Materialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Eliminouse a referencia ó ficheiro "MarvinHarris.jpg" que foi borrado en Commons por Masur. Motivo: Copyright violation, found elsewhere on the web and unlikely to be own work ([[:c
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}

[[Ficheiro:MarvinHarris.jpg|miniatura|[[Marvin Harris]], creador e figura principal do [[materialismo cultural]].]]
O '''materialismo'''<ref>{{DRAG|materialismo}}</ref> é unha doutrina [[metafísica]] consistente en afirmar que só existe a [[materia]] ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por ''materia'' enténdese calquera [[Substancia química|substancia]] que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia,<ref name="Algo Sobre"/> como poden ser as [[alma]]s, [[espírito]]s, [[deus]]es etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes [[ateísmo|ateas]] e antirrelixiosas.<ref name="Algo Sobre">{{cita web |url=http://www.algosobre.com.br/sociofilosofia/materialismo.html |título=Materialismo |dataacceso=6 de novembro de 2012 |obra=R7 |editorial=Algo Sobre}}</ref>
O '''materialismo'''<ref>{{DRAG|materialismo}}</ref> é unha doutrina [[metafísica]] consistente en afirmar que só existe a [[materia]] ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por ''materia'' enténdese calquera [[Substancia química|substancia]] que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia,<ref name="Algo Sobre"/> como poden ser as [[alma]]s, [[espírito]]s, [[deus]]es etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes [[ateísmo|ateas]] e antirrelixiosas.<ref name="Algo Sobre">{{cita web |url=http://www.algosobre.com.br/sociofilosofia/materialismo.html |título=Materialismo |dataacceso=6 de novembro de 2012 |obra=R7 |editorial=Algo Sobre}}</ref>



Revisión como estaba o 28 de decembro de 2018 ás 22:40

O materialismo[1] é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só existe a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia,[2] como poden ser as almas, espíritos, deuses etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes ateas e antirrelixiosas.[2]

Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da filosofía occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos XVIII, co empirismo inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no século XIX en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o materialismo dialéctico (Friedrich Engels e Karl Marx). No século XX o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada Neopositivismo.

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas ciencias da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos psíquicos e mentais, aparentemente de natureza incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira soamente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó neuro-fisiolóxico.

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sen cerebro, polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis da dialéctica.

Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significado moral e disigna unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.

Introdución

A oposición entre o enfoque materialista e o enfoque idealista é unha das polémicas filosóficas máis antigas e persistentes. No século XVII o termo «materialismo» adoitaba usarse principalmente no senso de representacións físicas sobre a materia. Nese sentido as ciencias naturais modernas teñen un enfoque completamente materialista.

Dende comezos do século XIX, por influencia do materialismo histórico, o termo pasa a empregarse tamén en contexto das ciencias sociais. Nese sentido o materialismo refírese a varios marcos teóricos que buscan as causas dos procesos históricos e a mudanza cultural en causas materiais. Para este materialismo de tipo histórico as causas últimas dos fenómenos sociais están determinadas por factores materiais e rexeita explicitamente as explicacións nas que interveñen factores sobrenaturais, tomando como un feito a irrelevancia científica de Deus, de espíritos e dunha suposta intelixencia do mundo no devir histórico. De acordo co materialismo, as causas últimas deben buscarse en factores medibles ou aprehendibles empiricamente.[3]

Aínda que historicamente o materialismo histórico popularizouse no seo do marxismo, onde segue sendo un tema principal, atópanse antecedentes anteriores a Marx. No presente forma parte da antropoloxía, teoría da historia ou socioloxía, facendo que o materialismo histórico acolla toda unha serie de elaboracións teóricas non necesariamente marxistas. Fóra do eido do marxismo, o materialismo de tipo histórico é a hipótese de que os trazos definitorios das sociedades humanas e a evolución histórica das mesmas estivo determinada por factores materiais (tecnoloxía dispoñible, sistema de produción, características xeográficas e climáticas). Por mor do intento de estabelecer as ideas do materialismo histórico de xeito independente á versión marxista do mesmo, acuñáronse termos novos como: materialismo cultural, funcionalismo ecolóxico, determinismo xeográfico, determinismo económico, e outros, que poden ser considerados como concepcións materiais da historia. Diversos autores académicos como Jared Diamond ou Marvin Harris trataron en detalle a evolución histórica de extensas áreas xeográficas, e tentando explicar trazos definitorios da sociedade a partir de factores materiais, sinalando que este tipo de factores son os preponderantes cando se tenta entender a evolución das sociedades e as civilizacións.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para materialismo.
  2. 2,0 2,1 "Materialismo". R7. Algo Sobre. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  3. "As premisas das que partimos (...) [s]on os individuos reais, a súa acción e as súas condicións materiais de vida, tanto aquelas con que se atoparon xa feitas, como as enxendradas pola súa propia acción. Estas premisas poden comprobarse, conseguintemente, pola vía puramente empírica." Karl Marx e Friedrich Engels, A ideoloxía alemá. http://www.marxists.org/espanol/m-e/1840s/feuerbach/1.htm

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía