Canabarro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
O principio de funcionamento do canabarro é o seguinte: a auga almacenada fíltrase polos [[Porosidade|poros]] da arxila e en contacto co ambiente seco exterior (característica do clima mediterráneo) se evapora, producindo un arrefriado (2,219 [[Joule|kilojoules]] por gramo de auga evaporada). A clave do arrefriado está, polo tanto, na evaporación da auga exudada, xa que esta, para se evaporar, tira parte da [[enerxía térmica]] da auga almacenada dentro da vasilla.<ref>[http://www.ecoterra.org/articulos82es.html Botijos contra el cambio climático (2007-2008).]</ref>
O principio de funcionamento do canabarro é o seguinte: a auga almacenada fíltrase polos [[Porosidade|poros]] da arxila e en contacto co ambiente seco exterior (característica do clima mediterráneo) se evapora, producindo un arrefriado (2,219 [[Joule|kilojoules]] por gramo de auga evaporada). A clave do arrefriado está, polo tanto, na evaporación da auga exudada, xa que esta, para se evaporar, tira parte da [[enerxía térmica]] da auga almacenada dentro da vasilla.<ref>[http://www.ecoterra.org/articulos82es.html Botijos contra el cambio climático (2007-2008).]</ref>


Nalgunhas rexións, antes de usalo por vez primeira, ''cura-''se deixándoo durante un par de días cheo de auga e cun pouco [[anís]]. En zonas de litoral, para'' curar'' o barro introdúcense algúns cantos mariños pola boca de carga, déixanse en auga uns días e se enxauga ben para que non quede resaibo a sal.
Nalgunhas rexións, antes de usalo por vez primeira, ''cura-''se deixándoo durante un par de días cheo de auga e cun pouco [[anís]]. En zonas de litoral, para ''curar'' o barro introdúcense algúns cantos mariños pola boca de carga, déixanse en auga uns días e enxáuganse ben para que non quede resaibo a sal.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2019 ás 21:44

Canabarros variados do Museo de cerámica de Chinchilla de Montearagón.
Canabarro argárico de Beniaján, considerado o máis antigo dos achados na Península Ibérica.

Un canabarro[1] ou porrón[2]  (en español:botijo) é un recipiente de barro cocido poroso empregado para conservar a auga fresca, de ventre amplo e cunha anga na parte superior, unha boca para enchelo e unha biquela para beber[3].  En olaría defínese como vasilla de corpo esferoide, unha anga na súa parte superior, e con dous ou máis buracos. Polo xeral chámase boca ao máis largo -polo que se enche-, e biquela ou bico ao outro, que produce un fino chorro ideal para beber sen demasiado refugallo.

O porrón é un obxecto típico da cultura mediterránea. Sendo habitual no sur de FranciaCastela, Aragón e o terzo sur da península (Estremadura, A Mancha, Levante e Andalucía), menos común nas zonas húmidas da península.

O exemplar máis antigo aparecido na península ibérica pertence á cultura argárica e foi achado na necrópole de Puntarrón Mozo (Beniaján), próxima á capital da rexión murciana, en cuxo museo arqueolóxico se conserva; peza importante na historiografía da cerámica por se tratar dunha 'obra pechada', cun só orificio de 2 cm e a anga colocada na parte superior; a medida do porrón é de 11 x 9,5 cm.[4]

Funcionamento

O principio de funcionamento do canabarro é o seguinte: a auga almacenada fíltrase polos poros da arxila e en contacto co ambiente seco exterior (característica do clima mediterráneo) se evapora, producindo un arrefriado (2,219 kilojoules por gramo de auga evaporada). A clave do arrefriado está, polo tanto, na evaporación da auga exudada, xa que esta, para se evaporar, tira parte da enerxía térmica da auga almacenada dentro da vasilla.[5]

Nalgunhas rexións, antes de usalo por vez primeira, cura-se deixándoo durante un par de días cheo de auga e cun pouco anís. En zonas de litoral, para curar o barro introdúcense algúns cantos mariños pola boca de carga, déixanse en auga uns días e enxáuganse ben para que non quede resaibo a sal.

Notas

  1. DRAG
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. DRAG
  4. Historia y arte en la cerámica de España y Portugal. De los orígenes a la Edad Media. Les Puntxes. ISBN 978-84-611-3612-4. 
  5. Botijos contra el cambio climático (2007-2008).