Johan Servando: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios + cda
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf |miniatura |page=522 |[[Cancioneiro da Biblioteca Nacional]] ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142.]]
'''Johan Servando''' foi un [[xograr]] posibelmente galego, activo no terceiro cuartel do século XIII.
'''Johan Servando''' foi un [[xograr]] posibelmente galego, activo no terceiro cuartel do século XIII.



Revisión como estaba o 4 de decembro de 2018 ás 14:29

Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142.

Johan Servando foi un xograr posibelmente galego, activo no terceiro cuartel do século XIII.

Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)[1].

É autor de 22 textos: 2 cantigas de amor, 16 cantigas de amigo (case todas elas cantigas de romería, adicadas á ermida de San Servando), 1 descort, 3 cantigas de escarnio, dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato. Destas cantigas satíricas parece entenderse que frecuentou a corte castelá.

Notas

  1. Oliveira, António Resende de: (1994), Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa, Edições Colibri, p. 369 (en portugués).

Véxase tamén