Antonio Meucci: Diferenzas entre revisións
m Introduciendo ficha |
viveu > viviu |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
Estudou [[enxeñería química]] e [[enxeñería industrial]]. Foi preso entre [[1833]]-[[1834]] por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día [[7 de agosto]] de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses. |
Estudou [[enxeñería química]] e [[enxeñería industrial]]. Foi preso entre [[1833]]-[[1834]] por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día [[7 de agosto]] de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses. |
||
En |
En outubro de [[1835]] Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis volver. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en [[Cuba]] onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na [[Habana]]. En [[1850]], Meucci e a súa muller emigraron para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e chegaron a [[Clifton]] (en [[Staten Island]], preto da cidade de Nova York) onde Meucci viviu o resto da súa vida. |
||
En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do [[reumatismo]] da súa esposa. |
En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do [[reumatismo]] da súa esposa. |
Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2019 ás 16:34
Antonio Meucci | |
---|---|
Nome completo | Antonio Santi Giuseppe Meucci |
Nacemento | 13 de abril de 1808 |
Lugar de nacemento | Florencia |
Falecemento | 18 de outubro de 1889 |
Lugar de falecemento | Staten Island |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Reino de Italia |
Alma máter | Academia de Belas Artes de Florença |
Ocupación | inventor e físico |
Cónxuxe | Ester Mochi |
Coñecido por | Teléfono e Invenção do telefone |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Santi Giuseppe Meucci, nado en Florencia o 13 de abril de 1808 e finado en Nova York o 18 de outubro de 1889, foi un inventor italiano, coñecido como o creador do teléfono.
Traxectoria
Estudou na Academia de Belas Artes da capital de Toscana, traballando posteriormente como empregado da alfándega e como técnico de escenarios no Teatro da Pergola, onde coñeceu á súa futura esposa, Ester Mochi.
Estudou enxeñería química e enxeñería industrial. Foi preso entre 1833-1834 por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día 7 de agosto de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses.
En outubro de 1835 Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis volver. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en Cuba onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na Habana. En 1850, Meucci e a súa muller emigraron para os Estados Unidos, e chegaron a Clifton (en Staten Island, preto da cidade de Nova York) onde Meucci viviu o resto da súa vida.
En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do reumatismo da súa esposa.
Pero , debido a dificultades financeiras, Meucci apenas conseguiu pagar a patente da súa invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que en 1876 o patentou como invención súa. Meucci denunciouno, mais acabou falecendo durante o xuízo e o caso foi encerrado.
Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono, mais o traballo de Meucci foi recoñecido postumamente o 11 de xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº. 269 na cal se recoñeceu que o inventor do telefono foi, na realidade, Meucci e non Alexander Graham Bell.