IV Asemblea Nacionalista: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m bibliografía
Liña 26: Liña 26:
[[Categoría:Nacionalismo galego]]
[[Categoría:Nacionalismo galego]]
[[Categoría:1922 en Galicia]]
[[Categoría:1922 en Galicia]]
[[Categoría:Monforte de Lemos]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2018 ás 12:20

Asistentes á IV Asemblea. Entre outros están: Castelao, Ánxel Casal, Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Roberto Blanco Torres e Otero Pedrayo.

A IV Asemblea Nacionalista celebrouse en Monforte de Lemos do 18 ao 20 de febreiro de 1922.

Historia e características

Outra estampa do mesmo evento.

A partir da I Asemblea Nacionalista producíronse diverxencias entre o grupo de Ourense, conservador e contrario á participación electoral e o da Coruña de tendencia liberal-progresista e partidaria da vía política e da colaboración con outros partidos non nacionalistas.

Na Asemblea de Monforte produciuse a ruptura das Irmandades da Fala. A Irmandade da Coruña e algunhas da Comarca mantiveron as fórmulas orixinais, mentres que a maioría constituíu a Irmandade Nazonalista Galega dirixida por Vicente Risco.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas