José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo formato
Liña 29: Liña 29:
[[Categoría:Nados en 1894]]
[[Categoría:Nados en 1894]]
[[Categoría:Finados en 1959]]
[[Categoría:Finados en 1959]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2018 ás 17:42

Infotaula de personaJosé María Fernández Colmeiro
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Toxa, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da República Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Fernández Colmeiro, nado en Toxa (Silleda) o 21 de setembro de 1894 e finado en París o 10 de xuño de 1959, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Aos 18 anos emigrou a Uruguai, onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 graduouse en Medicina na Universidade de Montevideo. Nos anos trinta foi representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 foi nomeado agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballou co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrolouse como médico no exercito da República. Pasou a Xibraltar e colaborou na fuxida de republicanos desde Marrocos. Enviou unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir.

Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en 1959 cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie.

Homenaxe

No ano 2009 o goberno municipal de Silleda aprobou o cambio de denominación do centro de saúde da capital, que a partir dese momento se coñece como Centro de Saúde Doutor Fernández Colmeiro[1].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas