Narrativa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Plástica e audiovisual}}
Liña 1: Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Plástica e audiovisual}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}



Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2019 ás 01:37

A narrativa é un xénero literario, que adoita presentarse en forma de prosa, mais pode ser tamén en versos (epopea, romanceiros). Segundo Carlos Reis, o texto narrativo é un proceso de exteriorización, unha actitude obxectiva e baseada na sucesividade.

No século XX, a partir do estruturalismo, xorde unha especie de teoría semiótica da narrativa (ou narratoloxía) que propón estudar a narratividade en xeral (novelas, contos, filmes, espectáculos, mitos, anécdotas, cancións, músicas, vídeos). Encabezados por Roland Barthes, estes estudos pretenden encontrar unha "gramática" da narrativa, máis ou menos como Saussure encontrara para a fala. É a partir de aí que xorden as fichas de lectura e os estudos sobre o narrador, os actuantes e as estratexias narrativas de determinada escola, entre outros.

Roland Barthes, mestre no estudo da narrativa, afirma que "a narrativa está presente en todos os tempos, en todos os lugares, en todas as sociedades, comeza coa propia historia da humanidade. [...] É froito do xenio do narrador ou posúe en común con outras narrativas unha estrutura acesíbel á análise".

Acción

A acción é o conxunto de acontecementos que transcorren nun determinado espazo e tempo. Aristóteles, na súa Poética, xa afirmaba que "sen acción non podería haber traxedia". Sen dificultade se estende o termo traxedia á narración, e así a presenza de acción é o primeiro elemento esencial ao texto narrativo.

Estrutura da narración

A acción da narrativa pode dividirse en tres accións: "Intriga", "Acción principal" e "Acción secundaria".

  • Intriga: acción considerada como un conxunto de acontecementos que se suceden, segundo un principio de casualidade, con vista a un desenlace. A intriga é unha acción fechada.
  • Acción principal: integra o conxunto de secuencias narrativas que teñen maior importancia.
  • Acción secundaria: a súa importancia defínese en relación á principal, da que depende, por veces; relata acontecementos de menor relevo.

A narración consiste en arranxar unha secuencia de feitos na cal os personaxes se moven nun determinado espazo á medida que o tempo pasa. O texto narrativo está baseado na acción que envolve personaxes, tempo, espazo e conflito. Os seus elementos son: narrador, enredo, personaxes, espazo e tempo.

Desa forma, o texto narrativo presenta unha determinada estrutura:

  1. Presentación;
  2. Nó ou desenvolvemento;
  3. Clímax;
  4. Desenlace.

Secuencia

A acción está constituída por un número variábel de secuencias (segmentos narrativos con principio, medio e fin), que poden aparecer articuladas dos seguintes xeitos:

  • Encadeamento ou organización por orde cronolóxica.
  • Encaixe, en que unha acción é introducida noutra que estaba a ser narrada e que despois se retoma.
  • Alternancia, en que varias historias ou secuencias van sendo narradas alternadamente pola forma que foi escrita; ese "eu lírico" debe abranguer máis, de forma que o lector se familiarice coa lectura.

A acción pode dividirse en:

  • Presentación: é o momento do texto no que o narrador presenta os personaxes, o escenario, o tempo etc. Nese momento sitúa o lector nos acontecimentos (feitos).
  • ou desenvolvemento: é nese momento cando se inicia o conflito (a oposición entre dúas forzas ou dous personaxes). A paz inicial é quebrada a través do conflito para que a acción, a través dos feitos, se desenvolva.
  • Clímax: momento de maior intensidade dramática da narración. É nese momento no que o conflito fica insustentábel, algo ten de ser feito para que a situación se resolva.
  • Desenlace: é como os feitos (situación) se resolven no final da narración. Pode ou non presentar a resolución do conflito.

Tempo

  • Tempo cronolóxico ou tempo da historia, determinado pola sucesión cronolóxica dos acontecementos narrados.
  • Tempo histórico, refírese á época ou momento histórico no que a acción se desenvolve.
  • Tempo psicolóxico, é un tempo subxectivo, vivido ou sentido pola personaxe, que flúe en consonancia co seu estado de espírito.
  • Tempo do discurso, resulta do tratamento ou elaboración do tempo da historia polo narrador. Este pode escoller narrar os acontecementos:
    • por orde lineal
    • con alteración da orde temporal (anacronía), recorrendo á analepse (un chimpo a acontecementos pasados) ou á prolepse (un salto a acontecementos futuros);
    • ao ritmo dos acontecementos (isocronía), como, por exemplo, na escena dialogada;
    • a un ritmo diferente (anisocronía), recorrendo ao resumo ou sumario (condensación dos acontecementos), á elipse (omisión de acontecementos) e á pausa (interrupción da historia para dar lugar a descricións ou divagacións).

Personaxes

Roland Barthes, alén de retomar a importancia que os clásicos daban á acción, avanza ao afirmar que “non existe unha soa narrativa no mundo sen personaxes”. Aquí enténdese personaxe non como persoas, seres humanos. Un animal pode ser personaxe (A revolta dos animais), a morte pode ser unha personaxe (As Intermitências da Morte), unha cidade decadente ou unha caneta caendo poden ser personaxes, desde que estean nun espazo e realizando unha acción, aínda que involuntaria.

Relevo das personaxes

  • Protagonista, personaxe principal ou heroe: desempeña un papel central, a súa actuación é fundamental para o desenvolvemento da acción.
  • Personaxe secundaria: asume un papel de menor relevo que o protagonista, sendo aínda importante para o desenvolver a acción.
  • Figurante: ten un papel irrelevante no desenvolvemento da acción, cabéndolle, no entanto, o papel de ilustrar un ambiente ou un espazo social do que é representante.

Composicilón

  • Personaxe redonda (ou esférica): dinámica, dotada de densidade psicolóxica, capaz de alterar o seu comportamento e, por conseguinte, de evolucionar ao longo da narrativa.
  • Personaxe plana (ou deseñada): estática, sen evolución, sen gran vida interior; noutras palabras: a personaxe plana compórtase da mesma forma previsíbel ao longo de toda a narrativa.
  • Personaxe-tipo: representa un grupo profesional ou social.
  • Personaxe colectiva: representa un grupo de individuos que actúa como se os animase unha única vontade.

Caracterización

  • Directa
    • Autocaracterización: a propia personaxe refire as súas características.
    • Heterocaracterización: a caracterización da personaxe énos facilitada polo narrador ou por outra personaxe.
  • Indirecta: o narrador pon a personaxe en acción, cabéndolle ao lector, a través do seu comportamento ou da súa fala, trazar o seu retrato.

Espazo (ou ambiente)

  • Espazo ou ambiente físico: é o espazo real, que serve de escenario á acción, onde as personaxes se moven.
  • Espazo ou ambiente social: é constituído polo ambiente social, representando, por excelencia, polas personaxes figurantes.
  • Espazo ou ambiente psicolóxico: espazo interior da personaxe, abarcando as súas vivencias, os seus pensamentos e sentimentos.

O espazo ou ambiente pode ser desde unha praia a un lago conxelado. Os feitos da narración acontecen de acordo co espazo.

Narrador

  • Participación
    • Heterodiexético: non participante.
    • Autodiexético: participa como personaxe principal.
    • Homodiexético: participa como personaxe secundaria.
  • Focalización: é a perspectiva adoptada polo narrador en relación ao universo narrado, isto é, a maneira como o narrador ve os feitos da historia.
    • Focalización omnisciente: colocado nunha posición de transcendencia, o narrador mostra coñecer toda a historia, manipula o tempo, e coñece o mundo interior (incluídos os pensamentos e sentimentos) das personaxes.
    • Focalización interna: o narrador adopta o punto de vista dun personaxe (ou de varios), resultando unha diminución de coñecemento.
    • Focalización externa: o coñecemento do narrador limítase ao que é observábel do exterior.
    • Focalización neutra: o narrador non expón o seu punto de vista (este modo non existe na práctica, só na teoría).
    • Focalización restritiva: a visión dos feitos dáse a través da óptica dalgún personaxe.
    • Focalización interventiva: o autor fai observacións sobre os personaxes (típica das novelas modernas)

Sucesión e Integración

Claude Bremond, ao definir narrativa, acrecentará a sucesión e a integración como esenciais para a narratividade: "Toda narrativa consiste nun discurso integrando unha sucesión de acontecemento de interese humano na unidade dunha mesma acción. Onde non hai sucesión non hai narrativa, senón, por exemplo, descrición, dedución, efusión lírica etc. Onde non hai integración na unidade dunha acción, non hai narrativa, senón soamente cronoloxía, enunciación dunha sucesión de feitos non relacionados".

Totalidade de significación

A totalidade de significación é apuntada por Greimas como outro elemento fundamental da narrativa. Aínda que aparentemente o lector non entenda un texto, ha de ter nel unha significación para que se configure como historia, como narración.

En prosa e verso

A pesar de aparecer comunmente en prosa, a narración pode existir en versos. Os exemplos clásicos son as epopeas, como a Odisea, ou os romanceiros, como o Romanceiro da Inconfidência. Poemas como O Caso do Vestido e Quadrilha, de Carlos Drummond de Andrade, son verdadeiras narrativas en versos, con acción, personaxes, sucesión, integración e significación.

Véxase tamén

Outros artigos