Coronel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Fonte primaria|data=decembro de 2018}}
{{Universalizar}}
{{Outros homónimos|Coronel (homónimos)}}
{{Outros homónimos|Coronel (homónimos)}}
'''Coronel''' é o rango militar máis alto dos oficiais superiores dos [[exército]]s.<ref>{{DRAG|coronel}}</ref>
'''Coronel''' é o rango militar máis alto dos oficiais superiores dos [[exército]]s.<ref>{{DRAG|coronel}}</ref>

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2018 ás 01:23

Coronel é o rango militar máis alto dos oficiais superiores dos exércitos.[1]

Xeralmente é o inmediato superior ao de Tenente Coronel e inmediatamente inferior ao de Xeneral de brigada.

Adoita exercer o mando en rexementos e bases militares.

Etimoloxía

A palabra coronel vén do francés colonel, e este do italiano colonnello (de columna de soldados), de colonna (columna), do latín columna.

España

En España un coronel é o xefe superior dun rexemento do Exército de Terra, do Exército do Aire e da Infantaría de Mariña. Na xerarquía militar española, o grao de coronel dos exércitos de Terra ou Aire, e da Infantaría de Mariña, é o equivalente ao de capitán de navío na Armada Española.

O seu grao é o primeiro da milicia en que se adquire o tratamento de señoría (usía) e ten ben prescritas as súas obrigas nas ordenanzas do exército.

Como distintivo do seu grao, leva tres estrelas de oito puntas paralelas na bocamanga da levita ou casaca, debaixo do galón do morrión e na faixa ceñidora do quepis ou da gorra, e como signo de mando o bastón desde 1736.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coronel.