iluminación da estatua, que consiste en douscentos corenta e seis proxectores, utilizando lámpadas incandescentes de 250 W, situados nas puntas da estrela da base do monumento e outros puntos da illa, e quince de 500 W no facho. Posteriormente, en 1931 e 1945 intensificouse a iluminación anterior, engadíronse efectos máis vistosos e elimináronse sombras.

Redeseño do facho

Xunto co proxecto de mellora da iluminación de 1916, o facho, que era inicialmente de cobre, foi reformado utilizando un total de 600 pezas individuais de vitral de cor amarela para realzar e embelecer os efectos luminosos ao acenderse. Este traballo foi executado por Gutzon Borglum, coñecido polas súas colosais esculturas do Monte Rushmore. Tamén aumentouse a potencia luminosa do facho. O 30 de xullo dese mesmo ano, debido a un acto de sabotaxe coñecido como Explosión Black Tom, o acceso ao facho foi oficialmente clausurado.[32][46]

Ascensor e calefacción

Aínda que cando se iniciou a construción da base xa se previu a instalación dun ascensor no seu interior, o primeiro non foi instalado ata 1908-9. Con posterioridade substituíuse por un máis moderno en 1931.

En 1949 instalouse un sistema de calefacción na base da estatua. Antes desta mellora, durante os meses de inverno, a enorme masa da base (unhas 48.000 toneladas) fíxose cada vez máis fría, e cando en marzo o aire exterior facíase máis quente producíase unha condensación que impregnaba as paredes e que prexudicaba a estrutura e as súas instalacións. Por outra banda, a calefacción, ademais de solucionar os problemas de arrefriado e condensación na base, engadía un maior confort aos empregados e visitantes.

Melloras estruturais

En 1937 substituíronse varias plataformas e escaleiras no pedestal da estatua. Procedeuse a unha inspección da estrutura e os ferros de cobre da estatua, desde o facho ata as vigas sobre as que se apoia a estrutura. O soporte de ferro foi substituído nas seccións onde se oxidara, e os remaches que se soltaran cambiáronse por uns novos e os marcos da coroa da cabeza foron reconstruídos cuns novos de ferro. Non se efectuaron reformas na escaleira en espiral do interior da estatua.

Obras de restauración durante os anos 1980

A Estatua da Liberdade foi un dos primeiros monumentos que se beneficiaron do que en Estados Unidos se coñéce como unha campaña de cause mercadotecnia.[47] En efecto, en 1983, o monumento foi o centro dunha operación de promoción levada a cabo por American Express, que pretendía recadar fondos para manter e renovar o edificio. Acordouse que cada compra realizada cunha tarxeta American Express levaría unha doazón dun centavo de dólar por parte da empresa bancaria. A campaña permitiu así reunir 1,7 millóns de dólares. En 1984, a estatua foi pechada co fin de que uns traballos, por un importe total de 62 millóns de dólares, puidesen ser levados a cabo con ocasión do seu centenario. O presidente de Chrysler, Lee Iacocca, foi nomeado polo presidente Ronald Reagan para encabezar a comisión encargada da supervisión das obras (aínda que foi destituído posteriormente para «evitar calquera dúbida sobre un posible conflito de intereses»).[48]

O facho orixinal, substituído en 1986.

Os obreiros encargados dos traballos levantaron unha estada ao redor do edificio, ocultando á vista o monumento ata a cerimonia do centenario, o 4 de xullo de 1986. Os traballos no interior da estrutura comezaron co emprego de nitróxeno líquido co fin de quitar as diferentes capas de pintura aplicadas ao armazón de cobre durante varias décadas.[49] Unha vez eliminadas estas capas de pintura, non quedou máis que a base orixinal de alcatrán que servía para tapar buracos e evitar a corrosión. O alcatrán foi á súa vez eliminado utilizando bicarbonato sódico, sen que a estrutura de cobre sufrise ningún dano. Os buracos máis grandes no cobre foron puídos, antes de ser recubertos por novas plaquetas.

Cada unha das 1.350 costelas de ferro que sostiñan a «pel» debeu ser retirada e logo substituída. O ferro sufrira unha forte corrosión galvánica en todas as partes onde estaba en contacto coa pel de cobre, perdendo ata a metade do seu grosor. Bartholdi anticipara este fenómeno e previra unha combinación de amianto/brea para separar ambos os metais, pero o illamento deteriorouse décadas antes. Novas barras de aceiro inoxidable modeladas substituíron as barras de ferro, cunha película de teflón separándoas do cobre para un mellor illamento e unha redución da fricción.[50]

A estrutura interna do brazo dereito (o que mantén erguido sostendo o facho) foi reconstruída. No momento da construción da estatua, o brazo fora desprazado 46 centímetros á dereita e cara a adiante con relación á estrutura central de Eiffel, mentres que a cabeza fora desprazada 0,61 cm á esquerda, o que estivera pondo en perigo o armazón. Crese que Bartholdi tomaría esta decisión sen consentimento de Eiffel logo de ver que o brazo e a cara estaban demasiado próximos. Os enxeñeiros consideraron os traballos de reforzo de 1937 como insuficientes, e engadiron unha suxeición diagonal en 1984 e 1986 para facer o brazo estruturalmente máis sólido.

O facho que sostén na súa man a estatua non é o que enarboraba no momento da súa inauguración en 1886. Durante estas obras de restauración foi substituído por un novo facho recuberto con láminas de ouro, que é iluminado por lámpadas colocadas sobre o balcón que o rodea. En 1985, para renovar o facho da estatua, os Estados Unidos acudiron a unha empresa de Bezannes, preto de Reims, onde traballan artesáns expertos en artesanía do ferro de obras de arte. Un equipo de Reims substituíu o vello facho, corroído polo óxido, por un novo. O antigo facho exponse actualmente no museo situado no vestíbulo do monumento.

Ademais da substitución da maior parte do ferro do armazón interno con aceiro inoxidable e o reforzo estrutural da propia estatua, a restauración de mediados dos anos 1980 tamén incluíu a renovación da escaleira de ferro interna, a substitución do ascensor situado no interior da base por un máis moderno e a mellora dos sistemas de control de clima.

A Estatua de Liberdade reabriuse ao público o 5 de xullo de 1986, durante a celebración do Liberty Weekend.

A celebración do centenario da estatua

Estatua da Liberdade
The Statue of Liberty
Illa da Liberdade
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Localización40°41′21″N 74°02′40″O / 40.68917, -74.04444
TipoCultural
CriteriosIV
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador307

A Estatua da Liberdade foi inaugurada o 28 de outubro de 1886, declarada Monumento Nacional estadounidense o 15 de outubro de 1924,[51] e confiada a súa administración ao National Park Service|Servizo de Parques Nacionais o 10 de xuño de 1933. En 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade. En 1986, a celebración do centenario da Estatua da Liberdade consistiu en catro días de festividades que se denominaron «Liberty Weekend».[52] As celebracións comezaron o 3 de xullo cunha cerimonia de apertura en Governors Island e finalizaron o 6 de xullo no Giants Stadium de Nova York. Estes catro días de festas marcaron o fin das obras de restauración do monumento levadas a cabo desde principios dos anos 1980, baixo a tutela da fundación Statue of Liberty-Ellis Island. Estas obras, nas cales as achegas da empresa Chrysler tiveron un papel predominante, terminaron xusto a tempo para a cerimonia do centenario do monumento, onde se rendeu homenaxe á estatua ao longo do Liberty Weekend.

O presidente Ronald Reagan xunto á súa dona, pronunciando un discurso durante o Liberty Weekend, o 4 de xullo de 1986.

A cerimonia inaugural, celebrada o xoves 3 de xullo, tivo como invitado de honra ao por entón presidente da república francesa François Mitterrand e atraeu a numerosos personaxes do espectáculo, como Gregory Peck ou Elizabeth Taylor. O presidente estadounidense Ronald Reagan pronunciou un discurso onde destacou a amizade entre Francia e os Estados Unidos e fixo unha mención cara aos traballadores que levaron a cabo os traballos de restauración. A continuación descubriu de novo a estatua (tapada desde o inicio das obras), e pronunciou un segundo discurso no momento de acender o facho da estatua, tras o despregamento duns fogos artificiais. Despois levaronse a cabo varias actuacións a cargo de Neil Diamond, Frank Sinatra ou Mikhail Baryshnikov, entre outros. Para rematar entregouse a «Medalla da Liberdade» a destacadas personalidades que, aínda que non naceron no país, adquiriron a cidadanía estadounidense: Henry Kissinger, Ieoh Ming Pei, Irving Berlin, Hanna Holborn Gray, Kenneth Clark, Elie Wiesel, Albert Sabin, James Reston, An Wang, Itzhak Perlman, Franklin Chang-Díaz e Bob Hope.[52]

O 4 de xullo, día da festa nacional estadounidense, durante a mañá celebrouse, co presidente Reagan na cuberta do acoirazado USS Iowa, unha revista naval de barcos de guerra e grandes veleiros no río Hudson, composta por 33 buques de 14 nacións. Pola noite celebrouse un concerto coa participación do compositor John Williams. Á mañá seguinte, a esposa do presidente, Nancy Reagan pronunciou un discurso que marcaba a reapertura oficial da estatua ao público, e pola tarde, celebrouse unha ópera en Central Park. O 6 de xullo, a cerimonia de clausura celebrouse no Giants Stadium situado en Nova Jersey (que, xeograficamente, atópase máis próximo á estatua).[52]

As consecuencias dos atentados do 11 de setembro de 2001

A Estatua da Liberdade e, en segundo plano, as «torres xemelgas» do World Trade Center antes de derrubarse.

Nun principio era posible visitar o interior da estatua. Os visitantes chegaban por transbordador á illa da Liberdade, xeralmente desde Battery Park, e tiñan a oportunidade de ascender a través da única escaleira de caracol no interior da estrutura metálica. Unhas trinta persoas podían ascender os 354 chanzos que conducen á cabeza da estatua e á súa coroa. Desde alí era posible apreciar unhas vistas do porto de Nova York, aínda que non o skyline de Manhattan,[53] contrariamente á crenza popular. Isto explícase polo feito de que a cara da estatua está orientada cara ao océano Atlántico e Europa, non cara ao leste. Ademais, a vista foi restrinxida parcialmente dado que as 25 fiestras da coroa son máis ben pequenas e a maior delas só ten 46 centímetros de altura. Cando a estatua estaba exposta ao sol, era frecuente que a temperatura dentro do monumento fose moi elevada. No entanto, isto non desanimaba os turistas, que debían esperar tres horas máis ou menos para acceder ao recinto da estatua, sen contar a espera no transbordador e no portelo de venda de billetes.

Logo dos atentados do 11 de setembro de 2001, prohibiuse o acceso á illa da Liberdade ata decembro do mesmo ano e o acceso do público ao monumento non se permitiu ata o 3 de agosto de 2004.[54] O acceso á coroa estivo pechado ata 2009. Durante oito anos, só a base da estatua e os 10 primeiros pisos estaban accesibles para os visitantes, baixo a condición de que estes estean en posesión do Monument Access Pass (pase de acceso ao monumento). Xeralmente é posible obtelo tras unha reserva con, polo menos, dous días de antelación antes da visita, e mostralo antes de acceder ao transbordador. Con todo, aínda que o interior da estatua sexa inaccesible, unha nova plataforma con teito de vidro permite ver, alzando a vista, a estrutura interna realizada por Gustave Eiffel. Todos os visitantes que desexen acceder á illa da Liberdade son controlados antes de subir ao transbordador e novamente ao acceder á base do monumento, de forma similar a como se fai nos aeroportos.[54]

O 4 de agosto de 2006, Fran P. Mainella, directora do Servizo de Parques Nacionais, nunha carta ao congresista por Nova York Anthony D. Weiner, declarou que a coroa e o interior da estatua permanecerían pechados indefinidamente. A carta indicaba que «a actual regulamentación dos accesos reflicte unha estratexia de dirección responsable cos mellores intereses de todos os nosos visitantes».[55] Con todo, nos últimos anos estanse producindo múltiples iniciativas para reabrir a estatua ao público e permitir o acceso á coroa. Así, no mesmo ano 2006, un proxecto de lei (S. 3597) tramitouse no Senado propondo o seu acceso ao público,[56] en xullo de 2007 propúxose unha medida similar na Cámara de Representantes,[57] e en xullo de 2008 xurdiron noticias sobre estudos do Servizo Nacional de Parques para reformar os accesos á estatua que permitan a entrada ao público.[58] O 23 de xaneiro de 2009, Ken Salazar, Secretario do Interior baixo a presidencia de Barack Obama, declarou que estaba considerando a reapertura do acceso á coroa da Estatua aos turistas,[59] e o 8 de maio Salazar anunciou nunha entrevista nun programa televisivo que a coroa volveríase a abrir ao público o 4 de xullo de 2009.[60] Finalmente o interior da estatua e o acceso á coroa reabríronse ao público o día anunciado, aínda que por motivos de seguridade o acceso quedou restrinxido a un máximo de 240 turistas ao día en grupos dun máximo de 10 persoas de cada vez.[61]

O acceso ao público volveu pecharse por completo o 9 de agosto de 2010 para acometer unhas obras de instalación de novas escaleiras a proba de incendios, ascensores e saídas de urxencia, cun orzamento de 26 millóns de dólares. Esta intervención, que xa estaba planificada, acelerouse tras unha falsa alarma de incendio en xullo, que puxo de manifesto a insuficiencia da escaleira de caracol como única saída de urxencia existente.

A estatua, incluíndo o pedestal e a base, pechou o 29 de outubro de 2011 (o día logo das celebracións para conmemorar o 125 aniversario da estatua), para a instalación de novos ascensores e escaleiras, e para poñer outras instalacións, tales como baños, segundo normas vixentes nos EEUU.

Só un día logo da reapertura, o 28 de outubro de 2012,[1][62] a estatua debido aos efectos do furacán Sandy tivo que ser pechada de novo. A estatua en si non sufriu danos, pero si sufriron danos parte das infraestruturas da illa da Liberdade e da illa Ellis, danando gravemente o peirao utilizado polos transbordadores que levan os visitantes á estatua. Debido á falta de electricidade na Illa da Liberdade, un xerador foi instalado para alimentar focos temporais para iluminar a estatua pola noite. A renovación durou ata o verán seguinte, a estatua e a illa da Liberdade volveron abrir ao público o 4 de xullo de 2013.[63]

Descrición e simboloxía

Helios, personificación do Sol da Antigüidade. Detalle dun sarcófago romano do século iii. Os raios do seu diadema recordan os da Estatua da Liberdade.

A estatua representa unha muller en posición vertical, vestida cunha especie de estola ampla e na súa cabeza ten unha coroa con sete picos, que simbolizan os sete continentes e os sete mares.[64]. Hai 25 fiestras na coroa que representan xemas atopadas sobre a terra e os raios do ceo que brillan sobre o mundo.[64] O diadema recorda o que portaba Helios, personificación do Sol na mitoloxía grega. Bartholdi optou pola coroa, e non se decidiu polo gorro frixio, símbolo de liberdade desde a Antigüidade. A estatua brande na súa man dereita un facho aceso, mantido no alto. O facho remítenos ao século das luces, aínda que algúns o consideran un símbolo francmasón.[65] Na súa man esquerda sostén unha táboa, que suxeita preto do seu corpo. A táboa evoca a lei ou o dereito, e ten gravada a data da firma da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, escrita en números romanos: JULY IV MDCCLXXVI.

A Estatua da Liberdade e a Illa da Liberdade vistas desde o mar.

A estrutura está recuberta cunha fina capa de cobre, que repousa sobre un grande armazón de aceiro inoxidable (que inicialmente era de ferro), fóra da chama, que está recuberta con láminas de ouro. A estrutura repousa sobre unha base de forma cadrada, que á súa vez se apoia sobre un primeiro zócolo en forma de estrela irregular de once puntas. A altura da Estatua da Liberdade é de 46 metros, e alcanza os 93 metros desde o chan ata o facho.[66] Ao pé da estrutura atópanse cadeas rotas que simbolizan a liberdade. A estatua está orientada cara ao leste, é dicir cara a Europa, coa que os Estados Unidos comparten pasado e valores.

A coloración verde da estatua é por mor de reaccións químicas, que produciron sales de cobre e lle deron a súa actual cor. A maior parte das estatuas de cobre situadas en exteriores, salvo que se tomen medidas adicionais, acaban adquirindo finalmente este ton tras un proceso chamado patinación.[67]

Na base do monumento, unha placa de bronce leva gravada unha parte (o final) do soneto da poetisa estadounidense Emma Lazarus titulado «The New Colossus» (O novo coloso). A placa de bronce non estaba cando se inaugurou, senón que se engadiu en 1903.[68] A continuación móstrase a parte do poema que está inscrito na placa, e a súa tradución ao galego:

THE NEW COLOSSUS

Not like the brazen giant of Greek fame,
With conquering limbs astride from land to land;
Here at our sea-washed, sunset gates shall stand
A mighty woman with a torch, whose flame
Is the imprisoned lightning, and her name
Mother of Exiles. From her beacon-hand
Glows world-wide welcome; her mild eyes command
The air-bridged harbor that twin cities frame.
"Keep, ancient lands, your storied pomp!" cries she
With silent lips. "Give me your tired, your poor,
Your huddled masses yearning to breathe free,
The wretched refuse of your teeming shore.
Send these, the homeless, tempest-tossed to me,

I lift my lamp beside the golden door!"
O NOVO COLOSO

Non como o mítico xigante grego de bronce,
De membros conquistadores ao carricho de terra a terra;
Aquí nas nosas portas do ocaso bañadas polo mar erguerase
Unha poderosa muller cun facho cuxa chama
É o lóstrego aprisionado, e o seu nome
Nai dos Desterrados. Desde o faro da súa man
Brilla a benvida para todo o mundo; os seus tépedos ollos dominan
As cidades xemelgas que enmarcan o porto de aéreas pontes.
"Gardádevos, terras antigas, a vosa pompa lendaria!" grita ela.
"Dádeme aos vosos rendidos, aos vosos pobres
As vosas masas amoreadas anhelando respirar en liberdade
O desamparado refugallo das vosas rebordantes praias
Enviádeme a estes, os desamparados, sacudidos polas tempestades a min

Eu elevo o meu faro detrás da porta dourada!"
Emma Lazarus, 1883

Nova York ou Nova Jersey?

Plano coa localización da estatua, onde se aprecia que a illa da Liberdade se atopa máis próxima a Nova Jersey.

Debido á situación da illa da Liberdade na porción correspondente a Nova Jersey do río Hudson, a titularidade da estatua non estivo exenta de controversia.

En 1987 o representante demócrata por Nova Jersey, Frank J. Guarini e Gerald McCann, que fora alcalde de Jersey City, interpuxeron unha demanda contra a cidade de Nova York, afirmando que Nova Jersey debería exercer dominio sobre a illa da Liberdade dada a súa situación na parte de Nova Jersey do río de Hudson. A illa, baixo xurisdición federal, atópase aproximadamente a 600 metros de distancia da cidade de Jersey e a máis de tres quilómetros da cidade de Nova York.[69] A Corte Suprema decidiu non oír o caso, polo que o status legal existente das partes da illa que están sobre a auga non se alterou. Con todo, os dereitos ribeiráns sobre toda a terra mergullada que rodea a estatua pertencen a Nova Jersey. As illas do porto de Nova York foron parte da cidade de Nova York desde a emisión en 1664 dos atípicos estatutos coloniais que crearon Nova Jersey,[70] que non fixaron, como é habitual, un límite no medio do río Hudson -aínda que a fronteira para os dereitos acuáticos foi fixada máis tarde ao medio da canle-.

O servizo federal de parques establece que a Estatua de Liberdade está na Illa da Liberdade, que é unha propiedade federal administrada polo Servizo de Parques Nacionais e que, oficialmente, a illa está localizada dentro da xurisdición territorial do estado de Nova York debido a un pacto entre os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey que emitiu unha resolución sobre esta cuestión e que foi ratificada polo Congreso en 1834.[71]

Réplicas

Unha das súas principais réplicas, cunha altura de 11,50 m, atópase situada nunha pequena illa no río Sena, en París, cerca do antigo taller de Bartholdi.
Réplica situada na illa artificial de Odaiba, na baía de Toquio (Xapón), co Rainbow Bridge en segundo plano.

Debido á súa consideración de monumento universal, a Estatua da Liberdade foi copiada e reproducida a diferentes escalas e en diversos lugares ao longo de todo o mundo.[72] Estas copias van desde as simples miniaturas vendidas como suvenir na tenda do museo situado na base da estatua, ás reproducións a grande escala situadas en certas cidades, ben porque forman parte da historia do monumento ou dalgún dos seus creadores, ou ben porque o orixinal constitúe un importante símbolo da Liberdade a través do mundo.[72]

As primeiras miniaturas da estatua, realizadas pola empresa Gaget, Gauthier & Cie (feito popularmente asociado ao nacemento da palabra «gadget»)[73] foron comercializadas e distribuídas entre as numerosas personalidades presentes durante a cerimonia de inauguración do 28 de outubro de 1886. Estas primeiras reproducións serviron como modelo para diversas réplicas construídas posteriormente. A maioría delas atópanse hoxe en Francia ou nos Estados Unidos,[74] con todo tamén as podemos ver en numerosos países, como Arxentina, Austria, Alemaña, Italia, Xapón, China, ou ata Vietnam, antiga colonia francesa.

Entre as principais réplicas francesas do monumento, atopamos a da île aux Cygnes (illa dos Cisnes) en París, cunha altura de 11,50 m, que se erixe no extremo situado río abaixo da illa (situada no Sena), á altura do pont de Grenelle, cerca do antigo taller de Frédéric Auguste Bartholdi. Hai tamén unha réplica en Colmar,[75] inaugurada en 2004 na entrada norte da cidade, conmemorativa do centenario da morte de Bartholdi. Coas súas tres toneladas de peso e doce metros de altura, a Miss Liberty de Colmar excede en cincuenta centímetros á súa irmá maior parisiense da île aux Cygnes, ata entón a máis grande de Francia, o que a converte tamén na réplica auténtica máis grande do mundo da Estatua da Liberdade. Existe tamén en Barentin, no Sena Marítimo, unha copia en poliéster de 13,5 m e 3,5 t de peso, utilizada na película de 1965 Le Cerveau (O Cerebro), de Gérard Oury.

Noutras partes do mundo, as réplicas máis famosas de Lady Liberty son as do New York-New York Hotel & Hotel Casino en Las Vegas e a da illa artificial de Odaiba na baía de Toquio. Tamén, durante os incidentes de Tian'anmen en 1989 en China, os manifestantes exhibiron unha estatua bautizada como «Estatua da Democracia»,[76] que se inspiraba en gran medida na Estatua da Liberdade; o seu escultor, Tsao Tsing-Yuan, declarou cambiar voluntariamente a súa aparencia para non parecer demasiado proestadounidense.[77] Unha réplica do facho da estatua, a Flamme da Liberté, regalada polos Estados Unidos a París, está instalado na place de l'Alma parisiense. En Arxentina, atópanse polo menos dúas réplicas: unha na praza Barrancas de Belgrano da cidade de Buenos Aires, realizada por Bartholdi en ferro vermello e adquirida por encargo da Municipalidade de Bos Aires a Francia,[78] a segunda, realizada posteriormente á morte do autor, áchase na a cidade de Pocito.[79]

Na cultura popular

A Estatua da Liberdade converteuse moi pronto nunha icona popular, aparecendo en numerosos anuncios e imaxes e en películas e libros. En 1911, o escritor estadounidense O. Henry facía dialogar a Miss Liberty con outra estatua.[80] En 1918, o monumento figuraba sobre o anuncio de Victory Loan (préstamo da vitoria) concedido polos Estados Unidos a Europa. Nos anos 1940 e 1950, numerosas revistas pulps de ficción científica mostraban a estatua rodeada de ruínas e restos doutras épocas. Durante a guerra fría, a estatua aparecía a miúdo nos carteis de propaganda como símbolo da liberdade ou dos Estados Unidos (loxicamente nun sentido ou outro, dependendo do bando en cuestión). Os debuxantes estadounidense mostrárona como a representación de Nova York tras os atentados do 11 de setembro de 2001. A publicidade tamén a utilizou para dar a coñecer produtos talles como a Coca-Cola ou a goma de mascar.[42] A estatua tamén inspirou a pintores do século xx, como a Andy Warhol.[42]

No cine, a estatua aparece nun gran número de películas, nalgunhas delas cun gran protagonismo. Xa en 1917, en The Immigrant, Charlie Chaplin admira a estatua mentres o seu barco chega ao porto de Nova York. En 1942 aparece na película de Alfred Hitchcock Saboteur durante o desenlace final.[81] Ao final da primeira versión da película O planeta dos simios (Planet of the Apes), móstraa, nun sorprendente final, sepultada en parte baixo a area dunha praia. Na película Ghostbusters 2 logran que a Estatua da Liberdade «cobre vida», percorrendo as rúas de Nova York. Na filmografía máis recente tamén fai a súa aparición en películas como X-Men na que a batalla final se desenvolve na estatua; en Titanic (1997), onde aparece nunha das escenas finais da película cando o Carpathia, o barco cos sobreviventes do afundimento, os leva a Nova York; en A.I. Artificial Intelligence aparece mergullada; en Homes de negro II onde o axente K «neuraliza» todo Nova York co seu facho, en The Day After Tomorrow na que aparece en varias escenas ou en National Treasure onde a estatua irmá situada en París proporciona ao cazador de tesouros Ben Gates (Nicolas Cage) unha pista para descubrir o tesouro secreto.

En 1979, a estatua formou parte dunha novatada imaxinada na Universidade de Wisconsin-Madison. Varios estudantes reproduciron a parte superior da estatua e colocáronas nun lago xeado da rexión, o que daba a impresión de estar mergullada.[82] O monumento figura nas placas de matrícula do estado de Nova York e nas de Nova Jersey.

No mundo do deporte, Lady Liberty serve de logotipo para o equipo da NHL dos New York Rangers e para o equipo de baloncesto feminino de New York Liberty, que compite na Women's National Basketball Association (WNBA). Para celebrar o centenario do monumento, o servizo postal francés creou en 1986 un selo que representa a cara da estatua titulado «Liberdade». No ano 2000, o monumento formou parte das propostas para designar as «novas sete marabillas do mundo» (New7Wonders), onde resultou finalista. O logotipo da Universidade de Nova York recupera o facho da Estatua da Liberdade para mostrar que está ao servizo da cidade de Nova York. O facho aparece á vez sobre o selo e sobre o logotipo da universidade, deseñado por Ivan Chermayeff en 1965. O famoso ilusionista David Copperfield fixo «desaparecer» o monumento nun programa en directo na televisión en 1983, nun dos seus trucos máis memorables.

A imaxe da estatua tamén foi trasladada ao mundo dos videoxogos. O lanzamento do polémico título de Rockstar Games GTA IV en 2008 incluía unha fiel representación de Nova York (Liberty City na historia do xogo) e da Estatua da Liberdade, parodiada como «Estatua da Felicidade».[83][84]

A Estatua da Liberdade en cifras

A Estatua da Liberdade en cifras
Altura da estatua, desde o facho ata a base 46,05 m[85]
Altura total do monumento, desde o chan ata o facho 92,99 m
Altura desde os pés da estatua á coroa 33,86 m
Altura da base, desde o chan ata a estatua 46,94 m
Lonxitude da man 5,00 m
Dedo índice 2,44 m
Cabeza, desde o queixo ao cranio 5,26 m
Ancho da cabeza 3,05 m
Ancho do ollo 0,76 m
Lonxitude do nariz 1,37 m
Lonxitude do brazo dereito 12,80 m
Ancho do brazo dereito 3,66 m
Ancho da boca 0,91 m
Altura da táboa 7,19 m
Ancho da táboa 4,14 m
Grosor da táboa 0,61 m
Peso do cobre 31 t
Peso do aceiro 125 t
Peso dos cimentos de formigón 25.500 t
Grosor dos ferros de cobre 2,38 mm

Notas

  1. 1,0 1,1 National Park Service, ed. (2007-12-31). "Statue of Liberty National Monument". Consultado o 3/07/2014. 
  2. Schneiderman, R.M. (28 de xuño de 2010). "For tourists, Statue of Liberty is nice, but no Forever 21". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 27/04/2015. 
  3. Na biografia de Frédéric Auguste Bartholdi
  4. 4,0 4,1 UNESCO staff (1984). "Statue of Liberty" (en inglés, francés, castelán, arabe, chino, e ruso). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  5. República Francesa (ed.). "Frédéric Bartholdi". Chemins de mémoire (en francés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  6. 6,0 6,1 R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.237
  7. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.255
  8. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.399
  9. Ruth Brandon, Singer and the Sewing Machine: A Capitalist Romance, p. 211
  10. Leslie Allen, Liberty: The Statue and the American Dream, p. 21
  11. Alice J. Hall, Liberty Lifts Her Lamp Once More, xullo 1986
  12. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.400
  13. American Parks Network. "Statue of Liberty : History" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  14. National Park Service, ed. (28/6/2006). "Statue of Liberty History" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  15. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.279-281
  16. Le Havre offrit 1.000 francs, le conseil municipal de Paris, francs ; R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.295
  17. Chiffre invérifiable : R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.295
  18. Jacques Betz, « Frédéric-Auguste Bartholdi, sa vie et son œuvre », dans Annuaire de la Société d'histoire et d'archéologie de Colmar, 1979, p.128
  19. statueliberty.net (ed.). "Statue of Liberty Construction" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  20. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.299
  21. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.300
  22. parisenimages.fr (ed.). "Foto da estatua no Campo de Marte" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  23. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.329
  24. s9.com Biography. "Bartholdi, Frederic Auguste" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2008. 
  25. United States Patent and Trademark Office (ed.). "U.S. Patent D11,023" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  26. Texto orixinal da patente: «Classical, yet severe and calm, features».
  27. Texto orixinal da patente: «Thrown slightly over to the left so as to gravitate upon the left leg, the whole figure thus being in equilibrium.»
  28. The New York Times, ed. (10/10/1886). "Liberty's Statue" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  29. Benjamin Levine e Isabelle F. Story (1954). National Park Service, ed. "Statue of Liberty". Historical Handbook Series No. 11 - Construction of the Pedestal (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  30. Histoire et Patrimoine, ed. (2007). "BARTHOLDI - un livre de Robert Belot et Daniel Bermond" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2008. 
  31. The New York Times, ed. (25/10/1881). "Bartholdi's Statue of Liberty" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  32. 32,0 32,1 National Park Service (ed.). "History Culture" (en (en inglés)). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  33. Belot & Bermond 2004 páx. 348
  34. Belot & Bermond 2004 páx. 350
  35. Belot & Bermond 2004 páx. 344
  36. Belot & Bermond 2004 páx. 370
  37. Belot & Bermond 2004 páx. 363
  38. Belot & Bermond 2004 páx. 337
  39. François Weil (2005). Fayard, ed. Histoire de New York. Paris. p. 103. ISBN 2-213-61856-9. 
  40. M. Méric (2007). Pasteurs des églises protestantes de France, ed. "Frédéric Desmons" (en francés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  41. R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.394
  42. 42,0 42,1 42,2 Belot & Bermond 2004 páx. 409
  43. Hernández, Javier C. (5 de xullo de 2008). The New York Times, ed. "U.S. to Study Access to Liberty's Crown" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2009. 
  44. 44,0 44,1 lighthousefriends, ed. (2007). "Statue of Liberty, NY" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  45. Benjamin Levine e Isabelle F. Story (1954). National Park Service, ed. "Statue of Liberty". Historical Handbook Series No. 11 (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. Improvements in the Statue Since 1886 
  46. New Jersey City University (ed.). "Black Tom Explosion" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  47. Cause marketing o cause-related marketing, nos países anglosaxóns e nos Estados Unidos en particular, fai referencia a un tipo de mercadotecnia que une os esforzos dunha organización con fins lucrativos e doutra sen ánimo de lucro co fin de obter un beneficio común.
  48. Robert Pear (14/2/1986). The New York Times, ed. "Iacocca and Secretary of Interior Clash Over Statue Panel Ouster" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  49. Copper Development Association Inc. (ed.). "Reclothing the First Lady of Metals – Repair Concerns" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  50. Copper Development Association Inc. (ed.). "Reclothing the First Lady of Metals – Repair Details" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  51. Un Monumento Nacional nos Estados Unidos é unha área protexida similar a un Parque Nacional. (O presidente pode declarar de forma inmediata que unha área dos Estados Unidos é un Monumento Nacional sen a aprobación do Congreso). Os monumentos nacionais reciben menos financiamento e achegan unha menor protección á fauna que os parques nacionais.
  52. 52,0 52,1 52,2 Richard Stengel, Bonnie Angelo e Cathy Booth (7de xullo de 1986). Time, ed. "The Party of the Century" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2008. 
  53. Termo común que designa a liña do horizonte de Manhattan, caracterizado particularmente polos seus numerosos rañaceos.
  54. 54,0 54,1 El Mundo, ed. (3/8/2004). "La Estatua de la Libertad se reabre con nuevas medidas de seguridad" (en castelán). Consultado o 25 de decmbro de 2010. 
  55. USA Today (publicando unha noticia da Associated Press), ed. (10/8/2006). "Statue of Liberty's crown to stay closed" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  56. Library of Congress Congressional Record, ed. (29/6/2006). "Introduction of Bills and Joint Resolutions—(Senate—June 29, 2006)" (en inglés). pp. p. S6786. Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  57. Library of Congress Congressional Record, ed. (10/7/2007). "Save the Statue of Liberty Act (H.R.2982 — July 10, 2007)" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  58. The New York Times, ed. (5/7/2008). "U.S. to Study Access to Liberty’s Crown" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  59. Bloomberg.com, ed. (23/1/2009). "Salazar Visits Statue of Liberty, May Reopen Crown" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  60. TODAY NBC News, ed. (8/5/2009). "Statue of Liberty will reopen on Fourth of July" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  61. Matthew Price (4/7/2009). BBC News, ed. "Statue of Liberty crown reopens" (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  62. Raja, Nina (2010-08-10). CNN, ed. "Liberty Island to remain open during statue's renovation" (en inglés). Consultado o 3/07/2014. 
  63. "Statue of Liberty interior to re-open next month". cumberlink. 2012-09-11. Consultado o 3/07/2014. 
  64. 64,0 64,1 National Park Service (ed.). "Statue of Liberty National Monument". History Continued (en (en inglés)). Consultado o 26 de decembro de 2010. 
    Os «sete mares» refírense aos clásicos da Idade Media (Adriático, Arábigo, Caspio, Mediterráneo, Negro, golfo Pérsico e mar Vermello). Os sete continentes serían América do Norte, América do Sur, Europa, Asia, África, Oceanía e Antártida
  65. Bartholdi était franc-maçon ; R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.405
  66. National Park Service, ed. (16/8/2006). "Statue Statistics" (en (en inglés)). Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  67. National Park Service, ed. (16/6/2008). "Statue of Liberty FAQ". Why is the Statue green? (en (en inglés)). Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  68. François Weil, Histoire de New York, Paris, Fayard, 2005, ISBN 2-213-61856-9, p.104 ; R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.406
  69. The New York Times, ed. (6/10/1987). New Jerseyans' Claim To Liberty Island Rejected. Associated Press (en (en inglés)). Consultado o 1 de novembro de 2008. The Supreme Court today refused to strip the Statue of Liberty of its status as a New Yorker. The Court, without comment, turned away a move by a two New Jerseyans to claim jurisdiction over the landmark for their state. 
  70. Lillian Goldman Law Library - Yale Law School (ed.). "Colonial Charters, Grants and Related Documents". The Avalon Proyect (en (en inglés)). Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  71. National Park Service, ed. (16/6/2008). "Statue of Liberty FAQ". Is the Statue in New York or New Jersey? (en (en inglés)). Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  72. 72,0 72,1 Brooklyn Museum (ed.). "Exhibitions: Replica of the Statue of Liberty" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  73. Michael Quinion. World Wide Words, ed. "World Wide Words: Gadget" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2010. 
  74. Scouts Troop 101, Cheyenne, Wyoming, ed. (2007). "Replica Statue of Liberty Search" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  75. Site officiel de la Ville de Colmar (ed.). "2004: l’année Bartholdi" (en francés). Consultado o 18 de outubro de 2008. [Ligazón morta]
  76. Déesse de la démocratie, Marie-Claire Bergère, La Chine de 1949 à nos jours, Paris, Armand Colin, 2000, p.220
  77. Tsao Tsing-yuan, « The Birth of the Goddess of Democracy », in Popular Protest and Political Culture in Modern China, Jeffrey N. Wasserstrom, Elizabeth J. Perry, 140-7, Boulder, Col.: Westview Press, 1994.
  78. Sitio oficial de turismo da cidade de Bos Aires (ed.). "Belgrano - 6. Barrancas de Belgrano" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. (fotografía en flickr) 
  79. Municipalidad de Pocito (ed.). "Historia: Estatua de la Libertad" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 14 de abril de 2009. 
  80. Henry, O., Sixes and Sevens, "The Lady Higher Up." Project Gutenberg text
  81. Duncan, Paul (2003). Taschen, ed. Alfred Hitchcock. pp. 92–93. ISBN 3-8228-1591-8. 
  82. "Lady Liberty on Lake Mendota" (en inglés). Consultado o 8 de agosto do 2015. 
  83. Matthew Moore (14 de maio de 2008). The Daily Telegraph, ed. "Grand Theft Auto IV: Photos reveal similarities between Liberty City and New York City" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2010. 
  84. Seth Schiesel (28 de abril de 2008). The New York Times, ed. "Grand Theft Auto Takes On New York" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2010. 
  85. National Park Service, ed. (16 de agosto de 2006). "Statue Statistics". Consultado o 18 de agosto de 2008. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Belot, Robert; Bermond, Daniel (2004). Perrin, ed. Bartholdi. Paris. ISBN 978-2-262-01991-4. 
  • Marie-Sophie Corcy, Nathalie Vu Hong, Lionel Dufaux, La Statue de la Liberté : Le défi de Bartholdi, Gallimard, 2004, ISBN 978-2-07-030583-4 * André Gschaedler, Vérité sur la Statue de la liberté et son créateur, Jérôme Do Bentzinger, 2005, ISBN 978-2-906238-26-8
  • Bertrand Lemoine, Institut français d'architecture, La Statue de la Liberté, Mardaga, 1995, Collection : A.R.C.H.I.V.E.S., ISBN 978-2-87009-260-6
  • Pierre Vidal, Frédéric-Auguste Bartholdi 1834-1904 : Par la Main, par l'Esprit, Paris, Les créations du pélican, 2000, ISBN 978-2-7191-0565-8
  • Leslie Allen, Liberty: The Statue and the American Dream, 1985, ASIN B000HMACQI
  • Moreno Barry, The Statue of Liberty Encyclopedia, New York, Simon & Schuster, 2000, ISBN 1-59764-063-8
  • Serge Hochain, Building Liberty: A Statue is Born, 2004, ISBN 0-7922-6765-6
  • Betsy Maestro, Giulio Maestro, The Story of the Statue of Liberty, 1989, ISBN 0-688-08746-9
  • Marc Tyler Nobleman, The Statue of Liberty (First Facts: American Symbols), 2000, ISBN 0-7368-4703-0

Ligazóns externas