Voo 517 de Eastwind Airlines: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1996: "Eastwind Airlines" mediante HotCat
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 35: Liña 35:


[[Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América|Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América|Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Eastwind Airlines| 0517]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 737|Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 737|Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1996|Eastwind Airlines]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1996|Eastwind Airlines]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2019 ás 23:01

Voo 517 de Eastwind Airlines
O avión dous anos despois do incidente
Resumo
Data  9 de xuño de 1996
Causa  timón inmobilizado
Lugar  aeroporto de Richmond
Orixe  aeroporto de Trenton-Mercer
Destino  aeroporto de Richmon
Finados  0
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-2H5
Operador  Eastwind Airlines
Rexistro  N221US
Pasaxeiros  48
Tripulación  5
Superviventes  53

O voo 517 de Eastwind Airlines era un servizo de pasaxeiros dende Trenton, Nova Jersey a Richmond, Virxinia. O día 9 de xuño de 1996 a tripulación do Boeing 737-200 que operaba a ruta perdeu temporalmente o control debido ao mal funcionamento do timón. A tripulación foi capaz de recuperar o control e aterrar o aparello con éxito. Unha persoa a bordo resultou ferida.

O voo 517 foi clave na resolución da causa dos problemas de timón do Boeing 737 que anteriormente causaran dous accidentes mortais. O voo 517 foi o primeiro en sufrir eses problemas e aterrar con seguridade, permitindo aos investigadores entrevistar aos pilotos sobre a súa experiencia e estudar o avión.

Antecedentes

O 3 de marzo de 1991 o voo 585 de United Airlines, un Boeing 737-200, virou á dereita e comezou a caer en picado mentres intentaba aterrar en Colorado Springs, Colorado. O acicdente matou ás 25 persoas a bordo. A Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB) encargouse da investigación. Aínda que se sospeitou dun problema no timón, non puido probar ou avaliar os compoñentes do timón porque quedaron seriamente danados no accidente. Como resultado, a NTSB foi incapaz de identificar a causa do accidente.[1]

O 8 de setembro de 1994 o voo 427 de USAir, un Boeing 737-300, virou abruptamente cara a esquerda mentres se aproximaba ao aeroporto de Pittsburgh nun accidente moi semellante ao do voo 585. O resultado foi a morte das 132 persoas a bordo.[1] A NTSB comezou unha investigación que continuou ata finais dos anos 90.

Voo

O voo 517 era un servizo regular de pasaxeiros de Eastwind Airlines dende o aeroporto de Trenton-Mercer en Trenton, Nova Jersey, ata o aeroporto de Richmond en Richmond, Virxinia. O voo estaba operado por un Boeing 737-200 con rexistro N221US. Ese día aos mandos atopábanse o capitán Brian Bishop e o primeiro oficial Spencer Griffin. Había un total de 53 persoas a bordo.[1]

Incidente

O voo 517 saíu de Trenton sen problemas e non se atoparon con turbulencias ou meteoroloxía adversa durante a ruta a Richmond. Mentres se aproximaba ao aeroporto de Richmond a unha altura duns 5 000 pés (1 500 m), o capitán sentiu unbreve "golpe" no pedal dereito do timón.[1] Sobre o mesmo intre, un asistente de voo na parte traseira do avión escoitou un forte ruído detrás dela.[1] Cando o avión continuou descendendo aos 4 000 pés (1 200 m), o capitán experimentou de súpeto unha perda do control do timón e o avión xirou bruscamente cara a dereita.[1]

Intentando recuperar o control, o capitán probou a poñer o timón totalmente á esquerda, pero os controis estaban ríxidos e non responderon ás súas ordes. O capitán aplicou o alerón á esquerda e incrementou a potencia do motor dereito para intentar parar o xiro. O avión estabilizouse temporalmente, e despois xirou cara a dereita novamente. A tripulación executou a súa lista de verificación de emerxencia e intentou recuperar o control do avión, e tras varios segundos fixéronse abruptamente co control. O avión operou normalmente o resto do voo.[1]

O aparello non sufriu danos como resultado do incidente. Un asistente de voo tivo feridas leves e o restos dos tripulantes e pasaxeiros saíron ilesos.

Investigación e consecuencias

A NTSB investigou o incidente, con especial énfase en determinar se os eventos do voo 517 tiñan relación cos anteriores accidentes de 737.[1]

Durante a investigación a NTSB atopou que antes do incidente do 9 de xuño, varias tripulacións informaran dunha serie de eventos relacionados co timón, incluídos "golpes" anormais nos pedais do timón e movementos non ordenados do mesmo.[1]

Os investigadores realizaron entrevistas cos pilotos do voo 517, e retiraron os compoñentes do timón do avión para examinalos, o que axudou a esablecer a causa dos accidentes deo voo 585 de United Airlines e do voo 427 de USAir. A NTSB determinou que os tres incidentes só podían ser explicados por un erro do piloto ou polo mal funcionamento do sistema do timón, e baseandose en parte nas entrevistas posteriores cos pilotos do voo 517, concluíu que os fallos do timón poderían ter causado os tres incidentes.[1]

A NTSB tamén determinou que, a diferencia dos accidentes do United e do USAir, o problema no timóns do voo 517 ocorreu antes no proceso de ateraxe e a unha velocidade maior, o que incrementou o fluxo de aire sobre as outras superficies de control do avión, permitindo aos pilotos superar o xiro inducido polo timón.[1]

Notas