Exercicio físico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Clarificar
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Educación corporal}}
Liña 1: Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Educación corporal}}
{{Sen referencias|data=outubro de 2017}}O '''exercicio físico''' é a [[actividade física]] recreativa, que se realiza en momentos de [[lecer]] ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha [[Afección (hobby)|afección]] que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.
{{Sen referencias|data=outubro de 2017}}O '''exercicio físico''' é a [[actividade física]] recreativa, que se realiza en momentos de [[lecer]] ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha [[Afección (hobby)|afección]] que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.



Revisión como estaba o 17 de decembro de 2018 ás 13:01

O exercicio físico é a actividade física recreativa, que se realiza en momentos de lecer ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha afección que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.

O exercicio físico implica a realización de movementos corporais planificados e deseñados especificamente para estar en forma física e gozar de boa saúde.[Cómpre referencia]

O termo de exercicio físico inclúe o da ximnasia, o baile, os deportes e a educación física.[Cómpre referencia]

Beneficios do exercicio físico

Exercicio físico.

O exercicio físico é un compoñente do estilo de vida que nas súas distintas facetas ximnasia, deporte e a educación física constitúen actividades vitais para a saúde. A prolongación da vida e a terapia contra numerosas enfermidades consisten hoxe día no exercicio físico, o deporte e o exercicio metódico porque educan, disciplinan, desenvolven a vontade e preparan ao ser humano para a produción e a vida.

É universalmente coñecido que o exercicio físico sistemático promove a saúde e contribúe decisivamente á lonxevidade do home. Investigacións[Cómpre clarificar] realizadas en diversos centros especializados e os resultados obtidos demostran que o tempo que se dedica a mellorar a capacidade física constitúe un tempo ben empregado.

Os beneficios fundamentais que o exercicio físico regular ofrece sobre a saúde son:

  1. Incrementa o funcionamento do sistema cardiovascular e respiratorio para mellorar a perfusión tisular e xa que logo a achega de osíxeno e nutrientes aos tecidos.
  2. Opera cambios na mente do home cara a direccións máis positivas independentemente de calquera efecto curativo. Un programa de exercicio adecuado fortalece a psique humana.[Cómpre referencia]
  3. Aumenta a circulación cerebral, o que fai ao individuo máis esperto e alerta, e mellora os procesos do pensamento.
  4. Prolonga o tempo socialmente útil do home así como ao mellorar a súa capacidade física muscular eleva os seus niveis produtivos, polo que retarda os cambios da vellez. Asegura unha maior capacidade de traballo e a ter maior lonxevidade.[Cómpre referencia]

As enfermidades na que se demostrou que o exercicio físico é beneficioso son:[Cómpre referencia]

Tipos de exercicio físico

  • Exercicio aeróbico: É aquel exercicio físico baseado no "metabolismo aeróbico" e que ten unha repercusión importante sobre o sistema cardiovascular cando se seguen programas de adestramento sistematizados. O metabolismo aeróbico é un proceso metabólico que require da presenza do osíxeno, a nivel celular, para levar a cabo a produción de enerxía que protexe a actividade física aeróbica e outras funcións aeróbicas. Os exercicios aerobios son de longa duración e de baixa intensidade. Os exercicios de estiramento muscular son un tipo de exercicio físico aeróbico especial.
  • Exercicio anaeróbico: É aquel exercicio físico baseado en "o metabolismo anaeróbico", o que se leva a cabo en ausencia de osíxeno, pero que a produción de enerxía e o seu rendemento é menor que no metabolismo aeróbico. Os exercicios anaeróbicos son de curta duración e grande intensidade.