Blog: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Tecnoloxía da información e da comunicación}}
Liña 1: Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Tecnoloxía da información e da comunicación}}
{{Sen notas}}
{{Sen notas}}
Un '''Weblog''' (do inglés ''web'' + ''log''), '''blog''', '''bitácora''' ou '''blogue''' é unha [[páxina web]] onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
Un '''Weblog''' (do inglés ''web'' + ''log''), '''blog''', '''bitácora''' ou '''blogue''' é unha [[páxina web]] onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Revisión como estaba o 31 de decembro de 2018 ás 00:44

Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.

Crear e manter un weblog non é difícil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuítas para levar weblogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o weblog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son Movable Type, Textpattern e Greymatter. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son Blogger, TypePad e Pitas.

Unha das primeiras páxinas web foi un weblog onde Tim Berners-Lee, un dos pais de internet, publicaba un pequeno comentario das novas páxinas webs que ían aparecendo. Porén, non se pode falar de weblogs até o ano 1997, que foi cando Jorn Barger inventou o termo weblog. Coa saída dos novos servizos como Blogger ou Pitas o número de weblogs aumentou moito. Non se sabe con certeza cal é o número total de weblogs existentes, sobre todo a partir dos anos 2002, 2003 e 2004 que foron os anos onde houbo un "estourido" de weblogs. A principio do ano 2004 calculábanse o seu número en máis de 8 millóns.

Algunhas variantes de weblogs son os fotoblogs, onde os webloggers publican imaxes, os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos, os audioblogs, onde os webloggers publican gravacións sonoras, e os moblogs, onde os webloggers publican dende un teléfono móbil. O autor dun blog pode inclinarse por máis dunha destas variantes.

Os weblogs en galego tiveron o seu auxe no 2004 de onde pasaron de ter só uns 20 weblogs aproximadamente a principios de ano, a ter 300 weblogs aproximadamente a finais de ano. O blogomillo é o termo que engloba ao colectivo de todos os weblogs en galego.

O 31 de agosto celébrase o Día Internacional do Blog.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Blogalego Buscador de artigos de weblogs galegos.
  • Roteiros Blog da revista "Roteiros. Arumes de pensamento crítico.