Lied der Deutschen: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
|||
Liña 103: | Liña 103: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*''[[Horst Wessel Lied]]'', himno do [[partido Nazi]] interpretado entre 1933 e 1945 xunto ao Lied der Deutschen. |
|||
*''[[Auferstanden aus Ruinen]]'' |
*''[[Auferstanden aus Ruinen]]'', himno da [[República Democrática Alemá]]. |
||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2018 ás 09:58
Das Lied der Deutschen | |
---|---|
Das Deutschlandlied | |
En galego: A canción dos alemáns | |
Himno de | Alemaña |
Letra | Hoffmann von Fallersleben 1841 |
Música | Joseph Haydn 1797 |
Adoptado | 1922 |
Mostra da música | |
Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escrita por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben en 1841 con música de Joseph Haydn, quen a compuxera orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett). A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.
Situación actual
Actualmente, o himno correspóndese coa terceira estrofa. Así foi desde a fundación da República Federal de Alemaña e así se oficializó en dúas ocasións: a primeira en 1952 por un intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Theodor Heuss e o Chanceler Federal Konrad Adenauer;[1] o status foi confirmado en 1990 nun intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Richard von Weizsäcker e o Chanceler Helmut Kohl.[2]
Orixes e historia
O texto xurdiu nunhas circunstancias moi concretas, cando non existía un Estado alemán, senón que o territorio estaba divido nunha morea de cidades-estados e provincias, que paseniñamente foron asimiladas cara ao goberno central de Berlín ata converterse no Imperio Alemán en xaneiro de 1871. Logo da Primeira Guerra Mundial, este texto, escrito 30 anos antes da unificación alemá, converteuse en himno nacional. A primeira estrofa «Deutschland, Deutschland über alles», malia que orixinariamente expresaba sinxelamente unha arela de unidade nacional, quedou vencellada co imperialismo alemán e, logo, co goberno nazi e a súa política abertamente expansionista. Entre 1933 e 1945, cantábase a primeira estrofa e logo o Horst Wessel Lied, o himno do partido nazi.
Letra
A continuación amósase a letra de "Lied der Deutschen" tal como foi escrita por Hoffmann von Fallersleben. Só a terceira estrofa é actualmente o himno nacional da República Federal de Alemaña.
Deutschlandlied | |
---|---|
Letra en alemán | Tradución aproximada |
Primeira estrofa | |
Deutschland, Deutschland über alles, |
Alemaña, Alemaña sobre todo, |
Segunda estrofa | |
Deutsche Frauen, deutsche Treue, |
Mulleres alemás, fidelidade alemá, |
Terceria estrofa (Himno nacional de Alemaña) | |
Einigkeit und Recht und Freiheit |
Unidade e xustiza e liberdade |
Notas
- ↑ A corespondencia entre Adenauer e Heuss Arquivado 16 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (1952) (en alemán)
- ↑ A correspondencia entre Helmut Kohl e Richard von Weizsäcker Arquivado 16 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (1991, en alemán)
Véxase tamén
Outros artigos
- Horst Wessel Lied, himno do partido Nazi interpretado entre 1933 e 1945 xunto ao Lied der Deutschen.
- Auferstanden aus Ruinen, himno da República Democrática Alemá.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lied der Deutschen |
- Son do himno en formato mp3
- Partituras de dominio público en International Music Score Library Project
- Letra e música
- Sobre o himno (en inglés)