Manu Bennett: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrixidos algúns erros
feita revisión lingüística
Liña 46: Liña 46:
De nai [[australia]]na e pai [[Nova Zelandia|neozelandés]], Bennett naceu e pasou uns poucos meses en Nova Zelandia ata trasladarse definitivamente a Australia. O pai era un coñecido cantante mentres que a súa nai posaba como modelo de bikinis. Bennett é un cruce de varias culturas, dende [[Irlanda|irlandesa]] por parte do seu pai ata [[colombia]]na por parte da súa nai.<ref>{{cita web|url=http://www.biografias.es/famosos/manu-bennett.html|título=Biografía de Manu Bennett|editorial=biografías.es|dataacceso=15 de marzo de 2013}}</ref>
De nai [[australia]]na e pai [[Nova Zelandia|neozelandés]], Bennett naceu e pasou uns poucos meses en Nova Zelandia ata trasladarse definitivamente a Australia. O pai era un coñecido cantante mentres que a súa nai posaba como modelo de bikinis. Bennett é un cruce de varias culturas, dende [[Irlanda|irlandesa]] por parte do seu pai ata [[colombia]]na por parte da súa nai.<ref>{{cita web|url=http://www.biografias.es/famosos/manu-bennett.html|título=Biografía de Manu Bennett|editorial=biografías.es|dataacceso=15 de marzo de 2013}}</ref>


Creceu entre [[Sidney]] e [[Newcastle]], e en [[1986]] volveu a Nova Zelandia para asistir ao [[Te Aute College]], e posteriormente volveu a Australia, onde foi elixido para formar parte do [[New South Wales Schoolboys Rugby Union Team]]. Porén, como Bennett estaba interesado principalmente na [[danza moderna]], o [[ballet clásico]] e o [[piano]], abandonou o [[rugby]] para asistir á universidade e estudar danza e drama. Posteriormente viaxou a [[Los Ángeles]] xa que conseguiu unha bolsa para asistir ao [[Lee Strasberg Theatre Institute]]. {{Cómpre referencia|data=febreiro de 2016}}
Creceu entre [[Sidney]] e [[Newcastle]], en [[1986]] volveu a Nova Zelandia para asistir ao [[Te Aute College]] e posteriormente volveu a Australia, onde foi elixido para formar parte do [[New South Wales Schoolboys Rugby Union Team]]. Porén, como Bennett estaba interesado principalmente na [[danza moderna]], o [[ballet clásico]] e o [[piano]], abandonou o [[rugby]] para asistir á universidade e estudar danza e drama. Posteriormente viaxou a [[Los Ángeles]] xa que conseguiu unha bolsa para asistir ao [[Lee Strasberg Theatre Institute]]. {{Cómpre referencia|data=febreiro de 2016}}


== Carreira profesional ==
== Carreira profesional ==
Liña 53: Liña 53:
Na pantalla grande obtivo o seu primeiro traballo como protagonista en [[1999]], nunha película chamada ''[[Tomoko]]'', rodada en [[Toquio]]. Os seus créditos inclúen os títulos ''[[Lantana]]'', drama protagonizado por [[Anthony LaPaglia]] e [[Rachael Blake]]; ''[[Persecución extrema]]'', na que traballou xunto a [[Robert Patrick]] e [[John Cena]]; ''[[La isla de los condenados]]'', con [[Steve Austin (luchador)|Steve Austin]] e [[Vinnie Jones]]; e ''[[30 días de oscuridad]]'', que tivo no seu elenco a figuras como [[Josh Hartnett]], [[Ben Foster (actor)|Ben Foster]] e [[Melissa George]].
Na pantalla grande obtivo o seu primeiro traballo como protagonista en [[1999]], nunha película chamada ''[[Tomoko]]'', rodada en [[Toquio]]. Os seus créditos inclúen os títulos ''[[Lantana]]'', drama protagonizado por [[Anthony LaPaglia]] e [[Rachael Blake]]; ''[[Persecución extrema]]'', na que traballou xunto a [[Robert Patrick]] e [[John Cena]]; ''[[La isla de los condenados]]'', con [[Steve Austin (luchador)|Steve Austin]] e [[Vinnie Jones]]; e ''[[30 días de oscuridad]]'', que tivo no seu elenco a figuras como [[Josh Hartnett]], [[Ben Foster (actor)|Ben Foster]] e [[Melissa George]].


Despois dunha década de penas e glorias por varias series e películas, chegoulle un importante papel como personaxe principal na serie ''[[Spartacus (serie)|Spartacus]]'', titulada na súa primeira tempada ''[[Spartacus: Blood and Sand]]'' ([[2010]]), interpretando a [[Crixo]], un fero [[Pueblo galo|galo]] invicto na area. A serie, cargada de escenas tórridas e sensuais, mostra a Bennett espido en varias ocasións, o que non deixou indiferente ao público. Tras o éxito da primeira tempada, rodouse una [[precuela]] titulada ''[[Spartacus: Gods of the arena]]'' ([[2011]]), que conta a historia do ''ludus'' de [[Léntulo Batiato]] previa á chegada de [[Espartaco]] e o nacemento do campión de [[Capua]], Crixo (Bennett). Tras esta rodáronse outras dúas tempadas: ''[[Spartacus: Vengeance]]'' ([[2012]]) e ''[[Spartacus: War of the Damned]]'' ([[2013]]), nas que Bennet mantivo o seu papel ata a morte do personaxe na batalla nun dos últimos capítulos da serie.
Despois dunha década de penas e glorias por varias series e películas, chegoulle un importante papel como personaxe principal na serie ''[[Spartacus (serie)|Spartacus]]'', titulada na súa primeira tempada ''[[Spartacus: Blood and Sand]]'' ([[2010]]), interpretando a [[Crixo]], un fero [[Galos|galo]] invicto na area. A serie, cargada de escenas tórridas e sensuais, mostra a Bennett espido en varias ocasións, o que non deixou o público indiferente. Tras o éxito da primeira tempada, rodouse una [[precuela]] titulada ''[[Spartacus: Gods of the arena]]'' ([[2011]]), que conta a historia do ''ludus'' de [[Léntulo Batiato]] previa á chegada de [[Espartaco]] e o nacemento do campión de [[Capua]], Crixo (Bennett). Tras esta rodáronse outras dúas tempadas: ''[[Spartacus: Vengeance]]'' ([[2012]]) e ''[[Spartacus: War of the Damned]]'' ([[2013]]), nas que Bennet mantivo o seu papel ata a morte do personaxe na batalla nun dos últimos capítulos da serie.


Os seus últimos traballos foron a interpretación do xefe [[Orcos (Tolkien)|orco]] [[Azog]], na [[The Hobbit|Triloxía de O Hobbit]], de [[Peter Jackson]] ([[2012]]-[[2014]])<ref name="IMDb">{{cita web|url=http://www.imdb.com/name/nm0071847/|título=Manu Bennett|dataacceso=15 de marzo de 2013|idioma=inglés|editorial=[[IMDb]]}}</ref> e nas dúas tempadas da serie ''[[Arrow]]'', no papel de [[Slade Wilson]], un supervilán ou antiheroe, alcumado «Deathstroke». É un asasino e mercenario inxectado de «Mirakuru», sendo na segunda tempada da serie o antagonista principal.
Os seus últimos traballos foron a interpretación do xefe [[Orcos (Tolkien)|orco]] [[Azog]], na [[The Hobbit|Triloxía O Hobbit]], de [[Peter Jackson]] ([[2012]]-[[2014]])<ref name="IMDb">{{cita web|url=http://www.imdb.com/name/nm0071847/|título=Manu Bennett|dataacceso=15 de marzo de 2013|idioma=inglés|editorial=[[IMDb]]}}</ref> e nas dúas tempadas da serie ''[[Arrow]]'', no papel de [[Slade Wilson]], un supervilán ou antiheroe, alcumado «Deathstroke». É un asasino e mercenario inxectado de «Mirakuru», sendo na segunda tempada da serie o antagonista principal.


== Filmografía ==
== Filmografía ==

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2019 ás 17:42

Manu Bennett
Bennett no 2014.
Nome completoJonathan Manu Bennett
Nacemento10 de outubro de 1969 (54 anos)
LugarRotorua, Illa Norte, Nova Zelandia Nova Zelandia
NacionalidadeNeozelandés
Educado enTe Aute College e Merewether High School
Parella(s)Karin Horen (??-presente)
Fillos3 fillos
ProfesiónActor
Coñecido/a porSpartacus
Na rede
IMDB: nm0071847 Allocine: 133997 Allmovie: p488397 TCM: 730391 TV.com: people/manu-bennett
Facebook: ManuBennett Twitter: manubennett Instagram: manubennett Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jonathan Manu Bennett (Rotorua, illa Norte; 10 de outubro de 1969) é un actor neozelandés, coñecido principalmente polo seu papel de Crixo nas catro tempadas da serie de televisión Spartacus.

Primeiros anos

De nai australiana e pai neozelandés, Bennett naceu e pasou uns poucos meses en Nova Zelandia ata trasladarse definitivamente a Australia. O pai era un coñecido cantante mentres que a súa nai posaba como modelo de bikinis. Bennett é un cruce de varias culturas, dende irlandesa por parte do seu pai ata colombiana por parte da súa nai.[1]

Creceu entre Sidney e Newcastle, en 1986 volveu a Nova Zelandia para asistir ao Te Aute College e posteriormente volveu a Australia, onde foi elixido para formar parte do New South Wales Schoolboys Rugby Union Team. Porén, como Bennett estaba interesado principalmente na danza moderna, o ballet clásico e o piano, abandonou o rugby para asistir á universidade e estudar danza e drama. Posteriormente viaxou a Los Ángeles xa que conseguiu unha bolsa para asistir ao Lee Strasberg Theatre Institute. [Cómpre referencia]

Carreira profesional

A súa carreira profesional comezou no ano 1993, na telenovela xuvenil Paradise Beach. A continuación púidose velo con papeis como invitado nalgúns dramas da televisión australiana, entre eles Water Rats, All Saints e Beastmaster. A súa carreira televisiva continuou con títulos coma Xena: Warrior Princess, na que se pode recordar como Marco Antonio; Shortland Street, onde encarnou a Jack Hewitt entre 2000 e 2001; ou Street Legal, onde foi Matt Urlich.

Na pantalla grande obtivo o seu primeiro traballo como protagonista en 1999, nunha película chamada Tomoko, rodada en Toquio. Os seus créditos inclúen os títulos Lantana, drama protagonizado por Anthony LaPaglia e Rachael Blake; Persecución extrema, na que traballou xunto a Robert Patrick e John Cena; La isla de los condenados, con Steve Austin e Vinnie Jones; e 30 días de oscuridad, que tivo no seu elenco a figuras como Josh Hartnett, Ben Foster e Melissa George.

Despois dunha década de penas e glorias por varias series e películas, chegoulle un importante papel como personaxe principal na serie Spartacus, titulada na súa primeira tempada Spartacus: Blood and Sand (2010), interpretando a Crixo, un fero galo invicto na area. A serie, cargada de escenas tórridas e sensuais, mostra a Bennett espido en varias ocasións, o que non deixou o público indiferente. Tras o éxito da primeira tempada, rodouse una precuela titulada Spartacus: Gods of the arena (2011), que conta a historia do ludus de Léntulo Batiato previa á chegada de Espartaco e o nacemento do campión de Capua, Crixo (Bennett). Tras esta rodáronse outras dúas tempadas: Spartacus: Vengeance (2012) e Spartacus: War of the Damned (2013), nas que Bennet mantivo o seu papel ata a morte do personaxe na batalla nun dos últimos capítulos da serie.

Os seus últimos traballos foron a interpretación do xefe orco Azog, na Triloxía O Hobbit, de Peter Jackson (2012-2014)[2] e nas dúas tempadas da serie Arrow, no papel de Slade Wilson, un supervilán ou antiheroe, alcumado «Deathstroke». É un asasino e mercenario inxectado de «Mirakuru», sendo na segunda tempada da serie o antagonista principal.

Filmografía

Ano Cine / Televisión Papel
1993 Paradise Beach Kirk Barsby
1994 Blue Heelers Mark Davies
1996 Water Rats Joseph Lipinski
1998 All Saints Darren
The Violent Earth Wanatcha DuValier
1999 Beastmaster Terron Leader
2000 Xena: Warrior Princess Marco Antonio
Shortland Street Jack Hewitt
2001 Lantana Steve Veldez
Street Legal Matt Urlich
2006 The Marine Bennett
2007 The Condemned Paco
30 Days of Night Oficial Billy Kitka
2010 Spartacus: Blood and Sand Crixo
2011 Spartacus: Gods of the Arena Crixo
Simbad and the Minotaur Simbad
2012 Spartacus: Vengeance Crixo
The Hobbit: An Unexpected Journey Azog
Bikie Wars: Brothers in Arms Sunshine[2]
2013 Spartacus: War of the Damned Crixo
Arrow Slade Wilson (Deathstroke)[3]
The Hobbit: The Desolation Of Smaug Azog
2014 The Hobbit: The Battle of the Five Armies Azog
Arrow Slade Wilson (Deathstroke)
2016 The Shannara Chronicles Alannon

Notas

  1. "Biografía de Manu Bennett". biografías.es. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Manu Bennett" (en inglés). IMDb. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  3. "Un actor de Spartacus en la primera temporada de Arrow". Pizquita. 1 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2012.