Tensión eléctrica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
consume > consome
Liña 54: Liña 54:
[[Ficheiro:Digital_Multimeter_Aka.jpg|miniatura|Un [[multímetro]] coa función de [[voltímetro]] seleccionada. En [[corrente alterna]] indica o [[valor eficaz]] da tensión.]]
[[Ficheiro:Digital_Multimeter_Aka.jpg|miniatura|Un [[multímetro]] coa función de [[voltímetro]] seleccionada. En [[corrente alterna]] indica o [[valor eficaz]] da tensión.]]


A tensión eficaz ou [[valor eficaz]] da tensión é o valor medido pola maioría dos voltímetros de [[corrente alterna]]. Equivale a unha tensión constante que, aplicada sobre unha mesma [[resistencia eléctrica]], consume a mesma potencia eléctrica, transformando a [[enerxía eléctrica]] en [[enerxía térmica]] por [[efecto Joule]].
A tensión eficaz ou [[valor eficaz]] da tensión é o valor medido pola maioría dos voltímetros de [[corrente alterna]]. Equivale a unha tensión constante que, aplicada sobre unha mesma [[resistencia eléctrica]], consome a mesma potencia eléctrica, transformando a [[enerxía eléctrica]] en [[enerxía térmica]] por [[efecto Joule]].


A enerxía consumida nun período de tempo ''T'' por unha resistencia eléctrica é igual a
A enerxía consumida nun período de tempo ''T'' por unha resistencia eléctrica é igual a

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2019 ás 09:01

Símbolo internacional de seguranza: "Atención, risco de choque eléctrico" (ISO 3864).

A tensión eléctrica, tamén denominada diferenza de potencial ou voltaxe, é a diferenza de potencial eléctrico entre dous puntos[1]. A súa unidade de medida é o Volt, en homenaxe ao físico italiano Alessandro Volta. É, pois, unha magnitude física. Tamén se pode definir como o traballo por unidade de carga exercido polo campo eléctrico sobre unha partícula cargada para movela entre dúas posicións determinadas. Pódese medir cun voltímetro.[2]

A tensión é independente do camiño percorrido pola carga e depende exclusivamente do potencial eléctrico dos puntos A e B no campo eléctrico, que é un campo conservativo.

Se dous puntos que teñen unha diferenza de potencial se unen mediante un condutor, producirase un fluxo de electróns. Parte da carga que crea o punto de maior potencial trasladarase a través do condutor ao punto de menor potencial e, en ausencia dunha fonte externa (xerador), esta corrente cesará cando ambos puntos igualen o seu potencial eléctrico (lei de Henry). Este traslado de cargas é o que se coñece como corrente eléctrica.

Cando se fala sobre unha diferenza de potencial nun só punto, ou potencial, refírese á diferenza de potencial entre este punto e algún outro onde o potencial se defina como cero.

Características

O potencial eléctrico mide a forza que unha carga eléctrica experimenta no seo dun campo eléctrico, expresa pola lei de Coulomb, polo tanto a tensión é a tendencia que unha carga ten de ir dun punto para outro. Normalmente tómase un punto que se considera de tensión cero e mídese a tensión do resto dos puntos relativos a este.

A tensión eléctrica entre dous puntos, ou sexa [(+) e (-)] é definida matematicamente como a integral de liña do campo eléctrico:

Para facilitar o entendemento da tensión eléctrica pódese facer un paralelo desta coa presión hidráulica[3]. Canto maior a diferenza de presión hidráulica entre dous puntos, maior será o fluxo, caso haxa comunicación entre estes dous puntos. O fluxo (que en electrodinámica sería a corrente eléctrica) será así unha función da presión hidráulica (tensión eléctrica) e da oposición á pasaxe do fluído (resistencia eléctrica). Este é o fundamento da lei de Ohm, para a corrente continua:

onde:

  • R = Resistencia (Ohms)
  • I = Intensidade da corrente (Ampères)
  • U = Diferenza de potencial ou tensión (Volts)

En corrente alternada, substitúese a resistencia pola impedancia:

onde:

Polo método fasorial, en corrente alternada, todas as variábeis da ecuación son complexas. A impedancia representa, alén da resistencia a pasaxe de corrente eléctrica, tamén o deslocamento angular na forma de onda producido polo equipamento (capacitores e bobinas ou indutores).

Polaridade en corrente continua

Polaridade dunha diferenza de potencial.

Cando entre dous puntos dun circuíto pode circular unha corrente eléctrica continua, a polaridade da tensión vén determinada polo sentido que segue a corrente (cargas positivas), que é oposto ao sentido que seguen os electróns (cargas negativas); isto é, desde o punto con maior potencial cara ao que ten menor potencial. Polo tanto, se polo resistor R da figura da dereita circula unha corrente de intensidade I, desde o punto A até o B, producirase unha caída de tensión na mesma coa polaridade indicada.

Tensión en compoñentes pasivos

A diferenza de potencial entre os terminais dun compoñente pasivo dependen das características do compoñente e da intensidade da corrente eléctrica.

Tensión nun condensador

Tensión nunha bobina

Tensión eficaz

Un multímetro coa función de voltímetro seleccionada. En corrente alterna indica o valor eficaz da tensión.

A tensión eficaz ou valor eficaz da tensión é o valor medido pola maioría dos voltímetros de corrente alterna. Equivale a unha tensión constante que, aplicada sobre unha mesma resistencia eléctrica, consome a mesma potencia eléctrica, transformando a enerxía eléctrica en enerxía térmica por efecto Joule.

A enerxía consumida nun período de tempo T por unha resistencia eléctrica é igual a

,

onde W é a enerxía consumida, P é a potencia, T é o período de tempo, Ief é a intensidade eléctrica, Vef é a tensión eficaz e V(t) é o valor instantáneo da tensión en función do tempo t.

Despexando a tensión eficaz obtense a media cuadrática da tensión:

.
Onda sinusoidal.

En corrente alterna, a tensión varía conforme unha onda sinusoidal.

,

onde se expresa a tensión V en función do tempo t. V0 é a amplitude da tensión, é a frecuencia angular e é o desfase.

Tomando como período de integración o período da onda (), tense:

;

Como a amplitude da tensión V0 é constante pode sacarse fóra da integral.

.

Aplicando unha identidade trigonométrica para eliminar a potencia cuadrática dunha función trigonométrica:

;

Integrando:

Notas