Antón Baamonde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Cambio o nivel de protección de "Antón Baamonde": Vandalismo excesivo ([Editar=Permitir só aos usuarios autoconfirmados] (remata o 11 de xullo de 2019 ás 12:10 (UTC)) [Mover=Permitir só aos usuarios autoconfirmados] (remata o 11 de xullo de 2019 ás 12:10 (UTC)))
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2019 ás 12:10

Antón Baamonde
Nacemento1 de marzo de 1959
Lugar de nacementoVilalba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático e ensaísta
Na rede
Bitraga: 3143 AELG: 61 Dialnet: 1685549
editar datos en Wikidata ]
Antón Baamonde no 2009.

Antón Baamonde García, nado en Vilalba o 1 de marzo de 1959, é un profesor de filosofía e ensaísta galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato no Instituto da súa vila natal e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Filosofía nun Instituto de Santiago de Compostela. Colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, El País), radiofónicos Radio Galega, SER ademais de en revistas como Galicia Internacional, Agália ou Grial. Formou parte do Consello de redacción da revista Luzes de Galiza, xunto con Lino Braxe, Xavier Seoane e Manuel Rivas e foi coordinador do "Foro Luzes de Galiza" que se distinguiu por dar á luz unha serie de manifestos que enfocaron Galicia a outra luz distinta da do conservadorismo non só gobernamental. É membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares e do Padroado de RadioFusión, a entidade que engloba as emisoras municipais galegas.

Obra en galego

Ensaio

Obras colectivas

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos
  • "Tres panfletos (im) pertinentes", en Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de Xaquín F. Leiceaga, Antón Baamonde, Bieito Iglesias e Rafael Martinez Castro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1990.
  • "Visiones sólo parcialmente místicas", en Las palabras de la tribu: escritura y habla. Madrid: Ed. Cátedra / Ministerio de Cultura, 1993.
  • "Tino Martinez: a signatura das cousas", no catálogo Ex-votos, do fotógrafo Tino Martínez. A Coruña: Centro Galego das Artes da Imaxe, 1994.
  • "Pensamiento débil / pensamiento trágico", en Filosofía, política, religión: más allá del pensamiento débil, Gianni Vattimo et al. Oviedo: Ed. Nobel, 1996.
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2001.
  • Carlos Casares, as imaxes, os amigos. Vigo: Ed. A Nosa Terra, 2005.
  • La reinvención de España. Fundación Alternativas. Madrid, 2006.
  • "Notas sobre o así chamado feísmo" en Feísmo: destruír un país. Antón Baamonde e outros. Difusora de Ideas. Ourense, 2006.
  • "Para saír do tempo e do espazo". Texto para o catálogo da exposición O Futuro da Actualidade, realizada no CGAC do 14 de setembro ao 10 de decembro do 2006. Xunta de Galicia. CGAC, 2006.
  • "Homes fráxiles"”. Prólogo á A Piragua de Cándido Pazó. CDG, 2008.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Obra en castelán

  • El laberinto y sus salidas. Madrid: Tecnos, 1998.
  • La reinvención de España: una radiografía de la España de hoy. Barcelona: Ronsel, 2001.
  • La rosa sin por qué. Valencia: Pre-textos, 2001.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas