Orde sacerdotal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: +control autoridades using AWB
sanar > curar
Liña 2: Liña 2:
A '''Orde sacerdotal''', na [[Igrexa ortodoxa]], na [[Igrexa católica]] e na [[Comuñón Anglicana]] é un [[Sacramento (relixión)|sacramento]] mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do [[Espírito|Espírito Santo]] ao servizo da comunidade eclesial e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da [[Eucaristía]] e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o [[pecado]] a través da asemblea (''ecclesia'') de crentes.
A '''Orde sacerdotal''', na [[Igrexa ortodoxa]], na [[Igrexa católica]] e na [[Comuñón Anglicana]] é un [[Sacramento (relixión)|sacramento]] mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do [[Espírito|Espírito Santo]] ao servizo da comunidade eclesial e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da [[Eucaristía]] e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o [[pecado]] a través da asemblea (''ecclesia'') de crentes.


Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo [[bautismo|bautizado]]. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder sanador e transformador de [[Cristo]]. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presenza deste no medio da asemblea. Segundo [[Tomé de Aquino]] só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.
Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo [[bautismo|bautizado]]. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder curador e transformador de [[Cristo]]. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presenza deste no medio da asemblea. Segundo [[Tomé de Aquino]] só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.


==Graos da Orde sacerdotal==
==Graos da Orde sacerdotal==
Liña 8: Liña 8:
O [[Diácono]] está ao servizo da [[Biblia|Palabra]], da ''caritas'' (amor) e da [[liturxia]]. É unha vocación independente para célibes e casados.
O [[Diácono]] está ao servizo da [[Biblia|Palabra]], da ''caritas'' (amor) e da [[liturxia]]. É unha vocación independente para célibes e casados.
===Presbiterado===
===Presbiterado===
O [[Presbítero|Presbiterado]] fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ([[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente os sacramentos que só pode ser celebrados por un presbítero: a Eucaristía e a [[penitencia]] ou reconciliación. Na [[Igrexa católica latina|Igrexa católica]] de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe ([[celibato|célibe]]). A maioría das [[igrexas católicas orientais]], as [[Igrexa ortodoxa|igrexas ortodoxas]], as [[anglicanismo|igrexas anglicanas]] e o [[luteranismo]] admiten ao presbiterado tamén a varóns casados.
O [[Presbítero|Presbiterado]] fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor curador de Deus ([[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente os sacramentos que só pode ser celebrados por un presbítero: a Eucaristía e a [[penitencia]] ou reconciliación. Na [[Igrexa católica latina|Igrexa católica]] de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe ([[celibato|célibe]]). A maioría das [[igrexas católicas orientais]], as [[Igrexa ortodoxa|igrexas ortodoxas]], as [[anglicanismo|igrexas anglicanas]] e o [[luteranismo]] admiten ao presbiterado tamén a varóns casados.


===Episcopado===
===Episcopado===

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2018 ás 20:10

A Orde sacerdotal, na Igrexa ortodoxa, na Igrexa católica e na Comuñón Anglicana é un sacramento mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do Espírito Santo ao servizo da comunidade eclesial e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da Eucaristía e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o pecado a través da asemblea (ecclesia) de crentes.

Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo bautizado. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder curador e transformador de Cristo. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presenza deste no medio da asemblea. Segundo Tomé de Aquino só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.

Graos da Orde sacerdotal

Diaconado

O Diácono está ao servizo da Palabra, da caritas (amor) e da liturxia. É unha vocación independente para célibes e casados.

Presbiterado

O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do Bispo anunciando a Boa Nova do amor curador de Deus (Evanxeo), administrando os sacramentos e especialmente os sacramentos que só pode ser celebrados por un presbítero: a Eucaristía e a penitencia ou reconciliación. Na Igrexa católica de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe (célibe). A maioría das igrexas católicas orientais, as igrexas ortodoxas, as igrexas anglicanas e o luteranismo admiten ao presbiterado tamén a varóns casados.

Episcopado

É a plasmación da sucesión apostólica. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos apóstolos mediante a imposición das mans continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de San Pedro Apóstolo, que preside o colexio episcopal.

Aínda que Paulo de Tarso só esixía que o bispo fora home "dunha soa muller", a praxe de elixir o pobo bispos de entre os monxes consolidou a norma de que todos sexan ceibes.

A muller e o sacerdocio

A muller, en virtude do bautismo é sacerdote pois, ao igual que o varón, participa no sacerdocio universal dos fieis. Porén, agás na Igrexa Anglicana, onde avanza con polémica a súa incorporación ao sacerdocio singular, nas demais igrexas onde existe este sacramento é marxinada e se lle nega o recoñecemento deste carisma. Arguméntase que, entre os apóstolos escollidos por Xesús de Nazaret, só había varóns e que o sacerdocio non é un poder senón un servizo, polo que non existe discriminación. Tal posición suscita debates teolóxicos, particularmente na Igrexa Católica, cuxa xerarquía é acusada de perpetuar unha estrutura machista e patriarcal contraria á relación aberta que Xesús tivo coas mulleres segundo os Evanxeos.

Véxase tamén

Bibliografía