Irmáns Coen: Diferenzas entre revisións
Liña 29: | Liña 29: | ||
* ''[[Inside Llewyn Davis]]'' (2013) |
* ''[[Inside Llewyn Davis]]'' (2013) |
||
* ''[[Hail, Caesar!]]'' (2016) |
* ''[[Hail, Caesar!]]'' (2016) |
||
* ''[[Suburbicon]]'' (2017) |
|||
* ''[[The Ballad of Buster Scruggs]]'' (2018) |
|||
== Premios == |
== Premios == |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2018 ás 11:23
Joel (nado o 29 de novembro de 1954) e Ethan Coen (nado o 21 de setembro de 1957) son dous irmáns cineastas estadounidenses, coñecidos como os irmáns Coen. Adoitan traballar xuntos, e mesmo hai quen os deu en chamar o director bicéfalo. Convertéronse no maior expoñente do cine independente norteamericano. Capaces de facer películas que entusiasman os críticos e ao tempo crean grande expectación entre o público.
Traxectoria
Os irmáns medraron en St. Louis Park, un arrabalde de Minneapolis (Minnesota). Os seus pais, Edward e Rena Coen, son ambos os dous profesores: o pai é especialista en economía pola Universidade de Minnesota e a nai en historia da arte pola Universidade Estatal St.Cloud.
Sendo rapaces, Joel economizou diñeiro suficiente podando arbustos de xardín para mercar unha cámara Vivitar Super-8, e xuntos reelaboraron diferentes filmes que viran na televisión cun amigo veciño que facía de estrela en tanto eles dirixían ou facían de secundarios.
Os dous irmáns Coen estudaron na Simon's Rock Early College (agora Simon's Rock College of Bard) en Great Barrington, Massachusetts. Simon's Rock é indicada para estudantes brillantes que buscan iniciar a súa educación universitaria antes de tempo. Despois de formarse en Simon's Rock, Joel botou catro anos no programa universitario de filmes da Universidade de Nova York onde realizou un filme-tese de 30 minutos chamado Soundings. O filme mostraba unha muller en relacións sexuais co seu namorado xordo, que durante o acto verbalmente fantasiaba estar tendo a relación co mellor amigo do namorado, que estaba ouvindo no cuarto do lado. Despois de haberse formado tamén en Simon's Rock, Ethan entrou na Universidade de Princeton e conseguiu un grao en filosofía en 1979. A súa tese foi un ensaio de 41 páxinas intitulado: Two Views of Wittgenstein’s Later Philosophy (Dúas visións da Filosofía Serodia de Wittgenstein).
Despois de se formar en Nova York, Joel trabalhou como asistente de produción nunha variedade de industrias de filmes e vídeos musicais. Desenvolveu un talento especial para a edición de filmes e topou con Sam Raimi, que estaba procurando un asistente de director para o seu primeiro filme, The Evil Dead (1981).
Filmografía
- Sangue fácil (1985)
- Raising Arizona (1987)
- Morte entre as flores (1990)
- Barton Fink (1991)
- The Hudsucker Proxy (1994)
- Fargo (1996)
- The Big Lebowski
- O Brother, Where Art Thou? (2000)
- The Man Who Wasn't There (2001)
- Intolerable Cruelty (2003)
- The Ladykillers (2004)
- Non é un país para vellos (2007)
- Burn After Reading (2008)
- A Serious Man (2009)
- True Grit (2010)
- Inside Llewyn Davis (2013)
- Hail, Caesar! (2016)
- Suburbicon (2017)
- The Ballad of Buster Scruggs (2018)
Premios
Oscares
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Oscar á mellor dirección | True Grit | Candidato |
2010 | Oscar ao mellor guión adaptado | True Grit | Candidato |
2010 | Oscar ao mellor filme | True Grit | Candidato |
2009 | Oscar ao mellor guión orixinal | A Serious Man | Candidato |
2009 | Oscar ao mellor filme | A Serious Man | Candidato |
2007 | Oscar á mellor dirección | Non é un país para vellos | Gañador |
2007 | Oscar ao mellor guión adaptado | Non é un país para vellos | Ganador |
2007 | Oscar á mellor montaxe | Non é un país para vellos | Candidato |
2007 | Oscar ao mellor filme | Non é un país para vellos | Gañador |
2000 | Oscar ao mellor guión adaptado | O Brother, Where Art Thou? | Candidato |
1996 | Oscar á mellor dirección | Fargo | Candidato |
1996 | Oscar ao mellor guión orixinal | Fargo | Ganador |
1996 | Oscar á mellor montaxe | Fargo | Candidato |
1996 | Oscar ao mellor filme | Fargo | Candidato |