Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
persigue > persegue
Liña 13: Liña 13:
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo Rubio]], Sotomayor, [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo Rubio]], Sotomayor, [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]


Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclóric,a persigue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En [[1922]], cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de ''Afonso XIII e a Duquesa de Santoña''. Algúns cadros mitolóxicos, como ''Leda'' ou'' Sátiro e ninfas'', pertencen tamén a este momento.
Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persegue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En [[1922]], cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de ''Afonso XIII e a Duquesa de Santoña''. Algúns cadros mitolóxicos, como ''Leda'' ou'' Sátiro e ninfas'', pertencen tamén a este momento.


Coa caída da monarquía, estableceuse en [[Inglaterra]] e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e [[Buenos Aires]] aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da ''Duquesa de Alba'' e do ''Duque de Híjar''. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como ''Ceres'', ''San Agustín'', ''San Vicente Ferrer'' ou ''O infortunio''.
Coa caída da monarquía, estableceuse en [[Inglaterra]] e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e [[Buenos Aires]] aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da ''Duquesa de Alba'' e do ''Duque de Híjar''. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como ''Ceres'', ''San Agustín'', ''San Vicente Ferrer'' ou ''O infortunio''.

Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2019 ás 14:47

Infotaula de personaFernando Álvarez de Sotomayor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando‏ Álvarez de Sotomayor y Zaragoza Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 17 de marzo de 1961 – Antonio Gallego Burín (pt) Traducir →
Director de museo Museo do Prado
1939 – 1960
← Pablo PicassoFrancisco Javier Sánchez Cantón →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1926 –
Director de museo Museo do Prado
1922 – 1931
← Aureliano de Beruete y Moret (pt) TraducirRamón Pérez de Ayala → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de España en Roma (pt) Traducir
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosJorge Letelier (pt) Traducir, Julio Ortiz de Zárate (pt) Traducir, Marisa Roesset Velasco e Rosario de Velasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría del Rosario Álvarez Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2520251

Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.

Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Países Baixos e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenga e holandesa, que tiveron unha grande influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.

En 1908 instalouse en Santiago de Chile, de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En Chile a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de Afonso XIII, e chegou a dirixir o Museo do Prado en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala guerra civil española, de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando a partir do ano 1953.

En 1938 foi designado alcalde da Coruña[1] e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo Rubio, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.

Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persegue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de Afonso XIII e a Duquesa de Santoña. Algúns cadros mitolóxicos, como Leda ou Sátiro e ninfas, pertencen tamén a este momento.

Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en Xenebra e Buenos Aires aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da Duquesa de Alba e do Duque de Híjar. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como Ceres, San Agustín, San Vicente Ferrer ou O infortunio.

Unha boa parte da súa obra atópase en América, aínda que tamén é considerable o numero de óleos, acuarelas e debuxos reunidos pola Fundación Caixa Galicia.

Galería de imaxes

Notas

  1. [1], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do Museo do Prado

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Juan González Regueral
 
Alcalde da Coruña
 
1939
Sucesor:
José Pérez-Ardá