Batallón Literario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Século XIX de Galicia" pola categoría "Século XIX en Galicia"; cambios estética
Liña 31: Liña 31:
Volveuse formar en [[1665]].
Volveuse formar en [[1665]].


=== Posterior á guerra da Independencia ===
=== Posterior á guerra da Independencia ===
En [[1846]] formouse outra vez durante o [[levantamento de Solís]] ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.
En [[1846]] formouse outra vez durante o [[levantamento de Solís]] ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.


==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* [[Xosé Ramón Barreiro Fernández|Barreiro Fernández, X. R.]], coord. (2003): ''Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2.'' Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
* [[Xosé Ramón Barreiro Fernández|Barreiro Fernández, X. R.]], coord. (2003): ''Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2.'' Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
*[[Francisco Tettamancy Gastón|Tettamancy Gastón, F.]] (1910): ''Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812)'' La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.
* [[Francisco Tettamancy Gastón|Tettamancy Gastón, F.]] (1910): ''Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812)'' La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.


===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===


* [http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idEdicion=640&idNoticia=209697 Honor y gloria a los héroes del Batallón Literario] Diario ''El Correo Gallego'', 16/09/2007.
* [http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idEdicion=640&idNoticia=209697 Honor y gloria a los héroes del Batallón Literario] Diario ''El Correo Gallego'', 16/09/2007.
Liña 45: Liña 45:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Século XIX de Galicia]]
[[Categoría:Século XIX en Galicia]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2018 ás 21:31

Placa na praza da Quintana.

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

O Batallón Literario na guerra da Independencia

Nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país.

Buscouse a alguén con experiencia militar para pórse á fronte do Batallón, acordándose colocar a Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. O financiamento logrouse coas xenerosas achegas populares, unidas ás do propio marqués, que deron como resultado unha suma considerable. Segundo Alfonso Armada Comyn, actual marqués de Santa Cruz de Ribadulla, para que puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo.

Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da Bandeira de Galiza, e dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición:

AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en prol da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte".

O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney.

Coroa na honra do Batallón Literario colocada no muro do convento de San Paio de Antealtares o 4 de maio de 1896.
Gravado no Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires.

En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, outorgando ós poucos sobreviventes o rango de oficiais nos corpos militares.

Na praza da Quintana da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:

A LOS HÉROES
DEL BATALLÓN LITERARIO
DE 1808
LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896
Y LOS AYUNTAMIENTOS
DE 1822, 1865 Y 1896.

Outras actuacións

Anteriores á guerra da Independencia

O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, trala sublevación de Portugal en 1640.

Volveuse formar en 1665.

Posterior á guerra da Independencia

En 1846 formouse outra vez durante o levantamento de Solís ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro Fernández, X. R., coord. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
  • Tettamancy Gastón, F. (1910): Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812) La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.

Ligazóns externas