Xoán I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de revisión de ortografía
Elisardojm (conversa | contribucións)
Braganza
Liña 78: Liña 78:
Xoán tivo tamén dous fillos naturais de Inés Pires:
Xoán tivo tamén dous fillos naturais de Inés Pires:


* [[Afonso I, Duque de Bragança|Afonso]] ([[1377]]-[[1461]]), primeiro [[duque de Bragança]].
* [[Afonso I, Duque de Braganza|Afonso]] ([[1377]]-[[1461]]), primeiro [[duque de Bragança]].
* [[Beatriz, Condesa de Arundel|Beatriz]] (ca. [[1386]]-[[1447]]), casada con Thomas Fitzalan, 12.º conde de Arundel.
* [[Beatriz, Condesa de Arundel|Beatriz]] (ca. [[1386]]-[[1447]]), casada con Thomas Fitzalan, 12.º conde de Arundel.



Revisión como estaba o 6 de decembro de 2018 ás 23:59

Infotaula de personaJoão I, mestre de Avis, o de Boa Memória
Nome orixinal(pt) João I de Portugal Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1357 Editar o valor em Wikidata
Lisboa
Morte14 de agosto de 1433 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Lisboa
Lugar de sepulturaMosteiro de Batalha Editar o valor em Wikidata
Cargos
Rei de Portugal
Período6 de abril de 1385 - 14 de agosto de 1433
AntecesorFernando I de Portugal (de facto)
Leonor Teles de Meneses (de jure)
SucesorDuarte de Portugal
Datos persoais
Outros nomesO de Boa Memória Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Aljubarrota (pt) Traducir e Conquista de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque
Rei de Portugal Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFilipa de Lancaster
ParellaInês Pires (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDuarte de Portugal
 () Filipa de Lancaster
Fernando, o Infante Santo
 () Filipa de Lancaster
Afonso I, Duque de Bragança
 () Inês Pires (pt) Traducir
Beatriz, Condessa de Arundel (pt) Traducir
 () Inês Pires (pt) Traducir
Afonso de Portugal (pt) Traducir
 () Filipa de Lancaster
Xoán, Infante de Portugal
 () Filipa de Lancaster
Henrique, duque de Viseu
 () Filipa de Lancaster
Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña
 () Filipa de Lancaster
Pedro, Duque de Coimbra
 () Filipa de Lancaster
Blanca de Aviz (en) Traducir
 () Filipa de Lancaster Editar o valor em Wikidata
PaisPedro I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Teresa Lourenço (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría de Portugal, marquesa de Tortosa, Luís de Portugal (1340) (pt) Traducir, Fernando I de Portugal, Infanta Maria of Portugal (pt) Traducir, Beatriz de Portugal, Condessa de Alburquerque (pt) Traducir, João de Portugal, Duque de Valência de Campos (pt) Traducir, Dinis de Portugal, Senhor de Cifuentes (pt) Traducir e Infante Afonso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
2 de setembro de 1415viaxe Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Avis-167 Find a Grave: 12959681 Editar o valor em Wikidata


Xoán I de Portugal, nado en Lisboa o 11 de abril de 1357 e finado na mesma vila o 14 de agosto de 1433, foi rei de Portugal, fillo ilexítimo de Pedro I de Portugal con Teresa de Lourenço, filla do mercador lisboeta Lourenço Martins, aínda que durante moito tempo se sostivese que era de orixe galega. En 1364 foi consagrado Gran Mestre da Orde de Avis.

Foi alcumado o de Boa Memoria, pola lembranza positiva do seu reinado na memoria dos seus habitantes. Tamén é coñecido como o Bo ou o Grande.

Interreino

Á morte do rei Fernando I sen herdeiros directos, Portugal parece en perigo de perder a independencia. A raíña Leonor Teles de Meneses era impopular e vista con desconfianza. Fíxose notoria a súa conexión amorosa co nobre galego Xoán Fernandes Andeiro, que vivía no pazo, atraeu todas as críticas contra a súa persoa e contra o conde Andeiro. Para máis, a sucesión do trono recaeu sobre a princesa Beatriz, casada co rei Xoán I de Castela.

Porén, a burguesía e parte da nobreza uníronse á voz popular que clamaba contra a perda da independencia, tan duramente mantida por Fernando I. Dous pretendentes apareceron para competir con Beatriz pola coroa portuguesa:

  • Xoán, príncipe de Portugal, fillo de Pedro I e Inés de Castro, era visto por moitos como o lexítimo herdeiro, dado o suposto casamento dos seus pais;
  • Xoán, fillo de Pedro I e de Teresa de Lourenço, que foi aprobado como rei.

Co apoio dun grupo de nobres, entre eles Álvaro Pais e o mozo Nuno Álvares Pereira, e animado polo descontento xeral, o Mestre de Avis asasinou o conde de Andeiro no pazo, o 6 de decembro de 1383 e iniciou o proceso de obtención da rexencia en nome do infante Xoán. Con este último, aprisionado por Xoán I de Castela, abríase a posibilidade política de o mestre de Avis ser rei.

Como sería de esperar, Xoán I de Castela non desistiu da súa pretensión e preparouse para loitar polos dereitos da súa consorte á coroa portuguesa. Seguiu a crise de 1383-1385, un período de anarquía e inestabilidade política onde diferentes cidades de Portugal se declaraban por Leonor Teles (ata abdicar da rexencia para a súa filla), por Beatriz ou polo Mestre de Avis.

A guerra civil durou máis dun ano. Nuno Álvares Pereira, posteriormente condestábel de Portugal, revelouse como un xeneral de gran valor, ao contrario do pretendente ao trono. Fernão Lopes é un crítico feroz das accións militares do Mestre, que tería tendencia a preferir enxeños e planos complicados, sen resultados, ao contrario da loita valente e cabaleiresca, e das vitorias cruciais de Nuno, particularmente no Alentejo e na axuda a Lisboa, onde o mestre quedou cercado sen se ter abastecido das provisións necesarias para aturar un asedio.

Reinado

O xenio militar de Nuno Álvares Pereira foi decisivo na Batalla de Aljubarrota.

Finalmente o 6 de abril de 1385, as Cortes portuguesas reunidas en Coímbra declaran o Gran Mestre de Avis, Xoán I, rei de Portugal. Esta toma de posición resultaba na práctica como unha declaración de guerra a Castela, xa que atacaba o estatuto de Beatriz de Portugal como herdeira.

Pouco despois, Xoán I de Castela invade Portugal co obxectivo de tomar Lisboa e eliminar a Xoán I de Portugal do trono. Con Castela, seguía un continxente de cabalería francesa, aliada de Castela para oporse aos ingleses, que tomaron partido por Xoán I (Guerra dos Cen Anos). Como resposta, Xoán I nomea a Nuno Álvares Pereira Condestábel de Portugal protector do reino.

A invasión castelá foi rexeitada durante o verán, despois da decisiva batalla de Aljubarrota, realizada o 14 de agosto, cerca de Alcobaça, onde o exército castelán foi case totalmente aniquilado. Castela, entón, retírase e a estabilidade da coroa de Xoán I queda definitivamente establecida.

En 1387, Xoán I casa con Filipa de Lancaster, filla de Xoán de Gante, fortalecendo por lazos familiares os acordos do Tratado de Alianza Luso-Británica, que perdura ata hoxe. Despois da morte en 1390 de Xoán de Castela, sen herdeiros de Beatriz, a ameaza castelá ao trono de Portugal desapareceu. A partir de entón, Xoán I dedicouse ao desenvolvemento económico e social do país, sen se involucrar en máis disputas coa veciña Castela ou a nivel internacional. A excepción foi a conquista de Ceuta, no norte de África, en 1415, unha praza de importancia estratéxica no control da navegación na costa de África que é conquistada o 21 de agosto. Despois da súa conquista son armados cabaleiros, na mesquita daquela cidade, os príncipes Duarte, Pedro e Henrique. Mentres, na véspera da partida de Lisboa, faleceu a raíña Filipa de Lancaster.

Legado

Bandeira persoal de Xoán I coa súa divisa: «Pour bien»

Cronistas contemporáneos describen a Xoán I como un home agudo, coidadoso en conservar o poder, pero ao mesmo tempo benevolente e de personalidade agradable. Na xuventude, a educación que recibiu como Gran Mestre da Orde de Avis transformouse nun rei excepcionalmente culto para a época.

O seu amor ao coñecemento pasou tamén aos fillos, designados por Luís de Camões, n'Os Lusíadas, por "ínclita xeración": o rei Duarte de Portugal foi escritor, Pedro, duque de Coímbra, o Príncipe das Sete Partidas, foi un dos príncipes máis esclarecidos do seu tempo e moi viaxado, e Henrique, duque de Viseu, o Navegador, investiu toda a súa fortuna en investigación relacionada coa navegación marítima e a cartografía, dando inicio á epopea dos descubrimentos.

A súa única filla, Isabel de Portugal, casou co duque de Borgoña e mantivo unha corte refinada e erudita nas súas terras.

No reinado de Xoán I foron descubertas as illas de Porto Santo (1418), de Madeira (1419) e dos Azores (1427), ademais de se faceren expedicións ás Canarias. Ten inicio, igualmente, a colonización dos Azores e de Madeira.

Xoán morreu o 14 de agosto de 1433. Xace na capela do fundador, no Mosteiro de Santa María da Vitoria, na Batalha.

Descendencia

Casamento de Xoán I coa Filipa de Lencastre.

Do seu casamento con Filipa de Lancaster (1359-1415) naceron nove fillos. Destes, os seis que chegaron á idade adulta serían lembrados como a ínclita xeración:

Xoán tivo tamén dous fillos naturais de Inés Pires:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Rei de Portugal

Segue a:
Fernando I de Portugal (de jure e de facto)
Leonor Teles de Meneses (de jure)
Xoán I de Portugal
Precede a:
Duarte de Portugal
Dinastía de Avis