Doc Rivers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 93: Liña 93:
[[Categoría:Bases de baloncesto]]
[[Categoría:Bases de baloncesto]]
[[Categoría:Adestradores da NBA]]
[[Categoría:Adestradores da NBA]]
[[Categoría:Adestradores de baloncesto]]
[[Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2018 ás 14:23

Doc Rivers
Doc Rivers en outubro de 2007
Posición Base
Dorsal 25
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Nacemento 13 de outubro de 1961 (62 anos)
Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Marquette
NBA Draft 1983 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Atlanta Hawks
Tempadas 19831996
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     9 377
Rebotes     2 625
Asistencias     4 889
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Glenn Anton "Doc" Rivers, nado o 13 de outubro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador de Los Angeles Clippers. Debutou como tal na NBA dirixindo a Orlando Magic en 1999. Na súa primeira tempada, levou o premio ao mellor adestrador do ano.

Traxectoria deportiva

Universidade

Entre 1980 e 1983 xogou cos Warriors[1] da Universidade de Marquette, nos cales fixo 13,9 puntos, 4,6 asistencias e 3,3 rebotes por partido.

Profesional

Foi elixido en sétima posición (31 en total) da segunda rolda do Draft da NBA de 1983 por Atlanta Hawks. Xogou 8 tempadas no equipo, onde rapidamente se fixo co posto de titular. O seu mellor ano foi en 1987, cando acabou a tempada facendo 12,8 puntos e 10 asistencias, cuarto neste apartado de toda a NBA. Tras un breve paso por Los Angeles Clippers, fichou por New York Knicks en 1992, onde, tras unha primeira tempada discreta, perdeuse case por completo a segunda por mor das lesións. A mediados da tempada seguinte foi traspasado a San Antonio Spurs, onde completou, moi por baixo do seu nivel, esta e outra máis, para retirarse en 1996.

Adestrador

En 1999 faise cargo do equipo dos Orlando Magic, onde, tras acabar cunha porcentaxe de vitorias do 50% é nomeado Adestrador do Ano. Alí permanece até o inicio da tempada 2003-2004, onde, tras un mal inicio, con 1 partido gañado e 10 perdidos, é destituído.

En 2004 é fichado por Boston Celtics, posto que ostenta na actualidade. Na tempada 2007/2008 gañaría o anel da NBA co seu equipo, os Boston Celtics, derrotando na final por 4-2 a Los Angeles Lakers.

Equipos

Logros persoais

Notas

  1. Até 1994, os equipos da Universidade de Marquette denominábanse Warriors

Véxase tamén

Ligazóns externas