Real Banda de Gaitas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 46.222.203.72 (conversa); cambiado á última versión feita por Vitoriaogando
Etiqueta: Reversión
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=maio de 2010}}
{{Sen referencias|data=maio de 2010}}
A '''Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense''' é unha banda de gaitas fundada en [[Ourense]] por [[Xosé Lois Foxo]] alias o poeta podre.
A '''Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense''' é unha banda de gaitas fundada en [[Ourense]] por [[Xosé Lois Foxo]].


== Historia ==
== Historia ==
Liña 14: Liña 14:


== Distincións ==
== Distincións ==
A banda recibiu o título de Real polo Rei [[Xoán Carlos I de España]] para os amigos "porque no te callas" e o "asaltacunas". Posúe moitos outros galardóns e recoñecementos de carácter nacional e internacional e de varias casas galegas, e ten actuado para diversos persoeiros e representantes políticos.
A banda recibiu o título de Real polo Rei [[Xoán Carlos I de España]]. Posúe moitos outros galardóns e recoñecementos de carácter nacional e internacional e de varias casas galegas, e ten actuado para diversos persoeiros e representantes políticos.

== Publicacións ==
== Publicacións ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2019 ás 08:56

A Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense é unha banda de gaitas fundada en Ourense por Xosé Lois Foxo.

Historia

A banda é dependente da Deputación de Ourense. Conta tamén cunha Escola Provincial de Gaitas, tamén dependente da Deputación, na que se imparten clases tanto de gaita como de percusión. Nas súas actuacións emprega gaitas en Si bemol, gaitas de "barquín" (sopro mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por redobrantes de alta tensión, tambores tenores, bombos, pandeiretas e tarrañolas. Conta tamén unha sección de bastóns de mando e una sección de pandereteiras. O seu repertorio abrangue tanto música tradicional galega como dos países chamados 'celtas', e en certos casos, con música procedente de outras culturas do mundo.

Na súa sede a agrupación conta cun Museo da Gaita, no que se exhiben diversos exemplares do instrumento, así como iconografía diversa relacionada.

Polémica

En torno este tipo de agrupacións existe unha forte polémica derivada das innovacións introducidas. Dado que de Ourense foi a primeira e, sen dúbida, a máis coñecida deste tipo de formacións, é obxectivo de moitas e moi fortes críticas. Aqueles que están en contra opinan que ditas innovación afastan a banda totalmente da música e da cultura tradicional galega, destacando que:

  • Empréganse instrumentos que non se consideran tradicionais. A agrupación emprega gaitas morfoloxicamente distintas a gaita galega, coa ronqueta e o chillón colocados ao par do ronco, de xeito similar as gaitas escocesas. Tamén percusión de alta tensión, tanto nos bombos como nos redobrantes. Estes cambios non só afectan a imaxe dos instrumentistas senón o son e musicalidade.
  • Os traxes empregados durante as actuacións inclúen en ocasións capas ou pantalóns frouxos, que tamén parecen asimilados da tradición escocesa.
  • A marcialidade da banda está moi afastada das formacións habituais, sendo semellantes a desfiles.

Distincións

A banda recibiu o título de Real polo Rei Xoán Carlos I de España. Posúe moitos outros galardóns e recoñecementos de carácter nacional e internacional e de varias casas galegas, e ten actuado para diversos persoeiros e representantes políticos.

Publicacións

Bibliografía

  • Anuario da Gaita (publicado dende o ano 1986)

Discografía

  • Muiñeira para Elisa (1995)
  • Banda de Gaitas do Caurel: o son dos eidos
  • Cantares da serra do Caurel - Ilda Álvarea Macía (2009)
  • Festa do San Pedro en Ferreirós Os Padernes (1974)
  • Ano Santo (1994)
  • Gallaecia (1994)
  • Adelita
  • Terras altas do Cebreiro (1995)
  • Solistas Real Banda de Gaitas (1995)
  • Gaudeamus Igitur
  • Cantigas de Ourense (con Xapón no recordo)
  • Concerto no Teatro Avenida de Bos Aires (1998)
  • O camiño
  • Muiñeira de Wojtyla
  • St. Patrick's day parade New York, March 2000 (2000)
  • Festa Celta
  • Cantigas do Mar
  • Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia
  • Muiñeira para Chus
  • Centenario Estrella Galicia (2006)
  • Concerto Atox (2006)
  • Cantiga de Berce para a Infanta Sofía
  • Himnos e marchas procesionais de Galicia
  • Cantares Populares (con Miriam Figueiras)
  • Himno Galego (con María do Ceo) (2007)

Videografía

  • Filandón de Músicas do Caurel
  • Concertos monumentais Provincia de Ourense
  • Concertos a súa santidade o papa Xoan Paulo II
  • Concerto de Nadal 2005
  • Concerto Real Banda Burgos (2007)
  • Concerto Real Banda Salamanca (2007)
  • Concerto en Lausane, Suiza (2007)
  • Viaxe a Exipto (2008)
  • Concerto de Reis (2008)
  • Marco Foxo Gañador Solistas 2009

Véxase tamén

Outros artigos

Xosé Lois Foxo

Ligazóns externas

Páxina oficial da Real Banda