III Asemblea Nacionalista: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m bibliografía
m engado a Categoría:Vigo mediante HotCat
Liña 27: Liña 27:
[[Categoría:Nacionalismo galego]]
[[Categoría:Nacionalismo galego]]
[[Categoría:1921 en Galicia]]
[[Categoría:1921 en Galicia]]
[[Categoría:Vigo]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2018 ás 12:20

A III Asemblea Nacionalista celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921.

Historia e características

Presidida por Francisco Manuel Balboa, o vicepresidente foi Gonzalo López Abente, e secretarios Javier Soto Valenzuela e Víctor Casas. Entre os asembleístas figuraron Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Antón Villar Ponte, Lois Peña Novo, Johán Vicente Viqueira, Valentín Paz Andrade, Victoriano Taibo, Antón Losada Diéguez e Otero Pedrayo.

Tratouse da participación electoral e chegouse á conclusión de participar nas eleccións. O Directorio reservouse o dereito de decidir cando se interviría. Estas restricións do Directorio provocaron a aparición dun Consello Permanente que concentra os poderes da dirección. Estaba composto por Antón Vilar Ponte, Manuel Banet Fontenla, o Conselleiro Primeiro da irmandade coruñesa e o mesmo Risco, quen soubo gañarse a Villar Ponte e Banet, controlando así o Consello.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas