Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra carlista»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(coloco modelo conflito)
|casus =problema sucesorio
|territorio =
|combatentes1 =[[Carlistas]]<br />(españois leais a [[Carlos María Isidro de Borbón]])
Apoio económico de:<br />
[[Prusia]] <br />
[[Ficheiro:Infante don Carlos, by Vicente Lopez.JPG|miniatura|180px|[[Carlos María Isidro de Borbón]].]]
{{sen referencias}}
A '''primeira guerra carlista''', tamén coñecida como '''guerra dos Sete Anos''', desenvolveuse en [[España]] entre [[1833]] e [[1840]] entre os partidarios de [[Carlos María Isidro de Borbón]], coñecidos como [[carlismo|carlistas]] e partidarios dun réxime absolutista e [[Isabel II de España|Isabel II]], partidarios dun réxime [[liberalismo|liberal]]. Con anterioridade, a historiografía españols, tamén a tiña denominado como '''guerra dos Sete Anos''' ou '''primeira guerra civil.'''<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana|apelidos=VV.AA.|nome=|editorial=Espasa-Calpe|ano=1921|ISBN=|lugar=Madrid|páxina=1490|ref=}}</ref>
 
==Orixe==
[[Ficheiro:Portrait of Isabella II of Spain.png|miniatura|dereita|180px|[[Isabel II de España]].]]
 
En España estaba en vigor a [[Lei sálica]] dende comezos do [[século XVIII]] que prohibía reinar ás mulleres. O [[31 de marzo]] de [[1830]] Fernando VII promulgou a [[Pragmática sanciónSanción de 1830|pragmática sanción]], aprobada o [[30 de setembro]] de [[1789]] por [[Carlos IV de España|Carlos IV]], pero que non se fixera efectiva por razóns de política exterior. A pragmática establecía que se o rei non tiña herdeiro varón, herdaría a filla maior. Isto excluía, na práctica, ao infante [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] da sucesión, por canto xa fose neno ou nena quen nacese da embarazada cuarta esposa do rei, sería o seu heredeiro directo. Desta forma, Isabel (a futura [[Isabel II de España|Isabel II]]), nacida pouco despois, víase recoñecida como herdeira da coroa, con gran desgusto dos partidarios de Carlos, o irmán do rei.
 
En [[1832]], achándose o rei enfermo de gravidade na [[La Granja de San Ildefonso|Granja]], cortesáns partidarios do infante conseguiron que Fernando VII firmara un decreto derrogando a pragmática. Coa melloría da saúde do rei, o Goberno de [[Francisco Cea Bermúdez]] púxoa de novo en vigor. Tras iso, Carlos marchou a [[Portugal]]. No entanto, [[María Cristina de Borbón|María Cristina]], e esposa do rei, nomeada rexente durante a grave enfermidade deste (a herdeira Isabel apenas tiña tres anos nese momento), iniciou un acercamento cara aos [[liberalismo|liberais]] e concedeu unha ampla amnistía para os exiliados, para asegurarse apoios para a súa filla e prefigurando a viraxe político cara ao liberalismo que se produciría á morte do rei.
En outubro de 1835 Nazario Eguía asumiu o posto de xeneral en xefe das tropas carlistas no País Vasco e Navarra, durante o seu mandato o exército carlista aumentou ata chegar aos 36.000 homes e o seu sucesor, Bruno Villarreal, caracterizouse por fomentar as expedicións fóra do territorio carlista, mentres o novo goberno carlista que entrou en funcionamento en maio de 1836, dirixido por Juan Bautista Erro pretendía crear unha administración eficaz.
 
En outubro de [[1836]] tivo lugar o segundo sitio de Bilbao, que fracasou aos cinco días e en novembro un terceiro intento que durou mes e medio e que fracasou diante a defensa de [[Baldomero Espartero]], e que provocou o nomeamento de Sebastián Gabriel de Borbón Braganza como xeneral en xefe dos carlistas, que en marzo de [[1837]] venceu ás tropas liberais na [[batalla de Oriamendi]] e que os sectores máis radicais do carlismo fixéranse co control político, acrecentado tras Expedición Real. José Antonio Guergué fíxose co mando do exército ata xuño de 1838, cando foi substituído por Rafael Maroto, quen reorganizou o exército e mandou fusilar en febreiro de 1839 a Guergué e a outros militares acusados de conspirar na súa contra e tentou conseguir do pretendente a destitución dos seus opoñentes, polo que foi destituído por Don Carlos, aínda que aos poucos días restituíuno no seu posto e accedeu ás súas demandas. Maroto negociou co goberno de Isabel II sen o apoio do pretendente e coa oposición de parte das súas tropas e o [[29 de agosto]] de 1839 Espartero e os xenerais La Torre e Urbiztondo, representantes de Maroto, asinan o [[Convenio de Oñate]] que puxo fin á guerra no norte de España, confirmado co coñecido como [[Convenio de Bergara|abrazo de VergaraBergara]] entre Maroto e Espartero o [[31 de agosto]].
 
O [[14 de setembro]] de [[1839]] o pretendente carlista e as súas tropas que lle permanecían fieis cruzaron a fronteira francesa e a guerra rematou na fronte norte.
*A Expedición Real, motivada polas negociacións que se estaban a realizar entre Carlos e María Cristina, saíu en maio de 1837 con 12.000 homes á fronte do pretendente Carlos cara a Aragón, Valencia, Cataluña e finalmente Madrid, onde se retiran de xeito un tanto estraño e chegan ao territorio carlista en outubro de 1837. Tras a expedición Carlos marxinou aos elementos máis moderados do carlismo.
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
==Véxase tamén==
{{Commons|Primera Guerra Carlista}}
24.396

edicións

Menú de navegación